Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/168).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante LAT 132 kV Cornido/Bazán entre os apoios nº 3 e nº 5.

Situación: Narón.

Características técnicas: variante da liña eléctrica aérea de alta tensión, a 132 kV, denominada Cornido-Bazán, con ocasión da construcción da autoestrada do Atlántico, ó seu paso por Narón, consistente en:

Implantar dous novos apoios metálicos, 3A e 4A en substitución do antigo apoio nº 4, conductor LA-180, de 390 m de lonxitude, con vanos de 63 m, 187 m e 140 m, sen modificación dos apoios nº 3 e nº 5. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña