Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.185

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 233/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 4 atribúe ó Goberno a determinación dos aspectos básicos do currículo das diferentes etapas educativas, correspondendo ás comunidades autónomas establecer eses currículos no seu ámbito de xestión, e dos que formarán parte as ensinanzas mínimas.

O Real decreto 1007/1991, do 14 de xuño, modificado polo Real decreto 894/1995, do 29 de decembro, determinou as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria e que forman parte do currículo desa etapa para a Comunidade Autónoma de Galicia establecido polo Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, modificado e completado polo decretos 235/1995, do 20 de xullo, e 331/1996, do 26 de xullo.

O Real decreto 3473/2000, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1007/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria, introduce cambios nos aspectos básicos da educación secundaria obrigatoria, entre outros nos obxectivos e contidos mínimos desa etapa, polo que resulta necesario introduci-las correspondentes modificacións no currículo para a nosa Comunidade Autónoma, en virtude da habilitación expresa da súa disposición derradeira segunda.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria logo do informe do Consello Escolar de Galicia e da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado e completado polos decretos 235/1995, do 20 de xullo, e 331/1996, do 26 de xullo, segundo se establece a continuación:

* 1. O artigo 3º queda modificado nos seguintes termos:

«Co fin de desenvolve-las capacidades propias desta etapa, o alumnado deberá acadar, ó longo da educación secundaria obrigatoria, os seguintes obxectivos:

-a) Comprender e producir mensaxes orais e escritas, en galego e castelán, con propiedade, autonomía

e creatividade e reflexionar sobre os procesos implicados no uso da linguaxe e a contribución desta á organización dos propios pensamentos.

-b) Comprender e expresarse con propiedade na lingua ou linguas estranxeiras obxecto de estudio.

-c) Interpretar e producir con propiedade, autonomía e creatividade mensaxes que utilicen códigos artísticos, científicos e técnicos, para enriquece-las posibilidades de comunicación e reflexionar sobre os procesos implicados no seu uso.

-d) Obter e seleccionar información utilizando as fontes dispoñibles apropiadas, tratala de forma autónoma e crítica, cunha finalidade previamente establecida, e transmitila de maneira organizada e intelixible.

-e) Elaborar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos do coñecemento e a experiencia, mediante procedementos intuitivos e de razoamento lóxico, contrastándoas e reflexionando sobre o proceso seguido.

-f) Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, tendo en conta as súas capacidades, necesidades e intereses para tomar decisións, valorando o esforzo necesario para a superación das dificultades.

-g) Adquirir e desenvolver hábitos de respecto e disciplina como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas educativas e desenvolver actitudes solidarias e tolerantes con tódalas persoas malia as diferencias sociais, relixiosas, de sexo e de raza, superando prexuízos con espírito crítico, aberto e democrático.

-h) Analiza-las leis e os procesos básicos que rexen a natureza, valora-las repercusións que as actividades humanas teñen sobre ela e contribuír á súa conservación e mellora.

-i) Coñece-los diferentes elementos básicos do corpo humano e comprende-lo seu funcionamento, así como as consecuencias para a saúde do exercicio físico, a hixiene, a alimentación e a vida sa.

-j) Valora-lo desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social, e utiliza-las tecnoloxías da información e a comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

-k) Analiza-los mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades, en especial os relativos ós dereitos e deberes da cidadanía, e adoptar xuízos e actitudes persoais con respecto a estes.

-l) Coñecer e aprecia-lo patrimonio natural, cultural e lingüístico e contribuír á súa conservación e mellora, desenvolvendo unha actitude de interese e respecto pola dimensión pluricultural e plurilingüística, entendida como un dereito dos pobos e os individuos.

-m) Coñece-las crenzas, actitudes e valores básicos da nosa tradición valorándoos criticamente».

* 2. O punto 3 do artigo 5º queda modificado nos seguintes termos:

«As ensinanzas da área de ciencias da natureza organizaranse tanto en terceiro como en cuarto curso en dúas materias diferentes, física e química e bioloxía e xeoloxía.

A avaliación das aprendizaxes nestas materias realizarase de xeito independente. Así mesmo, no cuarto curso cada unha delas contará como unha área para efectos de elección».

* 3. O punto 4 do artigo 5º queda modificado nos seguintes termos:

«A área de ciencias sociais, xeografía e historia organizarase en cuarto curso en dúas materias diferentes, xeografía e historia e ética.

A avaliación das aprendizaxes nestas materias realizarase de xeito independente».

* 4. O punto 4 do artigo 6º queda modificado nos seguintes termos:

«A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará o catálogo de materias optativas para a educación secundaria obrigatoria, de acordo co seguinte:

-a) Incluirase a materia de segunda lingua estranxeira en toda a etapa e cultura clásica nos cursos terceiro e cuarto, que serán de oferta obrigada para os centros.

-b) Regularase o número de optativas que poderá ofertar cada centro.

-c) Con carácter excepcional poderanse autorizar materias optativas propostas polos centros que garden relación coas características do seu medio xeográfico e sociocultural e que faciliten a inserción na vida activa».

* 5. O artigo 7º queda modificado nos seguintes termos:

«A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará o horario das diferentes áreas e materias da educación secundaria obrigatoria, respectando o disposto no anexo II do Real decreto 3473/2000, do 29 de decembro».

* 6. O punto 3 do artigo 8º queda modificado nos seguintes termos:

«Os proxectos curriculares das diferentes áreas e materias incluirán os obxectivos, os contidos e a súa secuencia en cada curso, tendo como referencia os obxectivos, contidos e criterios de avaliación recollidos no anexo deste decreto».

Disposición adicional

Única.-Substitúese o anexo do Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo recollido no presente decreto.

Disposición transitoria

Única.-O establecido no presente decreto implantarase desde o ano académico 2002-2003 nos cursos

primeiro e terceiro da educación secundaria obrigatoria e desde o ano académico 2003-2004 nos cursos segundo e cuarto.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto neste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Área de ciencias da natureza.

Área de ciencias sociais, xeografía e historia.

Área de educación física.

Área de educación plástica e visual.

Área de lingua castelá e literatura.

Área de linguas estranxeiras: alemán.

Área de linguas estranxeiras: francés.

Área de linguas estranxeiras: inglés.

Área de linguas estranxeiras: italiano.

Área de linguas estranxeiras: portugués.

Área de lingua galega e literatura.

Área de matemáticas.

Área de música.

Área de tecnoloxía.

Ética.

Área de ciencias da natureza

Introducción.

A mellora das condicións de vida e o progreso da humanidade están intimamente ligados ó coñecemento da natureza e ás súas leis. Por esta razón, a ciencia é un elemento fundamental para comprende-la evolución da nosa sociedade.

Debido á transcendencia das ciencias da natureza e as súas aplicacións, resulta conveniente que tódalas persoas poidan achegarse ós seus contidos esenciais. Nas sociedades democráticas cada vez son máis as cuestións relacionadas coa ciencia que for

man parte das decisións que se deben adoptar colectivamente. Polo tanto, unha formación científica básica constitúe un elemento necesario para poder participar de xeito racional e libre na toma de decisións.

No campo educativo, as ciencias da natureza son os ámbitos do saber nos que a metodoloxía científica adquire a súa expresión máis evidente e fructífera. A través do seu estudio, a ciencia amósase como unha actividade en permanente construcción, como algo vivo, en continuo cambio e revisión, e non como un producto rematado, de verdades definitivas e inamovibles.

Así mesmo, a formación nas ciencias da natureza é un elemento moi importante na construcción do coñecemento individual sobre o universo, a natureza e a propia persoa. Ademais, permite conformar e consolidar valores e actitudes como o recoñecemento dunha igualdade esencial entre tódalas persoas que é compatible coa diversidade humana, o respecto pola natureza e os seres vivos ou a necesidade de harmoniza-lo pensamento crítico desenvolvendo un estilo de vida san e crítico, tolerante, non dogmático, aberto e flexible fronte ás opinións alleas.

Por estas razóns, o conxunto de contidos que integran este currículo non está exclusivamente orientado á formación do alumnado que no futuro vaia seguir itinerarios educativos dirixidos ás disciplinas científicas ou tecnolóxicas, senón á adquisición das bases intrínsecas da cultura científica, para obter unha visión racional e global do noso contorno coa que abordar cuestións relacionadas coa vida, a saúde, o medio e a tecnoloxía. Como consecuencia, o enfoque deberá ser de tal xeito que, para facilita-las aprendizaxes, se procure a maior vinculación posible coa realidade inmediata do alumnado, principalmente a do seu contorno cotián.

Outro aspecto didáctico importante son as preconcepcións que poidan constituír unha barreira para as aprendizaxes dos conceptos científicos e as interpretacións que estes proporcionan. Polo tanto, o profesorado deberá avaliar en cada curso os preconceptos presentes na súa aula, para procurar, se é preciso, o confrontamento entre aqueles e a realidade, o que fai necesario recorrer ó repertorio de actividades experimentais máis amplo posible.

No primeiro ciclo da etapa trátanse globalmente as materias de bioloxía e xeoloxía e física e química, creando unha unidade curricular que permite mante-la aproximación de conxunto ó coñecemento dos fenómenos naturais, integrando conceptos e subliñando as relacións e conexións entre os mesmos para acadar unha estructura articulada e coherente. No primeiro curso os eixes curriculares son a materia e os materiais, mentres que no segundo son a enerxía e os cambios. Se ben a secuenciación dos contidos de cada curso corresponde ó profesorado, a que aquí se presenta ten, nestes dous cursos, unha orientación que, partindo do universal, procura achegarse ó máis inmediato para o alumnado.

No segundo ciclo, as dúas materias sepáranse para afondar dun xeito máis especializado e sempre en función da madurez do alumnado e da súa diversidade de intereses; de aí a crecente complexidade dos contidos enunciados. Así mesmo, no tratamento destes cursos o profesorado deberá ter en conta que para unha fracción do alumnado esta pode se-la última ocasión na que abordará o estudio dalgunha destas catro disciplinas. Nas ciencias da natureza do terceiro curso os contidos distribúense entre a composición da codia terrestre en canto a materiais (minerais e rochas) e a especie humana como conxunto morfo-fisiolóxico, mentres que na bioloxía e xeoloxía de cuarto curso abórdase a propia dinámica destes materiais e os aspectos que achegan a quintaesencia da diversidade biolóxica do planeta, como son a xenética, a evolución e a adaptación ó medio. Por último, no caso da física e química, a distribución de contidos é asimétrica, en atención á formación de tipo matemático do alumnado, cunha

maior presencia da química no terceiro curso e da física no cuarto. Os eixes curriculares do terceiro curso son a materia e as reaccións químicas e a enerxía, mentres que no cuarto son o movemento e as forzas, as transferencias de enerxía e a estructura da materia e as súas transformacións.

Ademais do contexto conceptual, deberá ser entendido con igual importancia o coñecemento e o desenvolvemento de prácticas básicas na actividade científica; procedementos, en suma, que levan á presentación de problemas cunha formulación clara, ó uso de fontes de información organizadas, á formulación de hipóteses, á planificación e realización de experimentos, á recollida e análise de datos e á discusión dos resultados obtidos coa necesaria emisión dun informe final avaliador.

Obxectivos.

* Iniciarse no coñecemento e aplicación do método científico e entende-la ciencia como algo integrado que se compartimenta en distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da realidade.

* Modifica-las preconcepcións que dificultan a análise dos fenómenos naturais baixo unha perspectiva científica, para achegarse ós conceptos adecuados para esta etapa.

* Comprender e expresar con propiedade mensaxes científicas orais e escritas. Saber interpreta-las representacións da información propias da ciencia, como son diagramas, gráficas, táboas ou expresións matemáticas axeitadas ó nivel da etapa.

* Interpreta-los principais fenómenos naturais, así como as súas aplicacións tecnolóxicas, desde unha perspectiva científica.

* Participar de xeito responsable na planificación e realización de actividades de tipo científico.

* Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, avaliando o seu contido de xeito persoal, crítico, tolerante e non dogmático, principal

mente no relativo a cuestións científicas e tecnolóxicas.

* Recoñecer e valora-la importancia da ciencia e das súas contribucións na mellora da tecnoloxía e, en consecuencia, das condicións de vida da humanidade.

* Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e hixiene corporal e mental.

* Aplica-los coñecementos adquiridos para gozar do medio natural, dándolle o seu xusto valor e participando na súa conservación e mellora.

Primeiro curso.

Contidos.

I.1.

A materia.

-Propiedades xerais da materia universal: dimensións (lonxitude, superficie e volume), masa e densidade.

-A medida. Unidades de medida. O Sistema Internacional de Unidades.

-Estados de agregación da materia. Propiedades xerais dos sólidos, líquidos e gases.

-Átomos e moléculas.

-Elementos e compostos. Símbolos e fórmulas químicas.

-Substancias puras e mesturas. Homoxeneidade e heteroxeneidade. Disolucións.

-Transformacións físicas e químicas. Ecuacións químicas.

I.2.

O Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar.

-A observación do Universo: planetas, estrelas e galaxias.

-Evolución histórica do coñecemento do Universo.

-Os elementos químicos no Universo. Hidróxeno e helio: abundancia e propiedades.

-A Vía Láctea e o Sistema Solar.

-Características físicas da Terra e dos outros compoñentes do Sistema Solar.

-Os movementos da Terra: as estacións, o día e a noite, os eclipses e as fases da Lúa. Os calendarios.

-As capas da Terra: núcleo, manto, codia, hidrosfera, atmosfera e biosfera.

II.1.

A atmosfera terrestre.

-Orixe, composición e localización do aire.

-Temperatura e presión atmosférica.

-Nitróxeno e osíxeno: abundancia e propiedades.

-Dióxido de carbono e ozono: implicacións ambientais.

-Variacións na composición o aire. Contaminantes. O aire e a saúde.

-Fenómenos atmosféricos. As cores do ceo.

II.2.

A hidrosfera terrestre.

-A orixe da auga na Terra. A auga noutros planetas.

-A auga: abundancia, propiedades e importancia.

-A auga do mar como disolución. Sodio, potasio e cloro: abundancia e propiedades.

-A auga nos continentes. A auga e os seres vivos.

-O vapor de auga na atmosfera. O ciclo da auga.

-A contaminación da auga, a súa depuración. A auga e a saúde.

II.3.

A codia terrestre.

-A codia terrestre: a súa superficie, composición química e elementos xeoquímicos máis abundantes.

-Concepto de mineral e de rocha. Tipos básicos de minerais. Importancia e abundancia relativa dos minerais. Os materiais artificiais.

-Tipos de rochas. Rochas máis frecuentes en Galicia.

III.1.

A Terra, un planeta habitado.

-Factores que fan posible a vida nun planeta.

-Diferentes niveis de organización nos seres vivos. Os elementos bioxénicos. O carbono: propiedades.

-A célula. Morfoloxía celular.

-Características e funcións comúns dos seres vivos.

III.2.

Clasificación dos seres vivos.

-Os cinco reinos. Introducción á taxonomía.

-Virus, bacterias e organismos unicelulares eucarióticos. Fungos.

-O reino vexetal. Principais troncos.

-O reino animal. Principais troncos.

-A diversidade dos seres vivos: ambientes, tamaños, formas e modos de alimentarse.

-A especie humana.

-Valoración da investigación científica como método para obter coñecemento.

-Interese pola observación de fenómenos naturais.

-Interese pola realización correcta de experiencias, confección de informes, representación de datos, etc.

-Cooperación e responsabilidade na realización de traballos en equipo.

-Respecto das normas de utilización de equipos e instrumentos de laboratorio, así como das normas de seguridade nel.

-Valoración da necesidade dun consumo e utilización axeitada e responsable dos recursos naturais.

-Valoración das construccións tradicionais facendo unha correlación co tipo de substrato litolóxico.

-Sensibilización diante dos seres vivos e da natureza no seu conxunto. Valoración da interdependencia dos seres vivos entre si e co medio.

-Interese polos hábitos de hixiene corporal e prevención de enfermidades.

Segundo curso.

Contidos.

I.1.

Os cambios de posición nos sistemas materiais.

-Sistemas materiais. Escalas de observación macroscópica e microscópica.

-O movemento: un concepto relativo. Sistema de referencia, posición, traxectoria, desprazamento, velocidade e aceleración.

-Representación gráfica de movementos sinxelos.

-As forzas en relación co movemento e a deformación. Masa e peso dos corpos.

I.2.

Os sistemas materiais e a enerxía.

-A enerxía como propiedade dos sistemas materiais.

-Variación da enerxía nos sistemas materiais: cambio de posición, forma e estado.

-Tipos de enerxía. Enerxía mecánica.

-Fontes de enerxía.

I.3.

A enerxía que percibimos.

-A calor: enerxía en tránsito. Efectos.

-Propagación da calor. Illantes e conductores térmicos.

-Calor e temperatura. Os termómetros.

-Percepción da calor: a pel.

-As ondas: transporte de enerxía. Tipos de ondas.

-Propagación da luz e o son. Diferencias entre elas.

-Percepción da luz e do son: o ollo e o oído.

II.1.

A enerxía externa do planeta.

-A Terra: un sistema material en continuo cambio.

-Orixe da enerxía solar. O fluxo da enerxía.

-A atmosfera como filtro da enerxía solar: a súa estructura.

-A hidrosfera como regulador térmico. Correntes, mareas, olas.

-Distribución da enerxía solar que chega á superficie do planeta: a orixe dos axentes xeolóxicos externos. O efecto invernadoiro: últimas directrices internacionais. A enerxía solar como recurso. A enerxía solar en Galicia.

II.2.

Axentes xeolóxicos externos.

-Axentes atmosféricos. O vento. Acción xeolóxica. Enerxía eólica. A enerxía eólica en Galicia.

-Augas salvaxes e torrentes. Acción xeolóxica.

-Os ríos. Acción xeolóxica. Enerxía hidráulica. A enerxía hidráulica en Galicia.

-Os glaciares. Acción xeolóxica.

-As augas subterráneas. Acción xeolóxica. Aproveitamento. A hidroterapia e o termalismo en Galicia.

-O mar. Acción xeolóxica. Enerxía mareomotriz. A enerxía mareomotriz en Galicia.

-A meteorización. Formación de solos. A formación das rochas sedimentarias. Carbón e petróleo. Enerxía térmica. A enerxía térmica en Galicia.

II.3.

A enerxía interna do planeta.

-Orixe da calor interna terrestre.

-Movementos dos continentes. Introducción á deriva continental.

-Vulcanismo e terremotos.

-O relevo terrestre. Continentes e fondos mariños.

-A formación das rochas magmáticas e metamórficas.

III.1.

A fisioloxía dos seres vivos e o consumo de enerxía.

-O mantemento da vida. Nutrición autótrofa e heterótrofa. Fotosíntese e respiración.

-A enerxía consumida polos seres vivos: crecemento, calor e movemento.

-O mantemento da especie. A reproducción: analoxías e diferencias entre animais e vexetais.

-Coordinación, relación e regulación.

III.2.

O tránsito de enerxía nos ecosistemas.

-Conceptos de biosfera, ecosfera e ecosistema.

-Compoñentes abióticos do ecosistema.

-Productores, consumidores e descompoñedores. O ciclo da materia nos ecosistemas.

-Cadeas e redes tróficas. A biomasa como fonte de enerxía.

-Valoración da investigación científica como método para obter coñecemento.

-Interese pola observación de fenómenos naturais.

-Interese pola realización correcta de experiencias, confección de informes, representación de datos, etc.

-Cooperación e responsabilidade na realización de traballos en equipo.

-Respecto das normas de utilización de equipos e instrumentos de laboratorio, así como das normas de seguridade nel.

-Consumo e utilización axeitada e responsable dos recursos naturais.

-Sensibilización diante dos seres vivos e da natureza no seu conxunto.

-Valoración da interdependencia dos seres vivos entre si e co medio.

-Interese polo uso e rendemento das enerxías renovables e non renovables.

-Curiosidade e interese pola diversidade xeolóxica de Galicia e a súa implicación na configuración da paisaxe.

Criterios de avaliación.

* Coñece-la existencia de distintos compoñentes no Universo; a súa estructura, distribución e evolución, e facer unha aproximación dos planetas do Sistema Solar e a Terra ó conxunto dos demais sistemas solares.

* Describi-la materia en termos atómico-moleculares. Diferenciar entre elementos e compostos, substancias puras e mesturas, sistemas homoxéneos e heteroxéneos. Relacionar estes conceptos cos de mineral, rocha, aire e augas.

* Diferencia-los estados de agregación da materia, sólido, líquido e gasoso, atendendo a propiedades

macroscópicas xerais (forma, dimensións e densidade).

* Realizar correctamente cálculos sinxelos, empregando o Sistema Internacional de Unidades.

* Interpreta-los sistemas materiais como partes do Universo que, a diferentes escalas, a ciencia delimita para o seu estudio, destacando a enerxía como unha propiedade intrínseca capaz de orixinar cambios neles.

* Describir algunhas das transformacións que se producen nos sistemas materiais (movemento macroscópico, deformacións, cambios de estado, etc.) analizando algunhas das súas causas (actuación de forzas ou transferencia de enerxía). Aplicar estes conceptos ó estudio da Terra como sistema material.

* Diferencia-los conceptos de masa e peso, de enerxía cinética e potencial, así como os de calor e temperatura.

* Explicar fenómenos sinxelos relacionados coa propagación da luz e o son, analizando as súas características, así como as estructuras e o funcionamento dos órganos que os detectan.

* Recoñece-la presencia da enerxía en tódalas situacións, identificando as súas formas, e considerala como unha propiedade dos sistemas materiais ó poder desenvolver cambios nas estructuras non vitais e vitais.

* Interpreta-los axentes xeolóxicos internos como manifestación da enerxía interna do planeta e que conduce á formación do relevo e á xénese das rochas magmáticas e metamórficas.

* Explicar, a partir do coñecemento da composición e das propiedades da auga e do aire, a súa importancia para os seres vivos, a razón da existencia de fenómenos atmosféricos e algúns dos cambios promovidos por estes axentes no relevo terrestre.

* Recoñece-la existencia dunha mesma configuración básica, estructural e funcional para tódolos seres vivos, e que permita, a partir das estructuras máis sinxelas, extrapola-los datos ós diferentes grupos de seres vivos, establecendo as clasificacións oportunas, identificándoas e localizando as autóctonas de Galicia no seu contexto natural, subliñando os trazos morfolóxicos máis relevantes.

* Realizar experiencias que poñan de manifesto a incidencia e relevancia dos procesos de fotosíntese e respiración no desenvolvemento da vida.

* Aprender a caracterizar un ecosistema, recoñecendo os seus diferentes compoñentes e interpretando algunhas das relacións existentes entre eles e a súa repercusión na variabilidade del.

* Recoñece-las relacións existentes entre as fontes de enerxía e os procesos de deterioración ou mellora do medio e da calidade de vida.

* Defini-los conceptos de nutrición celular e respiración, aplicando os coñecementos sobre a obtención da enerxía.

Terceiro curso-bioloxía e xeoloxía.

Contidos.

I.1.

A materia mineral.

-Características da materia mineral. Estructura cristalina e amorfa. Concepto de cristal e cristalización.

-Os minerais: iniciación ó estudio dalgunhas das súas propiedades físico-químicas e clasificación.

-Identificación dos minerais mas comúns de Galicia e de España. Aplicacións e importancia económica.

I.2.

As rochas.

-Ciclo litolóxico.

-As rochas. Clasificación dos tres grupos principais de rochas: rochas sedimentarias, metamórficas e magmáticas.

-Identificación das rochas máis comúns en Galicia e España. Aplicacións e importancia económica.

II.1.

O ser humano como animal pluricelular.

-A célula como unidade de función dos seres vivos. Tecidos, órganos e aparellos. Concepto de organismo pluricelular.

-A saúde e a enfermidade. Enfermidades infecciosas. Principais axentes causantes de infeccións e a súa prevención. Enfermidades non infecciosas. Causas e prevención.

II.2.

A nutrición e a saúde.

-Concepto de nutrición. A nutrición humana. Dietas saudables e equilibradas.

-Os hábitos alimentarios e a súa relación coa saúde.

-A conservación dos alimentos.

-Aparellos que interveñen no proceso de nutrición.

-O aparello dixestivo. Morfoloxía e fisioloxía. Glándulas anexas.

-O aparello circulatorio. Morfoloxía e fisioloxía. O sangue.

-O aparello respiratorio. Morfoloxía e fisioloxía.

-O aparello excretor. Morfoloxía e fisioloxía.

-Hábitos saudables e enfermidades máis frecuentes relacionadas co proceso de nutrición.

II.3.

Relación e coordinación.

-O sistema nervioso. Concepto de neurona. Anatomía e fisioloxía. Os receptores sensitivos. Os distintos niveis de integración nerviosa.

-O sistema endócrino. As glándulas e as principios hormonas.

-O aparello locomotor. Os efectores motores.

II.4.

A reproducción humana.

-Aparello reproductor masculino e feminino. Anatomía e fisioloxía.

-Fecundación: inducción e anticoncepción. O embarazo.

-Valoración da investigación científica como medio de coñecemento.

-Valoración da actitude de perseveranza e esforzo dos científicos para explicar interrogantes que se formula a humanidade.

-Interese na realización correcta das experiencias recollida de datos, confección de informes, etc.

-Valoración da importancia da pulcritude na realización de tódolos traballos, tanto propios como alleos.

-Actitude receptiva e dialogante cara ós puntos de vista dos seus compañeiros e valoración do diálogo como medio de resolución de conflictos interpersoais.

-Respecto polas persoas e tolerancia coas peculiaridades individuais.

-Coidado e respecto polo material e instrumentos de laboratorio.

-Interese pola observación dos seres vivos e os fenómenos naturais.

-Comprensión de que o ser humano non é alleo á dinámica á que están sometidos o resto dos seres vivos.

-Valoración da importancia das rochas, dos minerais e do solo para as actividades humanas, así como das necesidades de recupera-las zonas deterioradas por unha previa explotación industrial.

-Interese polos hábitos de hixiene corporal e prevención de enfermidades.

-Interese por informarse acerca de cuestións de sexualidade e disposición favorable para acudir en demanda de axuda a pais, profesionais e centros especializados.

-Valoración dos hábitos axeitados do comportamento humano e a súa repercusión na saúde.

-Valoración dos efectos sobre a saúde dos hábitos de alimentación e de hixiene.

-Actitude responsable e crítica ante as insinuacións de consumo de drogas e de actividades que supoñan un atentado contra a saúde persoal ou colectiva.

Criterios de avaliación.

* Defini-los conceptos de materia amorfa, materia cristalina, materia mineral e cristal.

* Identifica-los minerais mais frecuentes de Galicia e de España.

* Identifica-las principais rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas relacionando a súa orixe coas súas estructuras e texturas.

* Defini-lo concepto de estrato e explica-lo seu valor xeolóxico.

* Establece-las aplicacións de interese industrial e económico dos minerais e das rochas de Galicia.

* Describi-la morfoloxía celular e explica-lo funcionamento dos orgánulos mais importantes.

* Describi-los órganos e aparellos humanos implicados nas funcións vitais e establece-las relacións entre estas e os hábitos de hixiene e saúde.

* Explica-los procesos fundamentais da dixestión e asimilación dos alimentos e xustificar, a partir deles, os hábitos alimenticios saudables.

* Explica-la misión integradora do sistema nervioso diante dos diferentes estímulos, coñece-lo seu funcionamento, enumerar algúns factores que o alteran e reflexionar sobre a importancia de hábitos de vida saudable, valorando os diferentes métodos de prevención.

* Explica-la importancia integradora do sistema endócrino, coñecendo as causas das súas alteracións máis frecuentes e valora-la importancia do equilibrio entre tódolos órganos do corpo humano.

* Explica-lo movemento, identificando os órganos que interveñen nel e a súa función.

* Distinguir reproducción de sexualidade na especie humana; coñece-lo funcionamento do aparello reproductor da muller e do home e introducirse nos avances da ciencia para facilita-la reproducción e o control da natalidade nos nosos días. Reflexionar sobre os hábitos de hixiene saudables.

* Valora-la contribución da ciencia á mellora da calidade de vida e considera-lo progreso como un proceso continuo, coordinado e sometido a erros e limitacións.

Cuarto curso-bioloxía e xeoloxía.

Contidos.

I.1.

Dinámica externa e modelado do relevo.

-Concepto de relevo como interacción de procesos externos e internos.

-Dinámica externa e proceso sedimentario: fenómenos (meteorización e erosión, transporte, sedimentación) e axentes implicados.

-Factores externos do modelado do relevo: climáticos, litolóxicos, estructurais, dinámicos e antrópicos.

-O control climático: sistemas morfoclimáticos e a súa clasificación.

-Algúns modelados característicos: litoral e kárstico.

I.2.

Dinámica interna e tectónica de placas.

-Antecedentes: Wegener e a deriva continental. O camiño da hipótese da extensión do fondo oceánico: caracterización das unidades morfolóxicas da codia continental e oceánica; a distribución xeográfica de volcáns e terremotos.

-A teoría da tectónica de placas: placas litosféricas, tipos de límites de placa. Probas da tectónica de placas.

-Fenómenos xeolóxicos asociados ó movemento de placas. Diverxencia de placas: dorsais oceánicas, sismicidade e vulcanismo asociado; zonas de fractura oceánica. Converxencia de placas: zonas de subducción e de colisión, a súa estructura, sismicidade e vulcanismo; oroxénese.

-Estructuras tectónicas: fracturas, pregos e mantos.

I.3.

A historia da Terra.

-Orixe da Terra. A medida do tempo xeolóxico e a escala cronoestratigráfica. Os fósiles como instrumentos de datación e como indicadores de cambios ambientais.

-As eras xeolóxicas: acontecementos máis relevantes.

II.1.

Xenética.

-Aproximación ó concepto de xene: ADN, xenes e cromosomas.

-Mecanismos de división celular: mitose e meiose. O seu papel na reproducción e na herdanza.

-A transmisión dos xenes: leis de Mendel. Aplicación ó estudio dalgunhas enfermidades hereditarias humanas.

-Manipulación xenética: aplicacións máis importantes da biotecnoloxía.

II.2.

Evolución.

-A orixe da vida: principais hipóteses.

-Mecanismos e probas da evolución.

III.1.

Os seres vivos e o medio.

-As diferentes concepcións de medio. A aproximación da ecoloxía: concepto de ecosistema.

-Ecosistemas terrestres e acuáticos. As adaptacións ós diferentes medios.

III.2.

Dinámica de ecosistemas.

-O fluxo de enerxía nos ecosistemas. Relacións e redes tróficas.

-A reciclaxe da materia: principais ciclos bioxeoquímicos.

-Cambios naturais nos ecosistemas: cambios nas poboacións, demografía e fluctuacións; cambios nas comunidades e sucesión ecolóxica.

-Cambios producidos pola humanidade. Os impactos ambientais, a súa prevención e corrección.

-Organización de normas propias de funcionamento nun grupo de traballo, desenvolvendo unha actitude crítica ante o traballo persoal e o do resto dos compoñentes do grupo.

-Actitude de respecto cara ás diferencias entre as persoas, valorando como aspecto positivo dos grupos a variabilidade nas características dos seus compoñentes.

-Hábito de argumentación do propio discurso, permanecendo abertos ós criterios dos demais cunha actitude flexible e non dogmática.

-Valoración da incidencia dun medio san na vida das persoas, acompañada dunha actitude crítica e razoada ante aquelas prácticas individuais e comunitarias de alteración negativa do medio, e da valoración do esforzo solidario de persoas e institucións comprometidas na defensa ambiental.

-Recoñecer e valora-las contribucións da ciencia mediante a reflexión do papel desta e da tecnoloxía na sociedade actual e da súa repercusión na calidade de vida.

-Progreso na capacidade de realizar unha valoración máis axustada da ciencia, a partir da súa consideración como actividade humana en continua elaboración, que ten limitacións e que está sometida a presións extracientíficas.

Criterios de avaliación.

* Recoñecer na natureza, ou mediante fotos e diapositivas, indicadores de procesos de erosión, transporte e sedimentación, sinalando o axente causante e os factores externos predominantes no modelado do relevo.

* Explica-las principais manifestacións da dinámica interna da Terra á luz da tectónica global.

* Coñece-las principais unidades temporais na historia da Terra cos seus acontecementos máis relevantes, e explica-la importancia dos fósiles como testemuñas paleobióticas e paleoambientais.

* Interpretar mapas e cortes xeolóxicos simplificados centrándose na secuenciación de acontecementos no tempo.

* Describi-los procesos de división celular, explicando as diferencias no mecanismo e finalidade da mitose e da meiose.

* Aplica-las leis de Mendel para a resolución de problemas sinxelos de transmisión de caracteres hereditarios, incidindo en xenética humana.

* Expoñer razoadamente datos que sustentan a teoría da evolución, así como as controversias suscitadas ó respecto.

* Caracterizar un ecosistema a través da identificación dos seus compoñentes abióticos e bióticos e das interaccións principais.

* Relaciona-la circulación da materia e da enerxía nos ecosistemas coa dispoñibilidade de recursos biolóxicos, e os cambios na estructura e dinámica dos ecosistemas con impactos asociados a determinadas actividades humanas.

Terceiro curso-física e química.

Contidos.

-Método científico: etapas. O informe científico.

-Magnitudes fundamentais e derivadas.

-Medida de magnitudes. Sistema Internacional de Unidades.

-Carácter aproximado da medida. Sensibilidade e precisión. Cifras significativas. Notación científica.

-Análise de datos en táboas e gráficos.

-O traballo no laboratorio de física e química.

II.1.

Átomos, moléculas e cristais.

-Descontinuidade dos sistemas materiais. Teoría atómica de Dalton.

-Natureza eléctrica da materia.

-Modelo atómico de Rutherford. Estructura atómica: partículas constituíntes. Utilización de modelos explicativos.

-Número atómico e número másico.

-Elementos químicos e isótopos.

-Radioactividade. Enerxía nuclear.

-Enlace químico. Unións entre átomos: moléculas e cristais.

-Masas atómicas e moleculares. Concepto de mol.

-Fórmulas e nomenclatura das substancias máis comúns segundo as normas da IUPAC.

II.2.

Substancias puras e mesturas.

-Estados de agregación da materia: sólido, líquido e gasoso.

-Teoría cinético-molecular. Cambios de estado.

-Elementos e compostos.

-Substancias puras e mesturas.

-Métodos de separación de mesturas.

-Disolucións: compoñentes e tipos.

-Expresión da concentración das disolucións.

III.1.

Reactividade química.

-Cambios físicos e cambios químicos.

-Introducción ós cambios químicos. A reacción química.

-Ecuacións químicas e o seu axuste.

-A conservación da masa. Cálculos de masa en reaccións químicas sinxelas.

III.2.

A química na sociedade.

-Elementos químicos básicos nos seres vivos.

-A química e o medio: efecto invernadoiro, chuvia ácida, destrucción da capa de ozono, contaminación de augas e solos.

-Petróleo e derivados.

-Medicamentos.

IV.1.

Fontes de enerxía.

-Fontes de enerxía renovables e non renovables.

-Fontes de enerxía tradicionais e alternativas.

-Conservación e degradación da enerxía.

IV.2.

Electricidade e magnetismo.

-Cargas eléctricas e a súa interacción. Fenómenos de electrización.

-Forzas electrostáticas. Lei de Coulomb.

-Campo eléctrico.

-Conductores e illantes.

-Fluxo de cargas, xeradores e corrente eléctrica.

-Diferencia de potencial. Intensidade. Resistencia. Lei de Ohm.

-Circuítos eléctricos sinxelos.

-Enerxía e potencia eléctricas. Lei de Joule.

-A magnetización da materia. Imáns. Experiencias electromagnéticas sinxelas.

-A electricidade na casa.

-Valoración da importancia da utilización de modelos e teorías na construcción do coñecemento da física e da química, tendo en conta o carácter aberto e dinámico destas ciencias.

-Interese pola observación de fenómenos físico-químicos naturais.

-Valoración da investigación científica como medio de obter coñecemento.

-Interese pola realización correcta das actividades experimentais, o rexistro das observacións e a confección dos correspondentes informes.

-Coidado do material e instrumental de laboratorio, respecto polas súas normas de utilización, así como polas normas de seguridade no laboratorio.

-Cooperación e corresponsabilidade no traballo en equipo, recoñecendo a súa importancia en toda actividade científica.

-Actitude receptiva e dialogante diante dos puntos de vista dos demais.

-Conciencia da interrelación das ciencias experimentais, así como coa tecnoloxía e coas ciencias sociais, e interese polos avances científico-tecnolóxicos para dar resposta ás necesidades da humanidade.

-Busca da obxectividade diante de informacións, procedentes de diversas fontes, relacionadas coa física e a química.

Criterios de avaliación.

* Distingui-las características que diferencian o traballo científico doutro tipo de actividades. Estima-la importancia da medida e interpretar adecuadamente os datos obtidos no desenvolvemento do traballo científico, empregando as cifras significa

tivas e unidades do Sistema Internacional apropiadas.

* Interpreta-la descontinuidade dos sistemas materiais á luz da teoría atómica. Establece-la natureza eléctrica da materia e distingui-las partículas constituíntes do átomo a partir do modelo atómico de Rutherford. Aplica-los conceptos de número atómico e número másico para calcula-lo número e tipo de partículas compoñentes de isótopos e ións. Valora-las aplicacións da radioactividade.

* Distinguir entre átomos e moléculas. Explica-las características da unión de átomos a través dun enlace químico e interpreta-las diferencias entre moléculas e cristais.

* Establece-lo concepto de mol. Identifica-la fórmula e o nome de compostos químicos comúns, para calcula-la súa masa molecular e describi-las súas propiedades e utilidade.

* Explica-las características dos estados de agregación da materia e dos procesos de cambio a partir da teoría cinético-molecular.

* Diferenciar entre elementos e compostos, substancias puras e mesturas, así como entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Seleccionar métodos físicos de separación e purificación de mesturas e comproba-la súa utilidade no laboratorio. Aplica-las porcentaxes en masa e en volume e as relacións entre cantidade de soluto e volume de disolución para expresa-la concentración das disolucións.

* Analiza-las diferencias entre cambios físicos e cambios químicos. Expresar reaccións químicas sinxelas a través de ecuacións químicas. Aplicalo á resolución de exercicios e cuestións. Axustar ecuacións químicas sinxelas e interpreta-la lei de conservación da masa a partir delas.

* Coñece-los elementos químicos máis importantes dos seres vivos. Analiza-las relacións ciencia-tecnoloxía-sociedade mediante a descrición de compostos químicos de interese como os derivados do petróleo e os medicamentos. Valora-las implicacións do coñecemento científico na sociedade actual a través da relación entre a química e o medio.

* Distingui-los distintos tipos de fontes de enerxía. Recoñece-las distintas fontes de enerxía e analiza-la obtención dela a partir dos diferentes recursos enerxéticos. Analiza-la conservación e degradación da enerxía na utilización de diferentes recursos enerxéticos.

* Describi-las características da carga eléctrica e os fenómenos de electrización. Clasifica-la materia con base nas súas propiedades eléctricas. Aplica-la lei de Coulomb á resolución de exercicios e cuestións sobre sistemas sinxelos.

* Identifica-las diferentes magnitudes relacionadas coa corrente eléctrica e os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. Aplica-la lei de Ohm á resolución de exercicios e cuestións. Deseñar e montar circuítos de corrente continua, levando a cabo medi

das de intensidade e diferencia de potencial, que permitan comproba-la lei de Ohm.

* Aplica-los coñecementos da física e a química á realización axeitada das actividades experimentais propostas ó longo do curso.

* Analiza-las interrelacións que nos contidos deste curso se dan entre a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.

Cuarto curso-física e química.

Contidos.

I.1.

Iniciación ó estudio do movemento.

-Movemento e sistema de referencia.

-Traxectoria e posición. Desprazamento e espacio percorrido.

-Velocidade e aceleración.

-Estudio do movemento rectilíneo uniforme.

-Estudio do movemento rectilíneo uniformemente acelerado.

-Estudio do movemento circular uniforme.

-Análise de movementos cotiáns.

I.2.

As forzas e os seus efectos.

-Interaccións entre os corpos: forzas. Os seus tipos.

-Efectos das forzas.

-Lei de Hooke. Medida das forzas.

-Carácter vectorial das forzas. Composición e descomposición de forzas da mesma dirección e angulares.

-Equilibrio de forzas.

-Leis da dinámica.

-Tratamento cualitativo da forza de rozamento.

-Forza gravitacional. Peso dos corpos.

I.3.

Forzas en fluídos.

-Fluídos.

-Concepto de presión. Unidades.

-Forzas no interior dos fluídos. Presión hidrostática. Aplicacións.

-Principio de Pascal.

-Empuxe. Principio de Arquímedes. Flotación.

-Presión atmosférica. Barómetros.

II.1.

Traballo, potencia e enerxía mecánica.

-Concepto de traballo. Unidades.

-Traballo mecánico. Aplicacións a máquinas e ferramentas.

-Concepto de potencia. Unidades.

-Enerxía mecánica: enerxías cinética e potencial gravitatoria.

-Principio de conservación da enerxía.

II.2.

Intercambios de enerxía.

-Movemento molecular e temperatura. Termómetros e escalas termométricas.

-Calor e transferencia de enerxía.

-Efectos da calor sobre os corpos.

-Equivalente mecánico da calor.

-Concepto de calor específica. Cantidade de calor transferida e cambio de temperatura.

-Cantidade de calor transferida en cambios de estado.

II.3.

A enerxía das ondas: luz e son.

-Concepto de onda. Tipos e características das ondas.

-Transferencia de enerxía sen transporte de masa.

-A luz e o son. Propiedades da súa propagación.

-Espectro lumínico.

III.1.

As unións entre átomos.

-Ordenación dos elementos químicos: Sistema Periódico.

-O enlace químico sobre a base da posición dos elementos no Sistema Periódico.

-Compostos con enlace iónico.

-Compostos con enlace covalente.

-Enlace metálico.

-Formulación química inorgánica segundo normas IUPAC dos compostos máis usuais.

III.2.

As reaccións químicas.

-Tipos de reaccións químicas.

-Relacións estequiométricas e volumétricas nas reaccións químicas.

-Calor de reacción. Concepto de exotermia e endotermia.

-Velocidade dunha reacción química. Factores que inflúen.

-Estudio cualitativo de reaccións químicas de interese: reaccións ácido-base e oxidación-reducción.

III.3.

A química dos compostos do carbono.

-O carbono e a gran cantidade de compostos orgánicos. Características dos compostos do carbono.

-Descrición dos compostos orgánicos máis sinxelos: hidrocarburos. Alcohois. Ácidos orgánicos.

-Polímeros sintéticos. Fabricación e reciclaxe de materiais plásticos.

-O carbono como compoñente esencial dos seres vivos.

-Interese pola interpretación científica dos fenómenos físicos e químicos utilizando as leis e conceptos da física e da química.

-Valoración das aplicacións tecnolóxicas da física e a química, así como da súa repercusión sobre a calidade de vida e o desenvolvemento económico.

-Actitude reflexiva diante de fenómenos tidos por obvios e disposición á análise crítica de distintas informacións sobre un mesmo feito proporcionadas por diferentes fontes.

-Interese pola realización correcta de experiencias, confección de informes, representación de datos, etcétera.

-Coidado do material e instrumentos do laboratorio, respecto polas súas normas de utilización, así como polas normas de seguridade no laboratorio.

-Cooperación no traballo en equipo, respecto polas persoas e tolerancia coas peculiaridades individuais.

Criterios de avaliación.

* Aplicar correctamente as ecuacións dos movementos rectilíneo uniforme, rectilíneo uniformemente acelerado e circular uniforme, vinculándoas a un sistema de referencia. Diferenciar entre magnitudes lineais e angulares. Distinguir claramente os conceptos e as unidades de velocidade, aceleración, período e frecuencia. Representar e interpreta-las gráficas da posición, velocidade e aceleración fronte ó tempo.

* Identificar e debuxa-las forzas que actúan sobre un corpo, xustificando a orixe de cada unha, indicando as posibles interaccións do corpo en relación con outros, e aplicando as leis da dinámica para estudia-lo seu movemento.

* Coñece-las características da forza gravitacional. Calcula-lo peso dos corpos tendo en conta o campo gravitatorio do lugar no que se atopen.

* Analiza-lo concepto de presión e a súa aplicación a distintas situacións de estática de fluídos. Explica-lo fundamento dalgúns dispositivos sinxelos, como a prensa hidráulica e os vasos comunicantes. Predici-las diferentes situacións de flotabilidade dos corpos en fluídos mediante o cálculo das forzas que actúan sobre eles.

* Analiza-lo significado físico do traballo. Relaciona-lo traballo coa transferencia de enerxía dun corpo a outro mediante a acción dunha forza. Interpreta-la potencia como a rapidez coa que se fai traballo e valora-la importancia que esta magnitude ten na industria e na tecnoloxía. Identifica-las formas de enerxía e as súas interconversións.

* Interpreta-la temperatura como unha medida da enerxía media do movemento das partículas dun sistema. Identifica-la calor como unha enerxía en tránsito entre os corpos, describir casos reais nos que se pon de manifesto e analiza-los efectos que produce. Identificar e explica-las distintas variables que interveñen na calor transferida e predici-los seus valores.

* Identifica-las transformacións enerxéticas que se producen en aparellos de uso común (mecánicos, eléctricos e térmicos), describindo o funcionamento teórico dunha máquina térmica. Aplica-lo principio de conservación da enerxía a transformacións enerxéticas sinxelas.

* Identifica-los movementos ondulatorios e analiza-las súas características fundamentais. Relaciona-la formación dunha onda coa propagación da perturbación que a orixina. Distingui-las ondas lonxitudinais das transversais. Predici-lo valor do período, frecuencia, lonxitude de onda ou velocidade de propagación de ondas sonoras ou electromagnéticas. Analiza-las características da propagación da luz e do son. Interpreta-lo espectro lumínico.

* Identifica-las claves da ordenación dos elementos químicos no Sistema Periódico. Deduci-lo tipo de enlace que presenta un composto binario a partir da posición dos seus elementos no Sistema Periódico. Explica-las características máis importantes dos enlaces iónico e covalente e as propiedades básicas dos elementos e compostos máis comúns. Formular e nomear, segundo as normas da IUPAC, compostos binarios, así como compostos de uso frecuente no laboratorio.

* Diferenciar entre procesos físicos e químicos. Utiliza-la teoría atómica para explica-la formación de substancias a partir doutras. Representar procesos químicos mediante ecuacións axustadas, observando nelas o principio de conservación da materia e realizando cálculos estequiométricos sinxelos.

* Analiza-los aspectos enerxéticos asociados ás reaccións químicas así como os factores que modifican o seu desenvolvemento. Identifica-las reaccións ácido-base e oxidación-reducción, valorando a súa incidencia no contorno.

* Formular e nomear compostos sinxelos de carbono: hidrocarburos saturados e insaturados, alcohois e ácidos orgánicos. Identifica-la presencia do carbono nos seres vivos e en materiais de orixe sintético e natural.

* Aplica-los coñecementos da física e a química á realización axeitada das actividades experimentais propostas ó longo do curso.

* Analiza-las interrelacións que nos contidos deste curso se dan entre a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.

Área de ciencias sociais, xeografía e historia

Introducción.

A articulación do currículo escolar por áreas responde á necesidade que ten a escola de asumi-la comprensión dunha realidade social rica e complexa que promove novas formas de coñecemento susceptibles de convertérense en contidos de aprendizaxe.

A área engloba un conxunto de disciplinas e materias que gardan relación entre si e que responden a obxectivos educativos predeterminados.

Como carece dunha fundamentación epistemolóxica global, faise necesario concibila como un lugar de encontro de materias que coinciden no seu fin: o estudio de homes e mulleres na sociedade. Adscribir cada ciencia, por separado, a un ámbito de aprendizaxe requiriría considera-lo seu status epistemolóxico, e iso dificultaría o proceso de ensinanza-aprendizaxe; por outra parte, ó analiza-las materias que figuran no currículo, obsérvase que hai dúas que teñen unha maior antigüidade académica e que abordan a realidade social e humana desde perspectivas diferentes e máis integradoras: a xeografía e a historia. Parece, polo tanto, importante que sigan desempeñando un papel prioritario dentro dos currículos escolares. Na opción que se propón, estas disciplinas proporcionan a coherencia metodolóxica e conceptual, incorporando as contribucións doutras ciencias coas que comparten trazos comúns.

A historia debe proporcionarlles ós alumnos coñecementos e métodos para comprende-la evolución das sociedades a través do tempo; a xeografía, debe facelo na dimensión espacial. Ámbalas dúas cumpren a finalidade de forma-lo alumnado, ofrecéndolle unha visión global do mundo e un conxunto de valores imprescindibles para que adopten unha actitude ética e comprometida dentro dunha sociedade plural e solidaria.

Definíronse uns obxectivos comúns para toda a área. En xeografía, pretenden asegurar na súa concreción espacial unha percepción e unha sensibilidade dos aspectos ambientais e o coñecemento das grandes unidades xeográficas, preferentemente das comunidades autónomas, de España e do mundo; en historia, preténdese que o alumnado adquira o concepto de evolución histórica, as nocións de cambio e permanencia, e que comprenda a interrelación dos factores multicausais que explican as transfor

macións; que identifique no tempo e no espacio os procesos e feitos relevantes asegurando a percepción do común e do plural na historia de España, coas súas nacionalidades e rexións.

A presentación dos contidos faise en bloques diferenciados, que agrupan conxuntos temáticos, divididos en epígrafes que enuncian aspectos concretos do tema.

En coherencia co R.D. 3473/2000, do 29 de decembro, no primeiro ciclo introdúcense contidos referentes a ambas materias. No primeiro curso inclúense, en xeografía, a Terra e os medios naturais e en historia, a prehistoria e a historia antiga. En segundo curso, as sociedades humanas (a poboación, a actividade económica e a organización social e política) en xeografía, e a época medieval, en historia. No segundo ciclo aparecen separados os contidos de ambas materias. O terceiro curso dedícase ó estudio dos espacios xeográficos e, en cuarto, abórdase a evolución das sociedades históricas desde a época moderna ó mundo actual.

Os criterios de avaliación están relacionados cos obxectivos. Cómpre ter en conta a idade mental e o desenvolvemento psicolóxico do alumnado, incrementándose progresivamente o nivel de conceptuación e de abstracción. Así, no primeiro ciclo habituarase o alumnado a observar feitos xeográficos sinxelos, a recoñece-los seus elementos, analizalos e explicalos. Para iso utilizaranse sistematicamente mapas, imaxes, textos e datos estatísticos. É moi importante interesa-lo alumnado na distribución xeográfica dos feitos a escala rexional, estatal e global. No segundo ciclo será posible xa realizar análises e explicacións de fenómenos xeográficos máis complexos. A ensinanza orientarase á aprendizaxe das relacións entre os distintos factores xeográficos e das formas de organización dos espacios resultantes. Unha verdadeira formación xeográfica require provocar situacións de comprensión dos feitos xeográficos por medio do manexo de distintas fontes de información e na medida do posible

achegando os escolares á realidade en saídas de campo. Polo que se refire á ensinanza da historia ó longo da ESO, introduciranse progresivamente os métodos para a adquisición e uso de información básica, a partir de textos historiográficos e históricos (breves e sinxelos), imaxes, mapas, estatísticas ou noticias de prensa, sen descoida-la presencia nas aulas de medios audiovisuais como o cine e a televisión, e as novas tecnoloxías, tendo sempre presentes as características propias de cada idade.

Apuntar, por último, que a finalidade da historia debe ser lograr que o alumnado tome conciencia do pasado para explica-lo presente e proxecta-lo futuro.

Obxectivos.

* Identifica-la pluralidade das comunidades sociais e promover un sentimento positivo de pertenza, rexeitando as discriminacións existentes por

razón de nacemento, raza, sexo, relixión ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

* Resolver problemas e levar a cabo estudios e pequenas investigacións aplicando as técnicas e procedementos básicos característicos das ciencias sociais, xeografía e historia, empregando con precisión e rigor o vocabulario específico para explica-las causas e as consecuencias.

* Valora-la diversidade lingüística e cultural como dereitos dos pobos e individuos á súa identidade e manifestar actitudes de tolerancia e respecto por outras culturas.

* Identifica-los procesos e mecanismos básicos que rexen o funcionamento dos feitos sociais, utilizando este coñecemento para comprende-la diversidade social e cultural; analiza-los seus problemas e formar un xuízo persoal, crítico e razoado.

* Identificar e localizar no tempo e no espacio procesos e acontecementos relevantes co fin de adquirir unha perspectiva global da evolución histórica da humanidade e a comprensión das nocións de cambio e permanencia.

* Coñece-la diversidade xeográfica do mundo, os seus trazos básicos físicos, humanos e distingui-las grandes áreas socioeconómicas, culturais e políticas. Comprende-los trazos físicos e humanos de España e a diversidade da súa xeografía e as súas culturas.

* Identificar e analizar a diferentes escalas as interaccións que as sociedades humanas establecen cos seus territorios na utilización do espacio e do aproveitamento dos recursos naturais, valorando as consecuencias de tipo económico, social, político e ambiental destas.

* Valorar e respecta-lo patrimonio natural, histórico, lingüístico, cultural e artístico, asumindo as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

* Aprecia-los dereitos e liberdades humanos como unha conquista da humanidade, potenciando os valores de tolerancia e solidariedade cos pobos, grupos sociais e persoas privadas dos seus dereitos ou dos recursos necesarios.

* Obter e relacionar información verbal, icónica, estatística e cartográfica a partir de distintas fontes, en especial dos actuais medios de comunicación, e tratala de forma autónoma e crítica, comunicándolla ós demais de xeito organizado e intelixible.

* Realizar tarefas en grupo e participar en discusións e debates cunha actitude constructiva, crítica e tolerante, valorando a discrepancia e o diálogo como unha vía necesaria para a solución dos problemas.

Primeiro curso.

Contidos.

I.1.

O planeta Terra.

-A Terra, planeta do Sistema Solar.

-Os movementos da Terra e as súas consecuencias: día, noite, equinoccios, solsticios, estacións, fusos horarios.

-A representación da Terra. Mapas e imaxes.

-Concepto de escala, mapa, plano, croquis; cartografía básica, topográfica e temática; orientación no mapa e na realidade: puntos cardinais, coordenadas xeográficas.

-Mapas a diferentes escalas. Lectura e comparación.

-As proxeccións máis adecuadas para a representación de diferentes espacios: mundo, continente, país.

-Outras representacións: fotografía aérea. As novas cartografías, teledetección e cartografía informatizada.

I.2.

Os elementos do medio natural.

-A composición da Terra. As placas terrestres e a súa distribución. Continentes e océanos.

-O relevo terrestre. As grandes unidades do relevo dos continentes e a súa distribución. O relevo dos fondos oceánicos. Identificación das distintas formas de terreo.

-A atmosfera e os fenómenos atmosféricos. Tempo e clima. Os climas e o seu reparto xeográfico.

-Climogramas. Elaboración e interpretación.

-As augas mariñas e continentais e a súa distribución.

-O solo, a vexetación e os animais. Problemas de degradación do medio:

-Efectos naturais.

-O impacto da acción antrópica: actividades agropecuarias, industrialización e urbanización.

-Mapas topográficos e temáticos: de relevo, hidrográficos, climáticos, vexetación...

I.3.

Os medios naturais e os recursos. A súa distribución xeográfica.

-Os medios naturais en relación coa intervención dos grupos humanos.

-Os medios naturais e a diversidade das condicións de vida. Medios adversos e medios favorables:

-O medio frío: zonas polares e montañas alpinas. A tundra e o bosque boreal.

-O medio quente: os bosques tropicais, as sabanas e os desertos.

-O medio temperado: húmidos e mediterráneos, con especial referencia a Europa, á Península Ibérica e a Galicia.

-Os diferentes medios naturais en función de: temperaturas, precipitacións, latitude, altitude e proximidade ou afastamento do mar. Observación e comparación.

-Medidas para a conservación e xestión sostible de medios e recursos. Enumeración.

I.4.

Os riscos naturais e humanos.

-Os riscos climáticos: secas, chuvias torrenciais e ciclóns tropicais.

-Os terremotos e as erupcións volcánicas.

-Riscos favorecidos pola acción humana e o desenvolvemento tecnolóxico.

-Medidas preventivas, correctoras e reductoras de riscos e catástrofes.

II.1.

O proceso de hominización.Os novos achados. Os primeiros europeos.

-Prehistoria. Fontes para o seu estudio.

-O Paleolítico: sociedades cazadoras e recolectoras.

-A revolución neolítica e o proceso de sedentarización: agricultores e gandeiros.

-Principais núcleos agrícolas e as vías de difusión. Representación.

-O pensamento máxico-simbólico.

-A arte prehistórica: arte mobiliar e arte rupestre. A arquitectura megalítica.

-Vestixios na Península Ibérica e en Galicia. Tipos de achados.

-A Idade dos Metais: cobre, bronce e ferro.

-A cultura castrexa. Espacio xeográfico. Principais castros.

II.2.

As primeiras civilizacións históricas. Eixes cronolóxicos.

-Factores que favorecen a aparición das culturas históricas. As primeiras cidades.

-Dúas culturas históricas: Exipto e Mesopotamia. Análise e comparación.

-A relixión, a escritura e o desenvolvemento científico.

-Formas de organización política, social e económica.

-Manifestacións artísticas: tumbas e templos.

-As obras artísticas e as sociedades que as producen. Relacións.

II.3.

Grecia: fundamentos da cultura europea.

-Antecedentes culturais: culturas cretense e micénica.

-O marco xeográfico como condicionante do desenvolvemento económico: as colonizacións. Pegadas na Península Ibérica.

-Unha nova forma de organización política: a polis. Esparta e Atenas.

-A organización política, económica e social de Esparta e Atenas. Comparación.

-A democracia ateniense.

-Imperio de Alexandre Magno. O helenismo.

-A cultura e a arte grega: a súa evolución.

II.4.

A civilización romana: a unidade do mundo mediterráneo.

-Os pobos da Península Itálica: os etruscos.

-A fundación de Roma. A monarquía. A república: o dereito e as institucións. A expansión de Roma.

-O Imperio: organización política e administrativa.

-A cidade como centro das actividades políticas e económicas. O desenvolvemento do comercio.

-Manifestacións culturais e relixiosas. A aparición do cristianismo.

-Manifestacións artísticas.

-A caída do Imperio Romano de Occidente: causas.

-Primeira ruptura do Mediterráneo. Os pobos xermanos.

II.5.

A Hispania romana.

-Os pobos prerromanos: iberos e celtas.

-A presencia doutros pobos na península: fenicios, gregos e cartaxineses.

-A conquista da península por Roma: etapas.

-O proceso de romanización: a cultura hispano-romana.

-Organización administrativa e territorial no mundo romano. Cidades e provincias.

-Gallaecia, provincia romana.

-Principais calzadas romanas na península e en Gallaecia.

-Ocupación da Península Ibérica. Os suevos e os visigodos. Organización política e social. Manifestacións artísticas e culturais.

Segundo curso.

Contidos.

I.1.

A poboación mundial.

-A distribución espacial da poboación mundial. Factores de distribución. Densidade e concentración.

-A dinámica da poboación. Movemento natural da poboación: natalidade, fecundidade e mortalidade. Crecemento da poboación mundial.

-Os réximes demográficos, desprazamentos e migracións. As grandes correntes migratorias do mundo actual.

-A emigración en Galicia. Situación actual.

-As estructuras demográficas. O problema do envellecemento das poboacións: o caso galego.

-As fontes demográficas. Taxas e índices.

-Pirámides de poboación e outros gráficos. Elaboración e comentario.

-Mapas temáticos de poboación.

I.2.

A actividade económica das sociedades.

-O funcionamento da actividade económica. Depredación, producción, distribución, intercambio e consumo. Os sectores productivos e os axentes económicos. Os recursos naturais. Factores productivos: traballo e capital. Sindicatos de traballadores e organizacións empresariais.

-Características da actividade económica. A economía europea, española e galega.

-Sociedades rurais, industriais e postindustriais: o caso galego.

-Economía e sociedade da información.

-O problema do esgotamento dos recursos naturais e a degradación ambiental.

-Gráficos e mapas temáticos sobre os recursos e a súa explotación.

-Localización xeográfica dos principais recursos do mundo, Europa, España e Galicia.

-A explotación dos recursos no mundo desenvolvido e subdesenvolvido.

-Consumo e xeración de residuos.

I.3.

A organización das sociedades.

-A estructura da sociedade. Estratificación social. A división técnica e social do traballo. A dinámica da sociedade. Os procesos de cambio e conflicto social.

-A sociedade europea, española e galega. Diferencias e similitudes.

-Diversidade cultural, lingüística e relixiosa no mundo.

-Aspectos culturais e lingüísticos propios de Galicia en relación co resto de España e Europa.

I.4.

A organización política das sociedades.

-O estado como entidade política e xeográfica. Organizacións subestatais e superestatais.

-Os réximes políticos. Estados democráticos e non democráticos.

-España, estado constitucional, social e democrático de dereito: soberanía, poderes do estado e forma política. A autonomía galega: o estatuto. A Unión Europea.

-Organigrama do sistema político español.

-Monarquía e república. Diferencias.

-Países do mundo. A Organización das Nacións Unidas.

II.1.

A ruptura da unidade do Mediterráneo.

-O Islam. Expansión territorial.

-Bizancio.

-O imperio de Carlomagno. O nacemento de Europa.

-Cultura e arte.

II.2.

A Europa feudal.

-Antecedentes do feudalismo. A sociedade feudal: nobres, clérigos e labregos.

-Castelos e mosteiros.

-As relacións feudo vasaláticas.

-O nacemento das cidades europeas. Factores. A burguesía.

-Talleres, oficios e organización gremial. Vestixios.

-O rexurdimento do comercio. Feiras e mercados.

II.3.

Europa, do século XI ó XV.

-Expansión: as cruzadas (séculos XI ó XIII).

-Conflictividade política, económica e social.

-Evolución do pensamento: dos mosteiros ás universidades.

-Os primeiros centros universitarios de Europa.

-Arte románica e arte gótica.

II.4.

A Península Ibérica na Idade Media: Al-Ándalus.

-A expansión do Islam na Península Ibérica. Al-Ándalus.

-Evolución política: emirato, califato e reinos de taifas. Evolución económica e social.

-O legado cultural e artístico.

-Vestixios da cultura islámica que permanecen na Península Ibérica: lingüísticos, urbanísticos, arquitectónicos...

II.5.

A Península Ibérica na Idade Media: os reinos cristiáns.

-Primeiros núcleos de resistencia ó Islam.

-Reconquista e repoboación.

-Institucións políticas. O Reino de Galicia.

-Os Reinos de Castela e Aragón.

-Castelos, mosteiros e cidades na Galicia feudal.

-Conflictividade en Galicia. Os irmandiños.

-España. Punto de encontro de culturas: cristiáns, musulmáns e xudeus.

-A vida cotiá de cristiáns, musulmáns e xudeus. O papel da muller.

-Manifestacións artísticas. O Camiño de Santiago.

-Valoración positiva da súa propia lingua como vehículo imprescindible no desenvolvemento da identidade persoal.

-Curiosidade por saber e interese polas novas informacións, considerando o erro como estímulo e elemento informativo para avanzar nas aprendizaxes.

-Participación e cooperación na realización de actividades colectivas respectando as normas de convivencia e as ideas dos demais e aceptando as responsabilidades que contraen.

-Organización, resolución e presentación adecuada do traballo realizado.

-Valoración crítica de problemas cotiáns ou presentes nos medios de comunicación, publicidade, etc.

-Participación activa na conservación e mellora do medio e do patrimonio cultural na procura dunha mellor calidade de vida.

-Adquisición de actitudes de respecto ás persoas, independentemente do seu sexo, raza, relixión, procedencia social, etc.

-Interese por coñecer sociedades e culturas diferentes, valorándoas como elementos enriquecedores da existencia colectiva da humanidade.

-Sensibilización e preocupación polo rigor e obxectividade na investigación e interpretación de información histórica.

-Valora-la importancia de situarse na época e sociedade obxecto de estudio para comprendela mellor.

-Sensibilidade ante os problemas sociais derivados das situacións de desigualdade.

Criterios de avaliación.

* Coñece-lo planeta Terra: forma, dimensións e condicións esenciais que fan posible a vida.

* Identificar e localiza-las comunidades autónomas españolas, os estados da unión europea e os estados do mundo. Interpretar mapas políticos.

* Coñece-las institucións, as normas que as rexen e as distintas formas de participación cidadá, aplicando ese coñecemento en debates sobre feitos da actualidade e en comportamentos ou actitudes cotiás.

* Obter información a partir de diferentes fontes: documentos escritos, obxectos materiais, imaxes, obras de arte, gráficos, mapas, etc; interpretala e analiza-los cambios experimentados e a súa transcendencia.

* Realizar pequenas investigacións de carácter descritivo sobre algún feito ou tema próximo, consultando información complementaria e comunicando de forma intelixible os resultados do estudio.

* Ordenar e representar graficamente algún aspecto significativo da vida humana ó longo de diferentes épocas: sociedades prehistóricas, sociedades urbanas, sociedade clásica e sociedade medieval, atendendo sobre todo a aspectos referentes a Galicia e á Península Ibérica.

* Identificar e situar xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica ata a época moderna e analizar algunhas das principais achegas que contribúen á formación da nosa identidade.

* Identificar e describi-los aspectos socioeconómicos, políticos e ideolóxicos da Europa feudal e a súa evolución ata a aparición do estado moderno.

* Elaborar pequenos informes sobre culturas distintas da propia, empregando de forma crítica a información dos medios de comunicación.

* Participar en debates sobre aspectos diferenciadores dos pobos e dos individuos que potencien actitudes de tolerancia e solidariedade.

* Ordenar e representar graficamente a evolución dalgún aspecto significativo da vida humana ó longo de diferentes épocas históricas sinalando os principais momentos de cambio nesa evolución.

* Identificar e situar cronolóxica e xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica antes da época moderna e analiza-las súas achegas á nosa civilización a partir dos vestixios existentes.

* Identificar e localiza-los trazos físicos máis destacados (relevo, clima, vexetación) que configuran os grandes medios naturais de Galicia, territorio español, Europa e mundo, analizando algúns exemplos representativos das paisaxes naturais e das transformadas pola actividade humana.

* Coñece-la distribución da poboación no mundo, diferenciando rexións e estados pola densidade de poboación, a súa dinámica e estructura, aplicando os conceptos de superpoboación, migración e envellecemento a distintas escalas.

* Caracterizar e localiza-los principais sectores de producción e analiza-los problemas máis significativos en Galicia, España, Europa e no mundo.

* Identificar, analizar e valora-la división técnica e social do traballo e as súas consecuencias socioeconómicas. Coñece-la dinámica da sociedade e a organización do mundo laboral con especial referencia a Europa e España.

* Identifica-los problemas ambientais máis graves de Galicia, España e o mundo (deforestación, lixos urbanos e industriais, incendios forestais, construccións e infraestructuras públicas e privadas, etc.) e valora-los riscos que supoñen.

* Identificar e situar cronoloxicamente os vestixios existentes relacionándoos cos pobos ou sociedades que os produciron para comprender mellor as orixes e a identidade de Galicia e de España, así como a necesidade de defende-lo seu patrimonio cultural.

* Coñece-los principios e fundamentos que rexen as sociedades democráticas e valora-los dereitos humanos como unha conquista irrenunciable da humanidade.

* Analizar situacións de violación dos dereitos humanos (pobreza, violencia, discriminación, desigualdade, explotación...).

* Participar en debates e discusións, empregando argumentacións razoadas con actitude crítica e tolerante.

* Elaborar informes traballando en grupo sobre cuestións problemáticas da vida cotiá no mundo actual.

Terceiro curso.

Contidos.

I.1.

As actuacións da sociedade sobre os medios naturais. Espacios xeográficos e actividades económicas.

-As relacións entre natureza e sociedade. A formación dos espacios xeográficos.

-Actividades agrarias. Tipos principais. A actividade pesqueira. As paisaxes agrarias e o seu reparto xeográfico.

-As fontes de enerxía, as materias primas e a industria. A súa distribución xeográfica. Os espacios industriais. Grandes áreas.

-Os servicios. O comercio, os transportes e as comunicacións. O turismo. Os espacios comerciais. As redes de transporte e comunicacións no mundo. Os espacios de ocio.

-Os problemas derivados da sobreexplotación do medio natural. As consecuencias ambientais das actividades humanas. As crises ambientais.

I.2.

A cidade como espacio xeográfico.

-O poboamento humano. Poboamento rural e poboamento urbano. A rururbanización.

-A cidade. As actividades urbanas. O espacio interior das cidades. A diversidade das estructuras urbanas.

-O crecemento espacial das cidades. Conurbacións e megalópoles. Localización. A urbanización do territorio.

-Os problemas urbanos. Plans xerais de ordenación urbana: análise e avaliación.

-O poboamento galego entre o mundo rural e o mundo urbano.

I.3.

O espacio xeográfico galego e español.

-As grandes unidades físicas. As rexións naturais. O relevo, a hidrografía e a climatoloxía galega. Principais unidades paisaxísticas en Galicia e en España. Os problemas ambientais en Galicia e en España.

-A poboación galega e española. Movementos migratorios e as súas repercusións.

-As actividades económicas. A modernización das actividades agrarias e reestructuración da industria. O desenvolvemento dos servicios. Os sectores socioeconómicos galegos. As cidades españolas e o proceso de urbanización.

-Principais vías de comunicación e fluxos de intercambio en Galicia e España.

-A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. A organización autonómica do Estado. O Estatuto de autonomía de Galicia.

-O papel dos recursos físicos e humanos, da evolución histórica e do desenvolvemento económico contemporáneo na articulación do territorio.

-A diversidade xeográfica de España: estudio xeográfico das comunidades autónomas. Galicia.

I.4.

O espacio mundo e os seus problemas.

-Un mundo progresivamente interrelacionado. Os efectos da mundialización. A formación dun espacio xeográfico mundial. Os problemas do mundo actual vistos desde unha perspectiva xeográfica.

-O crecemento da poboación e a evolución dos recursos. Estructura demográfica actual: análise.

-As desigualdades socioeconómicas e ambientais. As relacións norte-sur.

-Os conflictos políticos no mundo actual.

-A diversidade xeográfica do mundo. Estudios de grandes conxuntos rexionais e dalgúns estados, con especial atención a Europa e Iberoamérica.

-Recoñece-la importancia dos recursos económicos para permitir índices de benestar na poboación.

-Toma de conciencia para realizar un desenvolvemento económico compatible co medio.

-Fomentar hábitos e usos que sexan respectuosos co medio.

-Avaliar de forma crítica os diferentes niveis de concentración dos recursos e a actividade económica en determinadas zonas do planeta.

-Rexeitar calquera tipo de discriminación polo lugar de residencia (urbana, rural ou de diferentes zonas urbanas).

-Toma de conciencia dos graves problemas das cidades en países desenvolvidos e subdesenvolvidos e das diferencias entre barrios pobres e ricos nos núcleos urbanos.

-Interese polos problemas ambientais dos núcleos urbanos e polas posibilidades de solución.

-Interese polas diferencias espaciais en España.

-Valora-lo patrimonio natural das distintas rexións españolas.

-Tomar conciencia da importancia da Constitución española para garanti-la articulación do territorio.

-Interese polos diferentes niveis de desenvolvemento e de benestar das rexións españolas segundo as rendas xeradas polos sectores productivos.

-Tomar conciencia dos problemas que afectan os países do sur que cada vez se distancian máis dos países do norte.

-Interese polos problemas da poboación mundial: analfabetismo, malnutrición, violacións dos dereitos humanos...

-Adoptar unha actitude crítica ante os fenómenos da globalización e ante as implicacións espaciais que teñen.

-Valora-las diferencias rexionais que existen en Europa e Iberoamérica.

Criterios de avaliación.

* Obter e utilizar informacións relevantes sobre temas xeográficos de fontes variadas pero simples e progresivamente máis complexas. Relaciona-las informacións, valoralas e combinalas para explicar feitos sociais. Adquirir autonomía para tomar notas,

consultar fontes escritas e acceder a bases de datos sinxelas aproveitando as posibilidades das tecnoloxías da información.

* Elaborar individualmente ou en grupo traballos sinxelos e exposicións orais sobre temas da área, utilizando o vocabulario pertinente e a corrección formal axeitada.

* Manexar, interpretar e elaborar correctamente distintos tipos de mapas, croquis, gráficos e táboas estatísticas, utilizándoos como fontes de información e como medios de análise e de síntese.

* Explica-las interaccións que se producen entre as sociedades e os medios naturais na xénese e organización dos diferentes espacios xeográficos e os territorios. Diferencia-los distintos tipos, segundo o grao e a natureza da intervención humana e valora-las consecuencias ambientais.

* Coñece-los principais tipos de recursos naturais e a súa distribución no mundo. Valora-la súa importancia social e comprende-la necesidade de explotalos racionalmente.

* Percibir e describi-los efectos ambientais das actividades humanas, particularmente en Europa, en España e en Galicia. Coñece-las concepcións en defensa do medio e manifestar interese e respecto por elas.

* Caracteriza-las actividades rurais, as industriais e de producción de enerxía e as principais actividades de servicios. Tipos de espacios rurais e a súa distribución. Factores de localización industrial, a diversidade de espacios industriais e a súa distribución. Localiza-los principais eixes de transportes e comunicacións e os fluxos de intercambio. Coñece-los tipos de espacios comerciais e turísticos.

* Diferenciar entre o poboamento rural e urbano e coñece-la importancia relativa de cada un deles en distintas áreas xeográficas, con especial referencia a Europa e España. Coñece-las características do espacio urbano e localiza-las principais áreas urbanas do mundo.

* Explica-la estructura formal e funcional da cidade. Coñecer cómo as cidades articulan o territorio. Valora-las vantaxes e os problemas da vida urbana.

* Coñece-los trazos xeográficos comúns e diversos que caracterizan España.

* Identificar e explica-la organización político-administrativa do Estado español. Caracterizar e valora-la estructura autonómica do Estado e a diversidade das comunidades autónomas. Analiza-lo grao de articulación interna e os desequilibrios territoriais en España. Coñece-los contrastes entre o litoral e o interior en Galicia.

* Identificar e localiza-las áreas xeopolíticas, económicas e culturais do mundo. Analiza-los caracteres xeográficos dalgúns estados representativos.

* Coñece-los caracteres xeográficos da Unión Europea e a súa diversidade. Analiza-los efectos da

integración de España e de Galicia na Unión Europea. Explica-la situación de España no mundo.

* Identificar e analizar xeograficamente os principais problemas do mundo actual.

Cuarto curso.

Contidos.

I.1.

O nacemento do Estado moderno.

-Os Reis Católicos: os fundamentos do Estado moderno. Fundamento teórico do autoritarismo real: Maquiavelo.

-Os efectos da política centralizadora e unificadora dos Reis Católicos en Galicia.

-A expansión europea: a integración das illas Canarias e o Descubrimento de América. A importancia económica do Descubrimento: o comercio triangular. Principais productos de exportación e de importación.

I.2.

Renacemento e Reforma.

-Humanismo e crise relixiosa. Personaxes destacados do Humanismo e a súa contribución. Lutero e o protestantismo. Diferencias entre a súa doutrina e a da Igrexa católica.

-A Europa de Carlos V. A perda do poder da nobreza galega e o papel secundario de Galicia no contexto da monarquía hispánica. O voto galego en Cortes.

-A monarquía hispánica de Felipe II. Cambios territoriais en tempos dos Austrias maiores.

I.3.

A Europa do Barroco.

-A crise demográfica e social. A estructura social e política de Galicia.

-Transformacións económicas: o mercantilismo.

-Transformacións políticas: o absolutismo. O fundamento teórico do absolutismo: Hobbes, Bossuet. A crítica teórica contra o absolutismo: Locke.

-A Europa de Westfalia.

-O século de ouro español. O barroco galego.

I.4.

O século das luces.

-A Ilustración. A crítica do Antigo Réxime. Ilustrados máis destacados polas súas críticas contra o absolutismo. Xustificacións das súas teorías.

-O despotismo ilustrado e o parlamentarismo inglés.

-O reformismo borbónico en España e América. O caso galego. Mapa da configuración administrativa da monarquía hispánica no século XVIII.

II.1.

A Revolución francesa. A Europa napoleónica. Restauración e revolucións liberais.

-A Europa napoleónica e a da Restauración: mapa comparativo.

-A independencia dos EE.UU e da América española. Líderes e a súa contribución no proceso independentista norteamericano. Mapa do proceso independentista da América española.

II.2.

A revolución industrial.

-As transformacións económicas e sociais. O auxe da burguesía e o nacemento do proletariado. Contrastes entre a vida e os costumes da burguesía e do proletariado.

-Lento crecemento económico e sociedade de base agraria en Galicia. Dous enclaves industriais en Galicia: Ferrol e Sargadelos.

-O movemento obreiro. O movemento ludista en Galicia. Outras formas de protesta proletaria en Galicia e as súas repercusións.

II.3.

España no século XIX.

-Crise do Antigo Réxime: guerra e revolución.

-A construcción do Estado liberal: o reinado de Isabel II. Fundamentos teóricos do liberalismo político. As novas organizacións administrativas de España e de Galicia. Representación cartográfica.

-Aparición do pensamento liberal en Galicia. O pronunciamento.

-O sistema da Restauración e a crise de final de século. O caciquismo en Galicia.

-Arte e cultura do século XIX.

-O Rexurdimento galego.

II.4.

A época do imperialismo.

-Nacionalismo e a expansión colonial. Representación cartográfica da expansión colonial.

-O galeguismo: rexionalismo e nacionalismo.

-A I Guerra Mundial. Eixe cronolóxico dos acontecementos bélicos da contenda. A Paz de París. O novo mapa europeo: diferencias co mapa de 1914.

-A cultura europea no s. XIX: do Romanticismo ó Impresionismo.

II.5.

Período de entreguerras.

-A Revolución rusa.

-A Gran depresión.

-Ascenso do totalitarismo. Analoxías e diferencias entre o nazismo e o fascismo.

-Arte e cultura do s. XX. As Vangardas.

II.6.

España no primeiro tercio do s. XX.

-O reinado de Alfonso XIII. O agrarismo en Galicia.

-A II República. O proceso estatutario: o Estatuto do 36. Análise comparativa co actual.

-A Guerra civil. Eixe cronolóxico e principais feitos bélicos.

III.1.

A II Guerra mundial e as súas consecuencias.

-Eixe cronolóxico e principais feitos da contenda. Modificacións territoriais en 1945.

-A nova orde internacional. A ONU.

-A Guerra Fría e a descolonización. Comparación ideolóxica e institucional dos bloques. Mapas representativos dos principais conflictos da Guerra Fría.

III.2.

O mundo occidental.

-A hexemonía dos EE.UU.

-A construcción da unidade europea. Evolución cronolóxica do proceso integrador.

III.3.

O mundo comunista.

-A URSS e as democracias populares.

-Situación da Europa do Leste. Modificacións territoriais trala caída do comunismo.

-China: do maoísmo á actualidade.

III.4.

España durante o franquismo.

-Réxime político e relacións internacionais.

-Evolución económica e social. A emigración galega.

-A oposición ó franquismo. O caso galego.

III.5.

A España democrática.

-A transición. A Constitución de 1978 e o Estado das Autonomías. Nova división territorial.

-O Estatuto de autonomía.

-Os gobernos democráticos e a integración europea. O impacto da integración en Galicia.

-Eixe cronolóxico dos principais feitos políticos desta etapa. Análise dun proceso electoral a nivel galego ou estatal.

-Sensibilidade e preocupación polo rigor e obxectividade na busca e interpretación da información histórica.

-Valoración dos vestixios do pasado e disposición a actuar de maneira favorable á súa conservación.

-Valoración positiva da súa propia lingua como vehículo imprescindible no desenvolvemento da identidade persoal.

-Tolerancia, respecto e valoración crítica de épocas e sociedades distintas da propia, valorándoas como elementos enriquecedores da existencia colectiva da sociedade.

-Curiosidade por indagar na orixe das tensións e dos conflictos no mundo contemporáneo.

-Valoración dos dereitos humanos como unha conquista histórica.

-Interese por coñecer obras artísticas de épocas distintas para desenvolve-lo gusto estético persoal.

-Respecto polo patrimonio cultural da propia comunidade e interese pola súa conservación.

-Toma de conciencia da responsabilidade colectiva na conservación da paz mundial fronte a calquera ameaza.

-Sensibilidade ante os problemas sociais derivados das situacións de desigualdade. Solidariedade e rexeitamento de toda discriminación por razón de idade, xénero, etnia, relixión, nacionalidade, etc., e participación na defensa dos dereitos fundamentais das persoas.

Criterios de avaliación.

* Coñecer, analizar e valora-los cambios que, no ámbito político, social, económico e intelectual, caracterizan a modernidade europea e internacional, relacionándoos cos propios da historia de España e de Galicia.

* Enumera-las transformacións do século XVIII, incidindo nas propias do reformismo borbónico en España e América.

* Distingui-los cambios políticos que conducen á crise do Antigo Réxime e ás revolucións liberais, así como a súa repercusión en España e Galicia, destacando as dificultades para a construcción do estado liberal.

* Comprende-las transformacións económicas, sociais e culturais que acompañan a Revolución industrial, así como os acontecementos máis relevantes que explican o protagonismo de Europa durante a época do imperialismo, as súas consecuencias e o seu declive.

* Caracteriza-los feitos e conflictos da primeira metade do século XX e, de xeito específico, os que afectaron a España e a Galicia.

* Comprende-las profundas transformacións operadas despois da II Guerra Mundial, destacando a división do mundo en bloques e as características esenciais de cada un deles, o proceso de integración europea e os problemas derivados da descolonización.

* Subliña-la transcendencia da construcción europea e a participación de España neste proceso.

* Valora-los principios e as institucións básicas dos sistemas democráticos e recoñecelos na vixente Constitución española. Situa-la Constitución de 1978 dentro do proceso de transición democrática, destacando a súa proxección na vida pública e na articulación territorial do Estado.

* Analiza-los cambios máis recentes operados no panorama político internacional, identificando, valorando e debatendo de modo crítico os principais problemas morais do mundo actual, así como as diferentes posicións éticas que manifestan.

Área de educación física

Introducción.

Na sociedade actual séntese, cada vez máis, a necesidade de incorporar á cultura e á educación aqueles coñecementos que, relacionados co corpo e coa actividade motriz, contribúen ó desenvolvemento persoal e a unha mellora na calidade de vida. Ó home do século XXI resúltalle imprescindible a exercitación do corpo se non quere ver atrofiadas prematuramente moitas das súas funcións e capacidades corporais. É a través do corpo e do movemento como a persoa se relaciona co contorno.

Polo tanto, o desenvolvemento harmónico e integral do ser humano trae consigo ineludiblemente a inclusión na formación da xuventude daquelas ensinanzas que van potencia-lo desenvolvemento das súas capacidades e habilidades motrices, profundando no coñecemento desta conducta como organización significante do comportamento humano, e asumindo actitudes, valores e normas con referencia ó corpo e ós seus movementos.

Por outra parte, a escasa actividade corporal despregada no actual sistema de vida (desprazamentos en vehículos, substitución dos traballos realizados directamente polas persoas por traballos de máquinas apropiadas, vivendas con espacios pequenos, reducción progresiva do tempo de traballo, etc.) conduce a que cada vez se lles dea maior importancia ás actividades físicas, como as de equilibrio psicofísico e as de mantemento de ocupación do tempo libre.

O corpo e o movemento son os eixes básicos nos que se debe centra-la acción educativa da área. Neste sentido, resáltase a importancia do coñecemento corporal vivenciado e do movemento, non só polo seu valor funcional, senón tamén polo carácter integrador que ten. Trátase, pois, da educación do corpo e do movemento polo valor propio e intrínseco que ten esta formación, e tamén de educación a través

do corpo e do movemento para lograr outros obxectivos igualmente importantes no modo de vida actual (saúde, ocio, reducción do estrés, etc.).

A concepción de educación física que se propón intenta integra-las distintas correntes que actualmente coexisten. Neste sentido, admítese a validez das distintas funcións asignadas á educación física polas ditas correntes: función de coñecemento; anatómico funcional; estética e expresiva; comunicativa e de relación; hixiénica; agonística; catártica e pracenteira e de comprensión; en definitiva, a educación física recoñece a multiplicidade de funcións, contribuíndo a través delas á consecución dos obxectivos xerais da educación obrigatoria, polo que debe recoller todo o conxunto de prácticas corporais e non aspectos parciais delas.

As liñas de actuación ou as orientacións cara ás que deben dirixirse as accións educativas concrétanse en:

-Educación no coidado do corpo e da saúde.

-Educación para a mellora corporal.

-Educación para a mellora da forma física.

-Educación da utilización constructiva do ocio mediante a práctica de actividades recreativas e deportivas individuais e colectivas.

O deporte, considerado como unha parte específica de conductas motrices, ten o valor social de se-la forma máis habitual de entender e practica-la actividade física no noso contexto social e cultural. En xeral, a valoración social da práctica deportiva corresponde a formulacións competitivas, selectivas e restrinxidas a unha soa especialidade, que non sempre son compatibles coas intencións educativas do currículo escolar. O deporte na área de educación física debe ter un carácter aberto, sen que a participación se supedite ás características de sexo, niveis de habilidade ou outros criterios de discriminación, e non debe responder a formulacións competitivas, selectivas e restrinxidas a unha soa especialidade. O que non quere dicir que teñamos que desterra-la competición das prácticas deportivas, pois esta ten un alto valor motivador para o alumno, sempre que se utilice con criterios estrictamente educativos e acompañada de prácticas que fomenten a colaboración. Ó longo da etapa

débese promover e facilitar que o alumno domine un número variado de actividades corporais e deportivas.

As actividades, nesta etapa, deixan de ter un sentido máis recreativo, para seguir un tratamento cada vez máis específico no desenvolvemento dos contidos, tanto de condición física, cunha clara orientación cara á saúde, como das habilidades específicas, onde se inclúen os xogos e deportes, as calidades motrices, as actividades no medio natural e as actividades de ritmo e expresión, sen esquece-lo compoñente socializador delas.

Na educación secundaria obrigatoria a área de educación física debe contribuír ó logro dos obxectivos

xerais da etapa. Non basta con desenvolve-las capacidades instrumentais e habituarse á práctica continuada de actividades físicas, senón que ademais temos que vincular esa práctica a unha escala de valores, actitudes e normas e ó coñecemento dos efectos que esta ten sobre o desenvolvemento persoal e socializador. A área debe contribuír tamén á consolidación de hábitos, valores e actitudes que favorezan a saúde e un mellor nivel de calidade de vida.

Obxectivos.

* Coñecer e valora-los efectos beneficiosos, riscos e contraindicacións que a práctica regular da actividade física ten para a saúde individual e colectiva.

* Practicar de forma habitual e sistemática actividades físicas co fin de mellora-las condicións de saúde e calidade de vida.

* Valora-lo estado das súas capacidades físicas e habilidades específicas e planificar actividades que lle permitan satisface-las súas necesidades.

* Realizar e coñecer tarefas dirixidas á mellora da condición física e ás condicións de saúde e calidade de vida, facendo un tratamento discriminado de cada capacidade.

* Incrementa-las súas posibilidades de rendemento motor mediante o acondicionamento e mellora das capacidades físicas e o perfeccionamento das súas funcións de axuste, dominio e control corporal.

* Coñecer e practicar modalidades deportivas individuais, colectivas e de adversario, aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo.

* Participar, con independencia do nivel de habilidades alcanzado, en xogos e deportes (convencionais, recreativos e populares) colaborando coa organización de campionatos, valorando os aspectos de relacións que fomentan e mostrando actitudes de tolerancia e deportividade.

* Deseñar e realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental, contribuíndo á súa conservación e mellora.

* Realizar actividades deportivas e recreativas cun nivel de autonomía aceptable na súa execución.

* Coñecer e utilizar técnicas básicas de relaxación como medio para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e/ou na práctica físico-deportiva.

* Valorar, deseñar e practica-las habilidades expresivas en actividades de expresión corporal, sistemas rítmicos, danzas e bailes como medio de comunicación e expresión creativa e de desinhibición.

Primeiro curso.

Contidos.

-O quecemento. Concepto. Fases. Execución de exercicios de aplicación ó quecemento xeral.

-Condición física. Concepto. Factores que inciden na condición física (hábitos, idade...). Capacidades físicas relacionadas coa saúde.

-Acondicionamento xeral das capacidades físicas relacionadas coa saúde.

-Práctica de carreira continua, xogos e exercicios dinámicos de forza xeral e estiramentos.

-Práctica de exercicios de mantemento das posicións corporais (actitude postural) en situacións de sentado (estudio) e no levantamento e transporte de cargas pesadas (carteiras).

-Exercitación da musculatura de sostén mediante a realización de exercicios de mobilidade articular, de fortalecemento muscular e de relaxación.

II.1.

Xogos e deportes. Introducción ás habilidades específicas.

-O movemento coordinado: equilibrio e axilidade.

-Habilidades ximnásticas globais: saltos, equilibrios, trepas, etc.

-Iniciación ás habilidades atléticas: desprazamentos, saltos e lanzamentos.

-Clasificación dos xogos deportivos: convencionais, tradicionais e recreativos.

-Coñecemento e práctica de xogos e deportes populares e tradicionais galegos:

-Xogos de mariola ou truco (coas súas variantes: mariola, o avión, ringo-rango, o caracol, á unha dame a mula).

-Xogos das boliñas, xogos de bolos (bólos ó canteiro, bólos celtas,...), pandas (nas múltiples variantes: ovo, pico e araña, churra monta na burra, o espolique, lombas ou burras...), trompos.

-Práctica de xogos regrados e adaptados que faciliten a aprendizaxe dos fundamentos técnicos/tácticos e as estratexias de ataque e defensa comúns ós deportes colectivos.

-Realización de actividades cooperativas e competitivas encamiñadas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo.

-Participación de forma activa nos diferentes xogos e actividades deportivas.

II.2.

No medio natural.

-Posibilidades que ofrece o medio natural para realizar actividades físico-deportivas: terra, ar e auga.

-Habilidades de manipulación dos elementos naturais (construcción de refuxios, bivaque, lumes) e adquisición de técnicas básicas manipulativas: lazos, hamacas etc.

-Iniciación ó plano e á escala e utilización do compás (búxola).

-Identificación de sinais de rastrexo e realización de percorridos polo centro e o seu contorno natural.

II.3.

Ritmo e expresión.

-Práctica de actividades expresivas encamiñadas a consegui-la cohesión do grupo.

-Experimentación de actividades tendentes a rompe-los bloqueos e inhibicións persoais.

-O tempo e o ritmo.

-Experimentación de actividades nas que se combinan distintos ritmos e se manexan diversos obxectos.

-Valoración do quecemento xeral para prever lesións en toda actividade física.

-Responsabilidade no mantemento e/a mellora da condición física en función das propias posibilidades como medio para mellora-la saúde.

-Respecto polas normas de hixiene, prevención e seguridade na práctica da actividade física.

-Participación de forma activa nos diferentes xogos e actividades deportivas, aceptando as normas e antepoñéndoas á eficacia.

-Superación de medos e inhibicións motrices.

-Comportamento tolerante con compañeiros e compañeiras que non teñen o mesmo nivel de destrezas ou a mesma capacidade física.

-Valoración positiva do uso expresivo do corpo e do movemento, aceptando a propia imaxe, tendo unha actitude desinhibida.

-Aceptación e respecto das normas para a conservación e mellora do medio natural e urbano.

Segundo curso.

Contidos.

-O quecemento xeral. Obxectivos. Pautas para a súa elaboración. Recompilación e posta en práctica dos diferentes tipos de exercicios aplicados ó quecemento xeral.

-Capacidades físicas relacionadas coa saúde: resistencia aeróbica e flexibilidade. Concepto. Control da intensidade do esforzo pola frecuencia cardíaca: toma de pulsacións, cálculo e realización de esforzos dentro da súa zona de actividade.

-Acondicionamento da resistencia aeróbica: carreira continua, adestramento total e xogos...

-Acondicionamento da flexibilidade: exercicios estáticos e dinámicos.

-Práctica dos diferentes tipos de respiración: clavicular, torácica e abdominal.

II.1.

Xogos e deportes. Introducción ás habilidades específicas.

-Execución de distintas combinacións de habilidades ximnásticas e acrobáticas.

-Características básicas e comúns das habilidades deportivas: normas, regras, aspectos técnicos e tácticos.

-Realización de tarefas dirixidas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos básicos, principios tácticos básicos e regulamentarios dun deporte colectivo.

-Escolma e práctica dos xogos tradicionais da zona.

-Práctica de actividades deportivas individuais relacionadas co atletismo, bádminton... e colectivas relacionadas co mini basquet, voleipraia, mini-balonmán, de ocio e recreación.

II.2.

No medio natural.

-Adquisición e posta en práctica de técnicas básicas para a montaxe de tendas de campaña.

-Nocións sobre supervivencia e acampada: normas de seguridade, elección do terreo e precaucións que hai que ter en conta para montar tendas.

-O sendarismo: Concepto de sendarismo. Tipos de senda, material e vestimenta necesaria. Realización dun percorrido de sendarismo.

-Características do medio natural: topografía e recoñecemento de formas e elementos da paisaxe.

II.3.

Ritmo e expresión.

-Experimentación de actividades encamiñadas ó dominio, ó control corporal e á comunicación cos demais: os xestos e as posturas.

-Combinación de movementos de distintos segmentos corporais con desprazamentos seguindo unha secuencia rítmica.

-Execución de pasos sinxelos de danzas colectivas.

-Valoración dos efectos positivos que a actividade física e os hábitos hixiénicos teñen sobre a condición física e a saúde.

-Toma de conciencia da propia condición física e predisposición a mellorala cun traballo adecuado.

-Recoñecemento e valoración da relación existente entre a adopción dunha postura correcta na realización de actividades físicas e no traballo diario de clase.

-Respecto e aceptación de normas e regulamentos.

-Valoración da propia habilidade como punto de partida para a superación persoal.

-Valoración dos xogos e deportes autóctonos como vínculo e parte do patrimonio da nosa comunidade.

-Aceptación das diferencias individuais e respecto ante a execución dos demais.

-Valoración das produccións culturais da nosa comunidade que existen no campo da expresión corporal.

-Toma de conciencia dos usos e abusos de que está sendo obxecto o medio urbano e natural.

-Toma de conciencia dos efectos que determinados hábitos sociais teñen no organismo: tabaquismo, alcoholismo e sedentarismo.

Criterios de avaliación.

* Confeccionar autonomamente un catálogo dos diferentes exercicios que se poidan utilizar para elaborar quecementos xerais.

* Incrementa-las capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante os dous cursos, mellorando con respecto ó seu nivel de partida.

* Emprega-la respiración como técnica que favorece o autocontrol.

* Utiliza-las técnicas básicas das actividades no medio natural que se leven á práctica e adoptar unha actitude crítica ante a falta de coidado e conservación á que o dito medio está sometido.

* Emprega-las habilidades específicas aprendidas en situacións reais de práctica, prestando atención ós elementos de percepción e decisión.

* Practicar, en situacións reais de práctica, xogos e deportes, aplicando as regras, a técnica, e elaborar estratexias de ataque e defensa.

* Participar de forma activa na realización de actividades físico-deportivas, respectando as regras e normas establecidas e responsabilizándose da adecuada utilización dos materiais e instalacións.

* Mostrar unha actitude de tolerancia e deportividade, tanto cando se adopta o papel de participante coma o de espectador.

* Acepta-las diferencias de habilidade, sen que sexan obxecto de discriminación por razóns de sexo, raza, capacidade física, etc.

* Practicar actividades expresivas (mimo, danza...) sinxelas en pequenos grupos ou individual, dándolles un matiz expresivo e adaptando, se é o caso, a execución á dos compañeiros.

* Manifestar, individual e colectivamente, estados de ánimo e ideas, empregando técnicas de dinámica de grupo e de expresión xestual.

Terceiro curso.

Contidos.

-O quecemento xeral. Efectos. Elaboración e posta en práctica de quecementos xerais.

-Capacidades físicas relacionadas coa saúde: resistencia e flexibilidade. Clasificación e métodos de adestramento.

-Aplicación de métodos específicos de adestramento da resistencia aeróbica: carreira continua uniforme, adestramento total, carreira variable e outros.

-Aplicación do método estático e dinámico no traballo da flexibilidade.

-Efectos do traballo de resistencia aeróbica e flexibilidade sobre o estado de saúde.

II.1.

1. Habilidades deportivas.

-Aspectos técnicos, tácticos e regulamentarios dos deportes que se van practicar.

-Realización de actividades cooperativas e competitivas dirixidas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos e tácticos dun deporte colectivo.

-Adquisición das técnicas básicas de diferentes modalidades do atletismo.

-Práctica de actividades encamiñadas á aprendizaxe doutro deporte individual ou de adversario.

II.2.

No medio natural.

-Adquisición de técnicas básicas de orientación: lectura de mapas e realización de percorridos de orientación.

-Nocións básicas sobre orientación. Normas de seguridade que hai que ter en conta para a realización de percorridos de orientación no medio urbano e natural.

-Realización de actividades no medio natural: sendarismo, acampada, rutas ecolóxicas e culturais, itinerarios...

II.3.

Ritmo e expresión.

-Práctica dirixida á toma de conciencia dos distintos espacios utilizados na expresión corporal: espacio interior, espacio físico, espacio parcial ou propio e espacio social.

-Realización de movementos combinando as variables de espacio, tempo e intensidade.

-Práctica de movementos, globais e segmentarios, cunha base rítmica.

-Utilización de técnicas básicas de relaxación, respiración e concentración.

-Realización de actividades rítmicas, destacando o seu valor expresivo.

-Recoñecemento do efecto positivo que a práctica da actividade física produce no organismo.

-Toma de conciencia dos efectos que determinados hábitos sociais teñen no organismo: tabaquismo, alcoholismo, sedentarismo, anabolizantes e dieta.

-Actitude crítica ante os fenómenos socioculturais asociados ás actividades físico-deportivas.

-Participación, con independencia do nivel acadado, en actividades deportivas colectivas, acatando as normas e asumindo as funcións individuais dentro do grupo.

-Actitude de autosuperación e disposición favorable á utilización dos mecanismos de autocontrol.

-Valoración e aceptación das normas de seguridade e protección das instalacións específicas, do medio natural e do urbano.

Criterios de avaliación.

* Elaborar autonomamente quecementos xerais.

* Incrementa-las capacidades físicas de resistencia e flexibilidade respecto a si mesmo e ó contorno de referencia e tendo en conta sobre todo a súa superación persoal.

* Utiliza-las modificacións da frecuencia cardíaca e respiratoria como indicadores da intensidade do esforzo.

* Analiza-los efectos duradeiros, que son beneficiosos para a saúde, do traballo de resistencia aeróbica e de flexibilidade.

* Realizar actividades no medio natural que teñan como finalidade aprender a desenvolverse nel, comprometéndose ó seu coidado e conservación.

* Coordina-las accións propias coas do equipo, participando no deporte seleccionando de forma cooperativa, mostrando unha actitude de tolerancia e deportividade, tanto sexa no papel de participante como de espectador.

* Resolver problemas de decisión xurdidos na realización de actividades deportivas utilizando habilidades específicas e avaliando o axuste da execución ó obxecto previsto.

* Acepta-las diferencias de habilidade, sen que sexan obxecto de discriminación por razóns de sexo, raza, capacidade física, etc.

* Practicar actividades expresivas (mimo, danzas colectivas...), dándolles un matiz expresivo e adaptando a execución á dos compañeiros.

Cuarto curso.

Contidos.

-O quecemento específico. Características. Pautas para a súa elaboración. Realización e posta en práctica de quecemento despois da análise da actividade física que se realiza.

-Capacidades físicas relacionadas coa saúde: forza e resistencia muscular e a velocidade. Concepto. Manifestacións básicas. Tipos de exercicios.

-Acondicionamento da forza-resistencia mediante a práctica de exercicios localizados e en parellas. Elaboración dun repertorio de exercicios de forza.

-A postura corporal nas actividades cotiás. Análises dos malos hábitos e a súa corrección.

-Efectos do traballo de forza, resistencia muscular e velocidade sobre o estado de saúde.

-Elaboración e posta en práctica dun plan de traballo da resistencia aeróbica e da flexibilidade.

II.1.

Habilidades deportivas.

-Realización de actividades encamiñadas á aprendizaxe e perfeccionamento dun deporte colectivo e doutro individual.

-Planificación de propostas de actividades aplicables ós deportes que se están practicando, levándoas á práctica de forma autónoma.

-Práctica de actividades deportivas individuais e colectivas de ocio e recreación.

-Planificación e organización de campionatos deportivos.

II.2.

No medio natural.

-Aspectos xerais que hai que considerar na organización de actividades no medio natural.

-Perfeccionamento e profundización de técnicas de orientación. Localización de controis seguindo a simboloxía internacional.

-Relación entre a actividade física, a saúde e o medio natural.

-Planificación e realización de actividades no medio natural: cicloturismo, excursións, travesías, exploracións, itinerarios e rutas ecolóxicas e culturais...

II.3.

Ritmo e expresión.

-Prácticas de actividades rítmicas cunha base musical.

-Directrices que hai que seguir para a elaboración de deseños coreográficos.

-Creación dunha composición coreográfica colectiva con apoio dunha estructura musical incluíndo os diferentes elementos: espacio, tempo e intensidade.

-Introducción ós métodos de relaxación: Jacobson, Schultz, tai-chi...

-Participación e contribución ó traballo en grupo.

-Toma de conciencia da importancia de evitar actitudes posturais inadecuadas.

-Cooperación e aceptación das funcións atribuídas dentro dun labor de equipo.

-Actitude responsable da mellora da propia condición física.

-Valoración da disposición desinteresada na participación e organización de actividades como esencia dun espírito olímpico.

-Valoración obxectiva dos elementos técnicos, tácticos e plásticos do deporte, independentemente da persoa e/ou equipo que o realice.

-Toma de conciencia do impacto que teñen algunhas actividades físico-deportivas sobre o medio en que se realizan.

Criterios de avaliación.

* Realizar quecementos xerais e específicos adecuados ás actividades físicas que practica, de forma autónoma.

* Incrementa-las capacidades físicas de resistencia, flexibilidade, forza, resistencia muscular e velocidade respecto a si mesmo e ó contorno de referencia e tendo en conta, sobre todo, a súa superación persoal.

* Deseñar, de forma autónoma, un plan de traballo encamiñado á mellora da resistencia aeróbica e da flexibilidade.

* Analiza-los efectos duradeiros, que son beneficiosos para a saúde, do traballo de forza e velocidade.

* Comportarse respectuosamente co medio natural, planificar e utiliza-las técnicas adecuadas no desenvolvemento de actividades físicas na natureza.

* Coordina-las accións propias coas do equipo, participando no deporte seleccionado de forma cooperativa.

* Practicar deportes colectivos, de ocio e recreación, aplicando as regras, a técnica, e elaborar estratexias de ataque e defensa.

* Participar de forma activa na realización de actividades físico-deportivas mostrando unha actitude de tolerancia e deportividade, tanto no papel de participante coma no de espectador.

* Acepta-las diferencias de habilidade, sen que sexan obxecto de discriminación, por razóns de sexo, raza, capacidade física, etc.

* Utilizar técnicas de relaxación para recobra-lo equilibrio psico-físico e como preparación para o desenvolvemento doutras actividades.

* Realizar, mediante a aplicación de técnicas básicas, produccións artísticas sinxelas, cooperando cos compañeiros e dándolles un matiz expresivo.

Área de educación plástica e visual

Introducción.

Na etapa dos 12 ós 16 anos o alumnado adquire destrezas e fai análises máis particulares e específicas que nas idades anteriores, polo que as materias de música e educación plástica e visual, que en e. primaria formaban unha soa área, van diferenciarse na e. secundaria en dúas independentes.

Neste momento histórico de diversidade e complexidade visual, faise necesario o coñecemento da linguaxe gráfico-plástica co fin de observar, analizar e reflexionar criticamente sobre a realidade que nos rodea. Unha realidade ateigada de imaxes gracias á enorme difusión dos medios de comunicación de masas.

A linguaxe visual, fronte a outras linguaxes, convértese na idónea, en determinadas circunstancias, coas vantaxes e inconvenientes que iso supón. O alumnado ten que ser consciente de que a imaxe non é a realidade. Ás veces a imaxe contribúe a amplia-la información sobre a realidade; outras, ofrece unha información parcial dela e, nalgunhas ocasións, pódese incluso falsifica-la realidade manipulando a información visual.

A educación plástica e visual, mediante o coñecemento da súa linguaxe específica, posibilitaralles ós alumnos/as unha profundización na realidade visual, e á súa vez un afastamento crítico dela.

Xa sabemos que unha porcentaxe elevadísima da información cotiá que recibimos é visual; outra porcentaxe importante é táctil. As sensacións visuais e táctiles que os/as alumnos/as reciben da realidade natural, artificial e virtual contribúen ó seu desenvolvemento como individuos.

A educación plástica e visual permitiralle ó alumnado aprender a ve-la realidade no seu conxunto e poñerao en condicións de expresarse e comunicarse cos demais potenciando a súa sensibilidade emotiva, a súa capacidade creativa e as súas habilidades e destrezas gráfico-plásticas.

Esta área contribúe ó desenvolvemento, nos alumnos/as, do pensamento diverxente posto que calquera proposta de traballo admite numerosas solucións.

A educación plástica e visual non está orientada á formación de artistas senon á formación integral dos alumnos/as achegando as bases dun punto de vista distinto ó das outras áreas para, entre todas, contribuír á trasmisión do coñecemento humano.

Por todo iso a materia está organizada cunha idea central, a linguaxe visual, que se mantén en toda a etapa dándolles continuidade ós bloques de contidos ó longo dos tres cursos.

Os contidos da educación plástica e visual son conceptuais, pero o proceso de ensino-aprendizaxe, o desenvolvemento da materia, é procedemental.

No primeiro ciclo preténdese un achegamento á linguaxe gráfico-plástica cun tratamento dos contidos claramente motivador co fin de que os/as alumnos/as vaian adquirindo destrezas e habilidades no uso dos distintos medios expresivos.

A educación plástica e visual non só vai encamiñada a proporcionaralles ós alumnos/as os recursos e os coñecementos necesarios que lles permitan observar, analizar, gozar e critica-la realidade visual; tampouco facilitará só a expresión creativa e a comunicación cos demais mediante o dominio dos materiais, técnicas e terminoloxía específica da linguaxe visual, senón que tamén contribuirá ó coñecemento do patrimonio artístico galego, das obras e dos seus autores; á valoración da importancia da recuperación, conservación e restauración dos bens e ó recoñecemento do labor museístico, da función dos premios e concursos artísticos, das galerías de arte e do coleccionismo.

Obxectivos.

* Percibir e interpreta-las imaxes e as formas do contorno natural e cultural, potenciando a sensibilidade, a memoria visual e a imaxinación.

* Considerar e aprecia-lo feito artístico como fonte de goce estético e como parte integrante do patrimonio cultural, contribuíndo activamente ó seu respecto, conservación e mellora, enfatizando as manifestacións propias da cultura galega.

* Aplica-la linguaxe plástica e visual noutras áreas do currículo, establecendo relacións coas demais linguaxes buscando o modo máis persoal e expresivo de comunicar.

* Adquirir e empregar con precisión a terminoloxía específica da linguaxe plástica e visual.

* Estimula-la expresión creativa valorando o personalismo expresivo, a sensibilidade, a orixinalidade e a análise das representacións obxectivas ou subxectivas, individuais ou colectivas.

* Valora-la importancia da linguaxe visual e plástica como medio de expresión e comunicación que contribúe a superar inhibicións e, polo tanto, axuda ó benestar persoal.

* Respectar e apreciar outros modos de expresión visual e plástica distintos do propio e dos dominantes no contorno, superando estereotipos e convencionalismos, elaborando xuízos e criterios persoais que permitan actuar con iniciativa e autonomía.

* Participar en actividades de grupo planificando individual e conxuntamente as fases do proceso para adecualas ós fins que se pretenden acadar. Adoptar actitudes de flexibilidade, solidariedade, tolerancia e interese, superando prexuízos e rexeitando calquera tipo de discriminación.

* Coñecer e aplicar correctamente diversas técnicas e desenvolver destrezas que favorezan e amplíen a capacidade expresiva, valorando o esforzo e o afán de superación que supón o proceso creativo.

* Facer uso dos hábitos adquiridos de observación, atención, precisión, pulcritude, reflexión, análise crítica e revisión nas distintas fases de elaboración dunha obra individual ou colectiva.

Primeiro curso.

Contidos.

-A imaxe como medio de expresión e coñecemento.

-Análise das diferentes linguaxes visuais: prensa, televisión, deseño gráfico, artes plásticas e as súas funcións: informativa, expresiva, comunicativa e estética.

-Símbolos, signos e sinais. Significante e significado.

-Elementos configurativos da linguaxe visual.

-A percepción. Relación forma e contorno. Relación de formas entre si.

-Fundamentos expresivo-descritivos: o punto, a liña, o plano.

-A cor como fenómeno físico e visual: cores matéricas e cores luz. Cores primarias e secundarias.

-O círculo cromático. Gamas, harmonías e contrastes.

-A textura como medio de achegamento sensorial: texturas visuais e táctiles.

-Instrumentos para o trazado xeométrico: regras, modelos, transportador de ángulos e compás.

-Concepto de medida. Transporte de medidas.

-O bidimensional: representación de formas e figuras planas. Clasificación das formas. Formas naturais e artificiais.

-Estructura da forma. Dirección horizontal, vertical, oblicua e curva. Relacións entre direccións: paralelismo e perpendicularidade, mediatriz, bisectriz.

-División dun segmento: Teorema de Tales. Equidistancias.

-Formas xeométricas básicas: desenvolvementos sinxelos: triángulos, cuadriláteros, polígonos regulares inscritos.

-A circunferencia: división.

-Análise comparativa das figuras planas: igualdade e semellanza.

-Concepto espacial. Relacións cerca-lonxe entre formas planas. Cambios de tamaño, por superposición, contacto, separación ou transparencia.

-O espacio: percepción e representación.

-A iluminación como definidora do volume. Valor representativo e expresivo da luz na forma e no ambiente.

-Formas volumétricas básicas. Desenvolvementos sinxelos: prismas, pirámides, cilindros, conos, esferas.

-Representación de figuras do natural, mediante o encaixe e o claroscuro.

-O tridimensional. Espacio cheo, espacio baleiro.

-Adquisición do léxico propio da área.

-Achegamento experimental ós distintos soportes e técnicas gráfico-plásticas como recurso expresivo: lapis de cores, ceras, rotuladores, tintas, témperas, colaxe, madeira, cartón.

-Iniciación ó gravado, litografía e estampación.

-Achegamento ás tendencias culturais plásticas propias do patrimonio visual galego.

-Interese pola axeitada realización dos traballos artísticos desenvolvidos.

-Sensibilidade ante os fenómenos visuais e a obra estética.

-Hábito de atención para recoller información visual.

-Curiosidade por coñece-la cultura visual galega.

-Interese pola aprendizaxe das técnicas gráfico-plásticas.

-Aceptación e cumprimento das normas básicas de organización.

-Hábito de coidado ó material e instrumental propio da área.

-Respecto ante as execucións plásticas dos compañeiros.

-Interese pola realización de traballos en equipo.

-Aprecio polas manifestacións culturais galegas.

-Curiosidade polas produccións artísticas do contorno.

Criterios de avaliación.

* Recoñece-las distintas manifestacións da linguaxe visual nas imaxes do contorno e clasificalas segundo a súa finalidade.

* Describir gráfica e plasticamente unha forma dada identificando os seus elementos constitutivos: configuración estructural, textura e cor.

* Diferencia-la variedade de texturas visuais e táctiles que se poden producir con diversas técnicas e materiais.

* Describir graficamente formas identificando a súa orientación espacial e a relación entre as súas direccións.

* Representar figuras do natural mediante o encaixe e o claroscuro.

* Debuxar formas xeométricas simples empregando procedementos técnicos axeitados.

* Representar con formas planas sensacións espaciais, utilizando cambios de tamaño, superposicións e contrastes.

* Representar un espacio do contorno, utilizando como recurso expresivo o contraste lumínico.

* Valorar-los aspectos estéticos dos feitos artísticos contemporáneos e dos que compoñen o patrimonio cultural galego.

Terceiro curso.

Contidos.

-A comunicación visual.

-Símbolos e signos. Anagramas, logotipos, marcas e pictogramas.

-Lectura obxectiva e subxectiva da imaxe.

-Imaxe fixa e imaxe en movemento.

-A liña como elemento expresivo.

-A cor como fenómeno físico e visual. Mesturas aditivas e substractivas.

-Texturas xeométricas e orgánicas, naturais e artificiais.

-Formas naturais e artificias. Formas xeométricas e orgánicas. Formas abertas e pechadas.

-Formas curvas e formas poligonais na natureza e na arte.

-A forma obxectiva e a forma subxectiva.

-Concepto de proporción e módulo. Estructuras modulares bidimensionais básicas.

-A forma e o contorno. Organización dos elementos no plano.

-Peso, equilibrio e ritmo.

-Perspectiva cónica. Puntos de vista e puntos de fuga.

-A forma tridimensional no espacio plano: vistas de sólidos sinxelos, perspectiva isométrica, perspectiva cabaleira e perspectiva cónica.

-Procedementos gráficos, pictóricos e escultóricos.

-Posibilidades expresivas de distintos soportes e técnicas.

-Obras e artistas galegos.

VII.

Apreciación do proceso de creación das artes visuais.

-Da idea á obra final.

VIII.

Actitudes, valores e normas.

-Apreciar e goza-los fenómenos estéticos.

-Ser consciente de que os avances da técnica e da tecnoloxía proporcionan novos medios e materiais ó campo artístico.

-Respecta-los traballos, solucións e opinións dos compañeiros e contrastar coas propias, sacando conclusións.

-Avalia-lo proceso creativo, desde a idea ata a resolución e presentación final.

-Preocuparse activamente pola conservación do patrimonio cultural galego.

-Valora-lo esforzo persoal e o afán de superación.

Criterios de avaliación.

* Analizar imaxes tendo en conta elementos básicos constitutivos da sintaxe visual.

* Selecciona-los elementos configurativos da liña e textura, adecuándoos á descrición analítica da forma.

* Diferenciar e representa-los matices da cor na natureza e no contorno.

* Representar xeometricamente formas naturais e artificiais.

* Deseñar composicións modulares sobre redes poligonais.

* Interpretar composicións buscando distintas alternativas na organización das formas.

* Describir unha forma tridimensional simple mediante a representación das súas vistas fundamentais.

* Representa-la forma tridimensional nun plano, utilizando métodos normalizados como recurso gráfico.

* Recoñecer distintos soportes e técnicas de expresión gráfico-plásticas.

* Utilizar adecuadamente técnicas gráficas segundo as intencións comunicativas.

* Recoñecer obras e artistas do patrimonio cultural galego.

Cuarto curso.

Contidos.

-Interacción das distintas linguaxes: verbal, xestual, musical, plástica.

-Lectura obxectiva e subxectiva de imaxes.

-Función socio-cultural da imaxe na historia.

-Achegamento ós media e ás novas tecnoloxías.

-A liña como abstracción da forma. Carácter expresivo do trazo e do grafismo. A liña como elemento estructurado da forma: o encaixe.

-A textura. Técnicas gráficas para a creación de tramas visuais.

-A cor. Dimensións: matiz, luminosidade, saturación. Simbolismo e psicoloxía da cor. Apreciación obxectiva e subxectiva da cor. Aplicación da cor en distintos campos da actividade humana.

-Estructura da forma. Estructura de formas naturais complexas: ramificación, traslación, expansión.

-Proporcionalidade e escala. Concepto de canon, medida módulo. A proporción na arte. Posibilidades expresivas da desproporción e deformación.

-Representación icónica da forma. Configuración abstracta.

-Representación técnica de formas planas, polígonos regulares e curvas.

-Organización do formato. Direccións e liñas de forza. Peso visual. Equilibrio.

-Leis compositivas.

-Visión e percepción. Postimaxe e imaxe persistente. Relatividade da cor. Ilusións ópticas.

-O volume no plano: escala de grises e claroscuro. Luz propia, luz lanzada, luz reflexada.

-Sistemas de representación bi e tridimensionais: dédrico, axonométrico e cónico.

-Formas modulares tridimensionais.

-Procedementos gráficos, pictóricos e escultóricos.

-Soportes e técnicas.

-Estilos.

-A imaxe no medio artístico. Artistas e movementos de vangarda do século XX. Arte galega.

VII.

Proceso de creación.

-Fases dunha obra. Bosquexo, guión, maqueta. Realización. Acabado.

-Fases dun proxecto técnico. Esbozo. Proxecto. Presentación final.

VIII.

Actitudes, valores e normas.

-Apreciar e goza-los fenómenos estéticos.

-Tomar parte en feitos de carácter artístico potenciando a responsabilidade no desenvolvemento da actividade, o respecto ás diferencias no grupo e a comunicación de ideas.

-Preocuparse activamente pola conservación do patrimonio cultural galego.

-Valora-lo esforzo persoal e o afán de superación.

-Habituarse á análise e á investigación co fin de obter información para resolver, ampliar e mellorar solucións estéticas.

Criterios de avaliación.

* Analiza-los elementos representativos e simbólicos dunha imaxe.

* Selecciona-lo tipo de liña e textura, adecuándoos á finalidade expresiva da representación gráfica.

* Cambia-lo significado dunha imaxe mediante o uso da cor.

* Analiza-la estructura de formas da natureza, determinando eixos, direccións e proporcións.

* Buscar distintas variables compositivas nun determinado campo visual, tendo en conta os conceptos de encadramento e equilibrio entre tódolos elementos constitutivos.

* Describir gráfica ou plasticamente obxectos tridimensionais identificando os seus elementos esenciais.

* Describir, mediante os distintos sistemas de representación, formas tridimensionais elementais.

* Realizar un proxecto, seleccionando entre os distintos procedementos gráficos, plásticos e visuais, o máis adecuado segundo as necesidades de expresión.

* Manexar con corrección os instrumentos e materiais axeitados ás diversas técnicas gráficas, plásticas e visuais.

* Relacionar artistas e movementos de vangarda do século XX. Recoñecer obras e artistas galegos do século XX.

Área de lingua castelá e literatura

Introducción.

A finalidade primordial da aprendizaxe, nesta etapa, da área de lingua castelá e literatura consiste en que alumnos e alumnas alcancen un dominio da lingua que lles permita comunicarse con propiedade e riqueza en calquera tipo de situación, integrarse e progresar socialmente, comprende-la realidade e recreala, así como adquirir e compartir outros saberes e experiencias. No transcurso da educación secundaria obrigatoria a didáctica estará dirixida a afianzar tódalas competencias que permiten o desempeño do idioma con precisión e fluidez -expresión oral, escoita, lectura e escrita-, considerando tamén unha iniciación ó texto literario como manifestación da dimensión estética.

Na totalidade das áreas é posible aprender lingua mentres se están a realiza-las aprendizaxes específicas. O dominio do discurso axeitado ás situacións de aprendizaxe é unha responsabilidade da escola nas diferentes áreas, materias e disciplinas xa que desde todas elas se colaborará cara ó desenvolvemento da capacidade de emprega-la linguaxe como instrumento de representación e de coñecemento. Dun xeito particular, tódalas áreas lingüísticas que buscan a mellora da capacidade de comprensión e expresión deberían participar dun marco de referencia común e duns criterios didácticos coherentes, respectando a especificidade de cada unha delas. A coordinación inter-departamental e intra-departamental cobra un especial relevo, posibilitando o exame e a posterior posta en común dos programas coas súas implicacións, conexións e diverxencias.

Nesta etapa obrigatoria, como na anterior, é necesario partir dos usos reais da lingua que utilizan alumnos e alumnas. Os diferentes contornos lingüísticos nos que viven, xunto cos factores culturais e socioecomómicos que os determinan, orixinan importantes diferencias nas competencias e usos lingüísticos dos rapaces. Asumidas estas, propiciaranse patróns lingüísticos que amplíen as súas posibilidades de comunicación. Neste enriquecimento o uso da lingua por parte do profesor e o emprego dos textos utilizados desempeñarán unha función modélica co obxecto de acadar unha maior competencia lingüística.

No primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria convén prima-la lectura e hai que afianza-lo dominio dos seus mecanismos para que a comprensión do texto non se vexa mermada, propiciando a participación do alumno no proceso lector. Neste ciclo debe coidarse moi especialmente a deducción de significados a partir do contexto e a interpretación das claves textuais. É particularmente interesante dota-lo alumnado tanto de estratexias que lles permitan supervisa-la súa propia comprensión como de pistas que aumenten a súa sensibilidade á información importante. É posible tamén facilita-la lectura comprensiva por medio dunha serie de preguntas orientadas a aspectos importantes da obra. No segundo ciclo, a lectura segue a ocupar un lugar destacado. Débese profundar na lectura comprensiva e, posto que se inicia un achegamento á literatura seguindo unha orde cronolóxica, débese intentar que o alumno aprecie en qué medida se reflicte na obra a época na que foi creada.

O ensino da escritura terá que desenvolve-los elementos de selección, anticipación, planificación e estructuración das mensaxes, elementos que, tamén presentes nas creacións orais, adquiren importancia considerable nos textos escritos, nos que é aconsellable revisar un texto e modificalo, antes de dalo por finalizado.

Aprender lingua supón o coñecemento dos principios gramaticais básicos entendidos como coñecementos sistemáticos das clases de palabras, das combinacións posibles entre elas e das relacións destas expresións cos significados. Existen, pois, no ensino da lingua uns coñecementos fundamentais: relacións entre sons e grafías, principios gramaticais básicos que rexen a norma hispánica e a análise dos problemas léxicos máis importantes. Todos eles aplícanse á observación das principais funcións lingüísticas e ós textos prototípicos nun dobre proceso de estudio e de creación.

Acompañan estes módulos unhas técnicas de traballo de carácter sumamente práctico, considerando o valor instrumental da lingua nas aprendizaxes dos alumnos e alumnas durante toda a súa vida. A estas técnicas de traballo débenselles incorpora-los elementos que hoxe en día as novas tecnoloxías poñen ó noso alcance tendo en conta as posibilidades que ofrecen como auxiliares na realización das diferentes

tarefas escolares e no propio labor cotián dos alumnos e alumnas.

No conxunto das técnicas de traballo intelectual, o resumo de textos orais e escritos ocupa un lugar privilexiado. A secuencia didáctica contemplará a activación dos coñecementos previos, a representación do significado e, posteriormente, a condensación para obte-lo resumo e a revisión e corrección, individual e colectiva.

Ó longo de toda a etapa contarase cun tempo dedicado especialmente para que os alumnos e alumnas amplíen o seu coñecemento da variedade oral, cultivada con debates, coloquios, mesas redondas, paneis, dramatizacións e outras técnicas.

O emprego da lingua escrita é válido como técnica de traballo intelectual, xa que permite pouco a pouco configura-lo propio pensamento. Alternando o traballo individual co traballo en gran grupo, pequeno grupo ou parellas, posibilitarase a aprendizaxe con modelos, logo a práctica guiada, e finalmente a práctica autónoma.

Os alumnos e alumnas desta etapa, como cidadáns, teñen que coñece-las relacións que se establecen entre a lingua e sociedade. Afondar nestas relacións vailles permitir entende-lo mundo que os rodea. Así, propiciarase a valoración das diferentes variedades da lingua e da linguaxe, abranguendo tanto a diversidade entre distintas linguas, como a multiplicidade que se atopa no uso cotián. Terán que apreciar, así mesmo, a aportación das diferentes linguas constitucionais. Neste sentido a educación favorecerá o coñecemento e as actitudes positivas da realidade pluricultural de España. Este mesmo principio teórico será de aplicación tamén para o ensino da literatura.

No que atinxe a esta última, a educación nesta etapa desenvolve o coñecemento e aprecio do feito literario como feito lingüístico, producto dun modo de comunicación específico, analizando e considerando os principais tipos de procedementos literarios como expresión do mundo persoal e como producto social e cultural que se enmarca nun contexto histórico. A lectura da obra literaria non só é un bo medio para mellora-la lingua, é un medio de educación da sensibilidade, de enriquecemento intelectual e afectivo e de pracer.

A análise de textos pode ser un instrumento de aprendizaxe excepcional dado que facilita tanto o traballo interpretativo coma o coñecemento dos mecanismos que rexen a súa composición e o coñecemento dos procedementos utilizados. Esta análise pódese converter nunha axuda eficaz á hora de adquiri-las técnicas e a soltura necesaria para a elaboración dos textos. Cómpre tamén que esta análise chegue a abrangue-los medios de comunicación: coñecer e estudia-los resortes e posibilidades -verbais e non verbais- que posúen serán tarefas que se van desenvolver ó longo de toda a etapa. Deste xeito fomentarase o espírito crítico e valorativo dos alumnos ante o fondo e a forma.

Ó longo de toda esta etapa tentarase, en definitiva, enriquece-la linguaxe, oral e escrita, no dobre proceso de comprensión e expresión e de avanzar na educación literaria.

Obxectivos.

* Utiliza-la lingua para expresarse oralmente e por escrito do xeito máis adecuado en cada situación de comunicación.

* Recoñecer e ser capaz de utiliza-los diferentes tipos de textos e as súas estructuras formais.

* Ser capaz de planifica-la propia actuación lectora segundo os propósitos de lectura, desenvolvendo estratexias axeitadas.

* Reflexionar constructivamente nas distintas fases da xeración de textos revisando e corrixindo as propias produccións.

* Desenvolve-la lectura e a escritura como xeitos de adquisición de novos coñecementos, de reflexión, de autoaprendizaxe e de enriquecemento persoal.

* Coñecer e usa-las normas lingüísticas, con especial atención ás ortográficas, que se consideren vixentes no momento actual.

* Coñece-los principios fundamentais da gramática española, recoñecendo as diferentes unidades da lingua e as súas combinacións.

* Coñecer e valora-la realidade plurilingüe e pluricultural de España e considera-las diferentes situacións que presentan as linguas en contacto.

* Coñecer e comprende-los diferentes xeitos da tradición literaria occidental.

* Recoñece-los principais xéneros da tradición literaria.

* Distingui-las principais épocas artísticas e literarias, os seus rasgos característicos e os autores e obras máis representativas en cada unha de elas.

* Coñece-las obras e fragmentos representativos das literaturas das linguas constitucionais en contraste coas obras fundamentais da literatura occidental.

* Aprender e utilizar técnicas sinxelas do manexo da información: busca, elaboración e presentación, coa axuda dos medios tradicionais e coa aplicación das novas tecnoloxías.

Primeiro curso.

Contidos.

I.1.

Elementos da comunicación.

I.2.

Texto ou discurso. Organización do texto: tipoloxías textuais.

-Narración.

-Descrición.

-Diálogo (formas de diálogo nos diferentes xéneros e nos medios de comunicación).

II.1.

A realidade plurilingüe de España.

-Mapa das linguas constitucionais.

II.2.

A variación espacial.

-Dialectos e falas. Principais fenómenos lingüísticos: seseo, ceceo, ieísmo, voseo, etc.

III.1.

Fonética e ortografía (I).

-Correspondencia entre sons e grafías. A sílaba. Sílabas tónicas. Nocións básicas da pronuncia e da acentuación: uso do punto, a coma e os dous puntos.

III.2.

Norma culta da lingua española (I).

-Recoñecemento das principais normas fonéticas. Lectura en alta voz (o enunciado).

-Cuestións morfo-sintácticas: formación do xénero e o número. Léxico (vulgarismos).

III.3.

Gramática.

-Clases de palabras: o substantivo e o adxectivo (características); o pronome (clasificación); o artigo (clasificación); o verbo: a conxugación; o adverbio; a preposición; a conxunción; a interxección. Unidades sintácticas (frase ou sintagma e oración).

-A oración: estructura da oración simple. A concordancia.

III.4.

Léxico.

-Estuctura da palabra: lexemas e morfemas. Formación das palabras: composición e derivación.

IV.1.

Iniciación ó uso do diccionario, enciclopedias e outras obras de consulta.

-Busca da información. Selección e tratamento (tipos de citas, escolmas bibliográficas, integración da información procedente de diversas fontes...).

IV.2.

Técnicas de traballo (I).

-Análise (lectura reflexiva y anotacións).

-Síntese (esquemas, diagramas, técnicas de resumo).

V.1.

Introducción ós xéneros literarios a través da lectura de fragmentos representativos.

-Análise dos seus rasgos característicos. Aproximación inductiva ós xéneros literarios, á lingua e á literatura.

-Determinación das pautas de análise.

V.2.

A linguaxe literaria.

-Recursos lingüísticos máis importantes.

-Respecto polas normas básicas que rexen o intercambio comunicativo.

-Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilexiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva.

-Conciencia da importancia que ten un axeitado uso da lingua para o desenvolvemento persoal e social.

-Aceptación das diferentes variedades lingüísticas, tanto das existentes entre as distintas linguas como das que se atopan no uso cotián.

-Estimación positiva da competencia en máis dunha lingua. Valoración das restantes linguas constitucionais así como das dimensións americanas da lingua.

-Valoración positiva das produccións caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, creatividade e beleza.

-Interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe, coñecemento e pracer.

-Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético, cultural e social.

-Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros, épocas e países, empregando criterios propios de selección, interpretación e valoración.

-Interese e gusto por transmiti-las propias ideas utilizando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua, descubertas principalmente a través da lectura de textos literarios.

-Coidado na planificación, execución, revisión e autocorrección dos propios textos.

-Conciencia da importancia dos medios de comunicación de masas na actualidade.

-Interese e apertura ante as novas tecnoloxías e capacidade crítica para seleccionar información.

Segundo curso.

Contidos.

I.1.

Funcións da linguaxe.

I.2.

Texto ou discurso. Texto oral e texto escrito. Organización do texto: as tipoloxías textuais.

-Textos expositivos (estructura, modalidades, procedementos lingüísticos máis usuais).

-Textos argumentativos (estructura, modalidades, procedementos lingüísticos).

II.1.

A realidade plurilingüe de España.

-Breve introducción á historia das linguas constitucionais.

II.2.

A variación social e estilística.

-Variedades lingüísticas. Usos da linguaxe. Niveis e rexistros.

III.1.

Fonética e ortografía (II).

-A sílaba. Principais esquemas silábicos do español. Ditongos, tritongos e hiatos. A sílaba na escritura. Uso do til nas combinacions vocálicas. Uso dos signos de exclamación e de interrogación. Uso do guión, a raia, as comiñas e a paréntese.

III.2.

Norma culta da lingua española (II).

-Pronuncia dos grupos cultos. Lectura en alta voz (parágrafos de distinta estructura). Correcto uso do pronome. Léxico. Dialectalismos.

III.3.

Gramática.

-A oración simple. Suxeito e predicado. Tipos de complementos. Modalidades oracionais: atribución e predicación. Clases de oracións.

III.4.

Léxico.

-Polisemia, homoninia, sinonimia y antonimia.

IV.1.

Uso de diccionarios especializados (sinónimos, refráns, locucións, dúbidas, etc).

IV.2.

Técnicas de traballo.

-Análise. Síntese. Outras técnicas de traballo (analoxía, hipóteses, inducción, deducción...).

V.1.

Os xéneros literarios: rasgos característicos.

-A narrativa: estructura. A épica, o conto e a novela.

-A lírica: o ritmo e a rima. Métrica. Versos e estrofas.

-O teatro: texto e representación. Aspectos xerais da traxedia e da comedia.

-Lectura de fragmentos e de tres obras completas representativas da narrativa, da lírica e do teatro, ben das linguas constitucionais, ben da literatura occidental.

-Análise e estudio. Aplicación dos distintos coñementos adquiridos, establecendo relacións.

-Respecto polas normas básicas que rexen o intercambio comunicativo.

-Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilexiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva.

-Conciencia da importancia que ten un axeitado uso da lingua para o desenvolvemento persoal e social.

-Aceptación das diferentes variedades lingüísticas, tanto das existentes entre as distintas linguas como das que se atopan no uso cotián.

-Estimación positiva da competencia en máis dunha lingua. Valoración das restantes linguas constitucionais así como das dimensións americanas da lingua.

-Valoración positiva das produccións caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, creatividade e beleza.

-Interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe, coñecemento e pracer.

-Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético, cultural e social.

-Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros, épocas e países, empregando criterios propios de selección, interpretación e valoración.

-Interese e gusto por transmiti-las propias ideas utilizando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua, descubertas principalmente a través da lectura de textos literarios.

-Coidado na planificación, execución, revisión e autocorrección dos propios textos.

-Conciencia da importancia dos medios de comunicación de masas na actualidade.

-Interese e apertura ante as novas tecnoloxías e capacidade crítica para seleccionar información.

Criterios de avaliación.

* Capta-las ideas esenciais de textos orais de diferente tipo e distinto nivel de formalización, reproducindo o seu contido en textos orais e escritos.

* Elabora-lo resumo dunha exposición ou argumentación oral sobre un tema específico e coñecido, reflectindo os principais argumentos e puntos de vista dos participantes.

* Sintetizar oralmente o sentido global de textos expositivos e argumentativos sinxelos de distinto nivel de formalización identificando as súas intencións, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo as posibles incoherencias no contido e aportando unha opinión persoal.

* Integrar informacións procedentes de diferentes textos sobre un tema co fin de elaborar un texto de síntese no que se contemplen tanto as principais informacións e puntos de vista atopados coma o punto de vista propio.

* Expoñer oralmente e de xeito sistemático o desenvolvemento dun tema seguindo un plan ou guión previo, adecuando o tema á situación comunicativa e mantendo a atención do receptor.

* Crear textos de diferente tipo (narrativos, expositivos e dialogados) axeitándoos á situación comunicativa, cun vocabulario rico e variado e respectando os criterios de corrección e presentación.

* Consultar, individualmente e en equipo, diccionarios especializados e outras obras de consulta.

* Identifica-lo xénero dun texto literario lido na súa totalidade e recoñece-los seus elementos estructurais básicos e os grandes tipos de recursos lingüísticos empregados nel.

* Averigua-las principais relacións de significado entre os elementos léxicos.

* Recoñece-las diferentes unidades gramaticais da lingua, as súas clases e relacións, e ser capaz de empregalas no uso oral e escrito do español.

* Localiza-las linguas constitucionais e as grandes variedades dialectais de España, coñecendo algúns rasgos da súa historia.

* Identificar algúns rasgos lingüísticos propios de distintos usos sociais da lingua (en especial os de caracter social e estilístico) mediante a observación directa e a comprobación de produccións diversas.

* Manexa-los procesadores de textos e ser quen de aplicalos a traballos sinxelos de investigación, utilizando os medios informáticos complementarios (Internet, bases de datos, CD-ROM, procesadores de textos, etc).

Terceiro curso.

Contidos.

I.1.

Os medios de comunicación escritos: a prensa.

I.2.

Estructuras formais do texto.

-Estructuras narrativas: a novela, o conto, a noticia, a reportaxe.

-Estructuras descritivas: descrición científica, descrición literaria (o retrato, paisaxes, obxectos).

-Estructuras dialogadas: o diálogo na narración e no teatro; a entrevista, a enquisa.

II.1.

Orixe e evolución da lingua española.

II.2.

O bilingüismo. Interferencias entre o galego e o castelán .

III.1.

Fonética e ortografía (III).

-Problemas de acentuación (monosílabos, palabras compostas, interrogativos e exclamativos).

III.2.

Forma culta da lingua española (III).

-Correcta utilización do verbo e da preposición.

-Lectura en alta voz (diálogos). Léxico (neoloxismos).

III.3.

Gramática.

-Clases de palabras e funcións.

-A oración composta: coordinación e subordinación (proposicións subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais). Elementos de relación.

III.4.

Léxico.

-Procesos fundamentais da formación das palabras: derivación e composición. Campos asociativos y semánticos. Familias léxicas. O cambio semántico.

IV.1.

Técnicas de busca de información en soportes tradicionais: fichas, bibliotecas.

IV.2.

Presentación da información.

-Tratamento informático de textos (I).

V.1.

Lectura de textos das literaturas das linguas constitucionais e da literatura occidental.

V.2.

A literatura medieval.

-Características xerais.

-A lírica.

-A épica: o Poema de Mío Cid.

-A prosa: o Conde Lucanor.

-O Romanceiro.

V.3.

Os Siglos de Oro.

-Características xerais.

-A lírica: Garcilaso de la Vega, San Juan de la Cruz, Luis de Góngora, Francisco de Quevedo.

-A prosa: El Lazarillo e Cervantes (Novelas Ejemplares, Entremeses, El Quijote).

-O teatro: Lope de Vega e Calderón de la Barca.

V.4.

O século XVIII.

-Características xerais.

-O teatro e a prosa.

-Lectura de fragmentos e de tres obras completas, representativas da narrativa, da lírica e do teatro, tanto das linguas constitucionais como da literatura occidental.

-Respecto polas normas básicas que rexen o intercambio comunicativo.

-Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilexiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva.

-Conciencia da importancia que ten un axeitado uso da lingua para o desenvolvemento persoal e social.

-Aceptación das diferentes variedades lingüísticas, tanto das existentes entre as distintas linguas como das que se atopan no uso cotián.

-Estimación positiva da competencia en máis dunha lingua. Valoración das restantes linguas constitucionais así como das dimensións americanas da lingua.

-Valoración positiva das produccións caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, creatividade e beleza.

-Interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe, coñecemento e pracer.

-Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético, cultural e social.

-Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros, épocas e países, empregando criterios propios de selección, interpretación e valoración.

-Interese e gusto por transmiti-las propias ideas utilizando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua, descubertas principalmente a través da lectura de textos literarios.

-Coidado na planificación, execución, revisión e autocorrección dos propios textos.

-Conciencia da importancia dos medios de comunicación de masas na actualidade.

-Interese e apertura ante as novas tecnoloxías e capacidade crítica para seleccionar información.

Criterios de avaliación.

* Capta-las ideas esenciais de textos orais de diferente tipo e de distinto nivel de formalización, reproducindo o seu contido en textos escritos.

* Elabora-lo resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema específico e coñecido, amosando os principais argumentos e puntos de vista dos participantes.

* Sintetizar oralmente o sentido global de textos expositivos e argumentativos sinxelos de distinto nivel de formalización, identificando as súas intencións, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo posibles incoherencias e achegando unha opinión persoal.

* Integrar informacións procedentes de diferentes textos sobre un tema co fin de elaborar un texto

de síntese no que se consideren tanto as principais informacións e puntos de vista atopados coma o punto de vista propio.

* Expoñer oralmente o desenvolvemento dun tema de xeito ordenado seguindo un plan ou guión previo, adecuando o tema á situación comunicativa e mantendo a atención do receptor.

* Crear textos expositivos e argumentativos, axeitándoos á situación de comunicación e empregando a súa estructura organizativa, cun vocabulario rico e variado e respectando os criterios de corrección.

* Consultar, individualmente e en equipo, diferentes obras de referencia en soportes tradicionais e en novas tecnoloxías.

* Identifica-lo xénero ó que pertence un texto literario lido na súa totalidade e recoñece-los seus elementos estructurais básicos e os grandes tipos de recursos lingüísticos e estilísticos empregados nel.

* Establecer relacións entre movementos fundamentais na historia da literatura ata o século XVIII e os autores e obras para cada un deles.

* Recoñece-las diferentes unidades da lingua, a súas combinacións e, se é o caso, a relación ente elas e os significados e ser capaz de empregalas no uso oral e escrito do español.

* Coñece-la orixe a as liñas xerais da evolución da lingua española que faciliten o estudio e a comprensión das obras dos distintos movementos literarios.

* Identificar e localiza-las linguas constitucionais e coñece-las características principais do bilingüismo.

* Manexar procesadores de textos e ser capaz de aplicalos a traballos sinxelos de investigación, utilizando os medios informáticos complementarios (Internet, bases de datos, obras en CD-ROM, procesadores de textos, etc.).

Cuarto curso.

Contidos.

I.1.

Os medios de comunicación audiovisuais:

-Radio e televisión.

I.2.

Estructuras formais do texto:

-Estructuras expositivas (currículum, instancia, carta, correo electrónico).

-Estructuras argumentativas (reclamación, recurso).

II.1.

O español actual.

II.2.

O español de América.

III.1.

Fonética e ortografía (IV).

-Abreviaturas, acrónimos e siglas.

-Uso de correctores ortográficos en procesadores de textos.

III.2.

Norma culta da lingua española (IV).

-Principais problemas sintácticos. A concordancia e a orde.

-Lectura en alta voz (o verso). Léxico (préstamos).

III.3.

Gramática.

-Texto e discurso. Coherencia e cohesión. Uso dos principais marcadores.

III.4.

Léxico (IV).

-Formación do léxico da lengua española: voces patrimoniais, préstamos, neoloxismos.

IV.1.

Técnicas de busca da información en novos soportes.

-CD-ROM, Internet.

IV.2.

Presentación da información.

-Tratamiento informático de textos (II).

V.1.

Lectura de textos das literaturas das linguas constitucionais e da literatura occidental.

V.2.

A literatura do S. XIX: Romanticismo e Realismo.

-A literatura romántica: José de Espronceda , Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro.

-A narrativa realista: Benito Pérez Galdós, Leopoldo Alas Clarín e Emilia Pardo Bazán.

V.3.

O século XX.

-Características xerais.

-Rubén Darío. Modernismo e Xeración do 98.

-Literatura contemporánea. Narrativa, teatro, lírica.

-Evolución. Tendencias. Autores máis significativos.

-Aproximación á literatura hispanoamericana.

-Lectura de fragmentos e de tres obras completas, representativas da narrativa, da lírica e do teatro ben das linguas constitucionais ben da literatura occidental.

-Respecto polas normas básicas que rexen o intercambio comunicativo.

-Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilexiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva.

-Conciencia da importancia que ten un axeitado uso da lingua para o desenvolvemento persoal e social.

-Aceptación das diferentes variedades lingüísticas, tanto das existentes entre as distintas linguas como das que se atopan no uso cotián.

-Estimación positiva da competencia en máis dunha lingua. Valoración das restantes linguas constitucionais así como das dimensións americanas da lingua.

-Valoración positiva das produccións caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, creatividade e beleza.

-Interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe, coñecemento e pracer.

-Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético, cultural e social.

-Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros, épocas e países, empregando criterios propios de selección, interpretación e valoración.

-Interese e gusto por transmiti-las propias ideas utilizando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua, descubertas principalmente a través da lectura de textos literarios.

-Coidado na planificación, execución, revisión e autocorrección dos propios textos.

-Conciencia da importancia dos medios de comunicación de masas na actualidade.

-Interese e apertura ante as novas tecnoloxías e capacidade crítica para seleccionar información.

Criterios de avaliación.

* Captar-las ideas esenciais de textos orais de diferente tipo e distinto nivel de formalización e reproduci-lo seu contido en textos escritos.

* Elabora-lo resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema específico e coñecido, amosando os principais argumentos e puntos de vista dos participantes.

* Sintetiza-lo sentido global de textos escritos, de diferente tipo e distinto nivel de formalización, identificando as súas intencións, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo as posibles incoherencias e ambigüidades no contido e achegando unha opinión persoal.

* Integrar informacións procedentes de diferentes textos sobre un tema co fin de elaborar un texto de síntese no que se reflictan tanto as principais informacións e puntos de vista atopados coma o punto de vista propio.

* Expoñer oralmente o desenvolvemento dun tema de xeito ordenado, seguindo un plan ou guión previo, adecuando o tema á situación comunicativa e mantendo a atención do receptor.

* Crear textos escritos de diferente tipo (narrativos, descritivos, expositivos e argumentativos), axeitándoos á situación comunicativa e utilizando a súa estructura organizativa, cun vocabulario rico e variado e respectando os criterios de corrección.

* Consultar, individualmente e en equipo, diversas fontes de información, mediante o manexo de índices, fichas e diversos sistemas de clasificación, aplicando medios tradicionais e novas tecnoloxías.

* Identifica-lo xénero ó que pertence un texto literario lido na súa totalidade e recoñece-los seus elementos estructurais básicos e os grandes tipos de recursos lingüísticos e estilísticos empregados.

* Establecer relacións entre obras, autores e movementos fundamentais na historia da literatura e coñecer algunhas obras ou fragmentos das literaturas occidentais.

* Recoñece-las diferentes unidades da lingua, as súas combinacións e, se é o caso, a relación entre elas e os seus significados e ser capaz de utilizalas no uso oral e escrito do español.

* Identificar e localiza-las linguas constitucionais e as variedades dialectais de España.

* Identificar algúns rasgos lingüísticos propios de distintos usos sociais da lingua mediante a observación directa e a comprobación de produccións diversas.

* Manexar principios fundamentais do funcionamento dos procesadores de textos e ser capaz de aplicalos a traballos sinxelos de investigación, utilizando os medios informáticos complementarios (Internet, bases de datos, discos do tipo CD-ROM, procesadores de texto, etc.).

Área de linguas estranxeiras: alemán.

Introducción.

O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais, culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

O dominio de linguas estranxeiras implica a posibilidade de acceder a outras culturas, costumes e idiosincrasias, ó mesmo tempo que fomenta as relacións interprofesionais, favorece unha formación integral do individuo e desenvolve o respecto por outros países, polos seus falantes e polas súas culturas; permítenos, ademais, comprender mellor a nosa propia lingua.

A integración na Unión Europea de países falantes de linguas diversas fai necesario o coñecemento de linguas estranxeiras para facilita-la comunicación entre os membros de esta ampla comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento clave na construcción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural, ó mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a cooperación cultural,económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, indicando que para desenvolver progresivamente a competencia comunicativa nunha determinada lingua o alumnado debe ser capaz de levar a cabo unha serie de tarefas de comunicación.

As tarefas de comunicación configuran un conxunto de accións que teñen unha finalidade concreta dentro dun ámbito específico. Para a súa realización, actívase a competencia comunicativa, póñense en xogo diversas estratexias e utilízanse diferentes destrezas lingüísticas e discursivas de forma contextualizada. Polo tanto, as actividades nas que se usa a lingua estranxeira están enmarcadas en ámbitos que poden ser de tipo público (todo o relacionado coa interacción social cotiá), persoal (relacións familiares e prácticas sociais individuais), laboral ou educativo.

A competencia comunicativa, que se desenvolverá no proceso de realización de tarefas de comunicación, incluirá as seguintes subcompetencias: competencia lingüística (elementos semánticos, morfosintácticos e fonolóxicos), competencia pragmática ou discursiva (funcións, actos de fala, conversación, etc.), competencia sociolingüística (convencións sociais, intención comunicativa, rexistros, etc.). A competencia estratéxica poderíase incluír, tamén, como unha subcompetencia da comunicativa.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin de facer eficaces os actos de comunicación realizados a través das destrezas comunicativas. Estas serán: productivas

(expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral, escrita e interpretación de códigos non verbais) e baseadas na interacción ou mediación.

A comunicación oral e escrita debe ser traballada nesta etapa: no primeiro ciclo prestaráselle maior atención á comunicación oral; no segundo, darásellese cada vez máis importancia á comunicación escrita. A lingua estranxeira debe converterse na lingua de comunicación oral na clase, sendo de vital importancia a presentación ós alumnos de actividades que fagan posible a mellora da comprensión oral e que axuden á producción de textos orais, tendo en conta o contido máis cá forma durante o primeiro ciclo, e facendo máis fincapé na forma durante o segundo ciclo.

En canto á comunicación escrita, resulta esencial adestra-lo alumno no dominio das claves non lingüísticas que lle axuden a comprende-la mensaxe e nas prácticas de comprensión escrita centradas tanto na lectura extensiva como intensiva. Nesta etapa é fundamental realizar actividades centradas na atención ó plan previo ó escrito, ó formato, á ortografía e á puntuación.

Por tratarse dunha etapa obrigatoria, os alumnos perante os que nos encontramos teñen diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses: son alumnos que no futuro abranguerán un espectro social que cubrirá desde obreiros cualificados ata titulados superiores pasando por profesionais medios. Por iso, non propoñemos utilizar un enfoque metodolóxico único e si garanti-lo equilibrio entre as catro destrezas e reflecti-lo dito equilibrio no criterio que se vai seguir á hora da avaliación. Esta última, debe aparecer en tódolos momentos do proceso educativo. A avaliación non pode equipararse cos resultados dos exames escritos ou test gramaticais exclusivamente. As probas teñen que medir non só a competencia comunicativa no bloque da comunicación escrita; tamén temos que avaliar, e de modo fundamental nesta etapa, o bloque da comunicación oral, a reflexión sobre a lingua e o compoñente sociocultural.

A avaliación, pois, abarcará as catro destrezas e servirá para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e para que o profesor reflexione sobre o seu papel como facilitador desa aprendizaxe.

Obxectivos.

* Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como productivas, co fin de realizar intercambios de información dentro e fóra da aula.

* Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e sen axuda de diccionario, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas das propias.

* Desenvolve-la capacidade de comunicarse oralmente e por escrito de forma eficaz en situacións habituais, a través de tarefas específicas.

* Transferi-lo coñecemento da lingua estranxeira ás estratexias de comunicación adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas, co fin de realizar tarefas interactivas en situacións reais ou simuladas.

* Reflexionar sobre o funcionamento da lingua como elemento facilitador da aprendizaxe na realización de tarefas e como instrumento para o desenvolvemento da autonomía.

* Utiliza-las estratexias de aprendizaxe e recursos didácticos (diccionarios, libros de consulta, materiais multimedia, etc.) co fin de buscar información e resolver situacións de aprendizaxe de forma autónoma.

* Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar melloras que leven ó éxito na consecución das tarefas presentadas.

* Acceder ó coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira, desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falantes, para lograr un mellor entendemento internacional.

* Aprecia-lo valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas que pertencen a culturas diferentes e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersoais.

* Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (auto-avaliación).

* Compara-la lingua ou linguas coñecidas polos alumnos coa lingua estranxeira que será obxecto de estudio.

Primeiro curso.

Contidos.

-Anticipación do contido do que se vai escoitar ou ler a partir dos datos coñecidos e da información contextual proporcionada: debates e discusións iniciais, resposta a preguntas, observación de ilustracións e título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal, intención, título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información específica en textos orais e escritos: transferir información dun formato a outro; completar formularios, listaxes, etiquetas, invitacións, táboas, etc.

-Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc. cartas, diarios, historias, etc.

-Escoita e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc.

-Identificación da información irrelevante para non centrarse nela en función da tarefa.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe que se vai utilizar e a mensaxe a transmitir.

-Participación interactiva en conversas en parellas e pequenos grupos, respectando as quendas de palabra e tomando iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada.

-Adopción e representación de papeis en situacións simuladas traballadas con anterioridade.

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación.

-Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que un debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe.

-Desenvolvemento da expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

-Utilización de tódalas destrezas e dos coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Saudar, presentarse, pedir información persoal.

-Conxugación do presente de indicativo dos verbos regulares e irregulares.

-Conxugación dos verbos en -ieren.

-Conxugación do presente de indicativo dos verbos auxiliares sein, haben e werden.

-Pronomes persoais (1ª e 2ª persoa ich, du, Sie).

-Pronomes interrogativos (wer, was).

-Adverbios interrogativos (wo, wohin, woher, wie).

-Números cardinais e ordinais.

-Oracións interrogativas e afirmativas.

-Orde dos elementos na oración.

II.1.b.

Nomear obxectos e deletrear palabras. Describir persoas e lugares.

-Xénero dos sustantivos; o artigo (der, das, die; ein, eine).

-Plural dos sustantivos.

-O alfabeto.

-Uso predicativo do adxectivo.

II.1.c.

Afirmar e negar unha información.

-Afirmación con ja e doch.

-Negación con nein, kein e nicht.

II.1.d.

Expresar posesión. Expresar mandato e rogo.

-Conxugación do presente de indicativo do verbo haben.

-Conxugación das formas familiares e de cortesía do modo imperativo.

-Pronomes posesivos.

-Caso acusativo.

II.2.

Léxico.

-Palabras internacionais.

-Nomes de países e cidades.

-Distribución do tempo.

-Familia.

-Vivenda.

-Escola e actividades escolares.

-Lecer e aficións.

-Xogos e deportes.

-Vestimenta.

-Cores.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación das vocais ä, ö, ü.

-Pronunciación das vocais largas e breves.

-Pronunciación dos sonidos consoánticos diferentes da lingua materna.

-Pronunciación dos grupos consoánticos que non aparecen na lingua materna.

-Acentuación de palabras.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de rasgos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comunicación que se traballen.

-Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua estranxeira e os propios.

-Adecuación de usos socioculturais da lingua estranxeira cando esta é o medio de comunicación

entre falantes dos que as linguas maternas son diferentes.

-Diferenciación de usos formais e informais da lingua estranxeira.

-Uso de fórmulas axeitadas nas relacións sociais.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira respectando distintas manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Segundo curso.

Contidos.

-Anticipación sucesiva de ideas mentres se escoita ou le.

-Escoita e lectura atenta de textos para capta-lo sentido global destes e extraer informacións detalladas requiridas.

-Identificación da estructura propia de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc.

-Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada.

-Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.

-Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos con fins de ocio ou informativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc.

-Relato de historias breves oralmente ou por escrito.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

-Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc.

-Revisión de borradores na producción escrita antes de edita-lo texto definitivo.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Expresa-lo gusto ou disgusto, estados de ánimo e sentimentos.

-Conxugación dos verbos mögen e finden.

-Verbos separables (aufräumen, ausgehen, einkaufen, fernsehen ...).

-Negación do adxectivo.

II.1.b.

Descrición e cualificación de obxectos e persoas.

-Uso predicativo do adxectivo.

-Introducción do uso atributivo do adxectivo.

-Comparación de igualdade (wie, so ... wie).

-Gradación do adxectivo. Introducción dalgunhas formas irregulares (besser, mehr, etc.).

-Coordinación de oracións.

-Orde dos elementos da oración.

II.1.c.

Expresar cantidades e establecer unha orde. Expresa-la data.

-Adxectivos numerais e ordinais.

-Lectura dos anos.

-Unidades de medida.

II.1.d.

Dar e pedir instruccións. Disculparse, solicitar e ofrecer axuda.

-Uso do imperativo de cortesía.

-Utilización das formas de cortesía.

-Conxugación do presente de indicativo do verbo können e uso da forma möchten.

-Uso modal dos verbos können e möchten.

II.1.e.

Indicar direccións. Describi-la posición dos obxectos no espacio.

-Adverbios de lugar.

Preposicións locais (auf, an, in, nach, etc.).

-Verbos: stehen / stellen; sitzen / setzen; liegen / legen; hängen; stecken.

II.1.f.

Describir e narrar feitos pasados.

-Conxugación do pretérito perfecto de indicativo dos verbos regulares e irregulares.

II.2.

Léxico.

-Familiares.

-Profesións.

-División do tempo.

-Alimentos e bebidas. Compras.

-Medios de transporte.

-Cidade. Institucións. Edificios.

-Lecer e deporte.

-Animais.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación das vocais ä, ö, ü.

-Pronunciación das vocais largas e breves.

-Pronunciación dos sonidos consoánticos diferentes da lingua materna.

-Pronunciación dos grupos consoánticos que non aparecen na lingua materna.

-Acentuación de palabras.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de elementos semióticos (xestuais, entoativos, etc.) usados por falantes da lingua estranxeira: graos de cortesía, de formalidade e informalidade, etc.

-Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua estranxeira transmitidos por falantes de distintos países.

-Desenvolvemento de habilidades interculturais no uso da lingua estranxeira.

-Identificación de aspectos socioculturais que se utilizarían con falantes nativos da lingua estranxeira e con falantes doutras procedencias.

-Familiaridade cos rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua estranxeira atendendo a idade, ó rango, etc.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando os seus falantes e as diferentes manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e a súa importancia como medio de comunicación internacional.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

Co fin de comprobar se os alumnos desenvolveron as capacidades expresadas nos obxectivos, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación con respecto a:

* Habilidades comunicativas.

-Identifica-la información global e específica en textos orais (conversacións, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ó alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo quen de anticipa-lo significado dalgúns elementos a través do contexto.

-Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

-Ler individualmente, utilizando o diccionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para mozos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

-Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiáns utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención ós pasos seguidos para mellora-la producción escrita.

* Reflexións sobre a lingua.

-Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

-Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de inducción e deducción de forma alternativa.

-Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

-Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

* Aspectos socioculturais.

-Recoñece-los elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos cos que se traballa e identificar informacións culturais.

-Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ó interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

-Utiliza-lo coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Terceiro curso.

Contidos.

-Predicción e anticipación do contido de textos orais e escritos a partir da interpretación de elementos lingüísticos e non lingüísticos.

-Comprensión de ideas principais e secundarias en textos orais e escritos.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas mediante a interpretación de elementos contextuais e lingüísticos: título, ilustracións, formato, colocación, formación de palabras, etc.

-Identificación de rasgos que diferencian o código oral e o escrito: elementos de cohesión e coherencia, redundancia e repetición, etc.

-Transmisión de información esencial a outras persoas sobre o escoitado ou lido.

-Planificación na emisión de mensaxes, considerando a intención comunicativa, a situación de comunicación e os interlocutores.

-Desenvolvemento de estratexias que axuden a comunicar con éxito, mantendo un equilibrio entre a corrección formal e a fluidez: ortografía, pausas, signos de puntuación, etc.

-Realización de tarefas lectoras adecuadas ó tipo de texto e á finalidade coa que se le, dependendo de que a lectura sexa intensiva ou extensiva.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos de coordinación e subordinación.

II.1.

A. Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Indicar gusto, disgusto, posesión, felicitar. Dar consello.

-Caso dativo.

-Verbos con dativo (gefallen, gehören, raten, ...).

-Adxectivos ordinais, anos.

II.1.b.

Describir cousas e persoas. Indicar estados de ánimo e sensacións.

-Uso atributivo do adxectivo.

-Pronomes relativos en nominativo.

Pronomes indefinidos (welcher / was für).

Formas impersoais (es ist mir ...; es freut mich...; etc.).

II.1.c.

Transmiti-lo dito por outra persoa.

-Estilo indirecto (dass-, ob-Sätze).

-Orde dos elementos na oración.

II.1.d.

Expresar causas.

-Oracións coordinadas con denn.

-Oracións subordinadas con weil.

II.1.e.

Expresar acontecementos futuros.

-Conxugación do futuro de indicativo.

-Adverbios temporais.

-Preposicións temporais.

II.1.f.

Expresar desexo, obriga, vontade, capacidade e permiso.

-Conxugación do presente de indicativo dos verbos modais.

-Adverbios modais.

II.1.g.

Expresar estados de ánimo e accións reflexivas.

-Verbos reflexivos (sich fühlen, sich begrüben, sich irren ...).

-Pronomes reflexivos en acusativo.

II.2.

Léxico.

-Parentescos. Familia.

-Palabras internacionais.

-Nomes de países e cidades, institucións, edificios.

-Medios de transporte.

-Vivenda.

-Escola.

-Traballo e lecer, actividades.

-Vestimenta. Compras.

-Saúde e enfermidade, partes do corpo.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación das vocais ä, ö, ü.

-Pronunciación das vocais largas e breves.

-Pronunciación dos sonidos consoánticos diferentes da lingua materna.

-Pronunciación dos grupos consoánticos que non aparecen na lingua materna.

-Acentuación de palabras.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordo, discrepancia, etc.) asociadas a situacións concretas de comunicación.

-Identificación das normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen a lingua estranxeira.

-Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo cultural propios dos países onde se fala a lingua estranxeira: festividades, tradicións, etc.

-Recoñecemento da presencia da lingua estranxeira nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de procedencias diversas.

-Descubrimento doutras civilizacións que falan a lingua estranxeira, reflexionando sobre as súas culturas e as similitudes e diferencias coa nosa.

-Amosar unha actitude positiva e interese cando se fale de aspectos culturais relacionados con outros países onde se fale a lingua estranxeira sen mostrar prexuízos ante criterios ou puntos de vista diferentes, propiciando o achegamento e a eliminación de barreiras na comunicación.

-Valora-la importancia do coñecemento dunha lingua estranxeira como facilitadora de intercambios persoais e culturais.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e mostrar certa desinhibición no uso da lingua estranxeira.

-Desenvolver actitudes que axuden a valora-la cultura propia a partir do contraste con outras.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e específica, a idea principal e os detalles máis relevantes en mensaxes orais (emitidos en situacións de comunicación cara a cara ou por medios de comunicación mecánica) e en textos escritos auténticos, e ser capaces de realizar inferencias a partires do contexto.

-Participar en conversacións breves e utiliza-las estratexias comunicativas máis adecuadas para comprender e facerse comprender e transmitir a outros a información que coñece.

-Ler textos de forma extensiva con finalidades diversas e demostrar a súa comprensión por medio dunha tarefa.

-Redactar textos sinxelos e utiliza-la gramática e o léxico axeitados, así como os recursos de cohesión que os fagan comprensibles ó lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Mostrar habilidades para poñer en práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), e valora-la súa importancia para ter éxito na comunicación.

-Observar regularidades no sistema da lingua estranxeira, analizalas e chegar a conclusións que permitan formular regras.

-Reformular de forma progresiva aquelas normas ou regras que se identifiquen como erróneas.

-Identificar e usa-las distintas formas lingüísticas asociadas á mesma función da linguaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Interpretar correctamente o uso de fórmulas, normas e comportamentos que se transmiten a través dos textos e ter interese por amplia-lo coñecemento de datos culturais.

-Aproxima-las mensaxes que se desexen transmitir ás características particulares do interlocutor, respecta-las diferencias de pronunciación, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Cuarto curso.

Contidos.

-Comprensión da intención do falante ó emitir mensaxes orais ou escritas.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas en textos mediante a interpretación de elementos lingüísticos: estructura textual, formación de palabras, etimoloxía, prefixos e sufixos, etc.

-Uso de diferentes estratexias lectoras en función do tipo de texto e da finalidade con que se le.

-Uso de convencións propias da conversación natural en tarefas de simulación.

-Reflexión sobre as formas de mellora-las produccións propias, tanto orais como escritas.

-Transferencia de informacións dun código a outro: visual a oral ou escrito, simbólico a lingüístico, etc.

-Valoración da corrección formal na producción de mensaxes orais e escritas.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos para dar cohesión e coherencia.

-Estructuración e organización en parágrafos das ideas que se desexan transmitir: planificación e desenvolvemento de ideas, signos de puntuación e conectores.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Narrar un feito ocurrido no pasado vinculado co presente ou non.

-Conxugación do pretérito perfecto e do Präteritum.

-Verbos compostos separables e inseparables.

-Adverbios temporais.

-Preposicións temporais.

-Oracións subordinadas temporais (als, wenn).

-Orde dos elementos da oración.

II.1.b.

Expresar motivación ou desmotivación, medo, importancia, dificultade, etc.

-Uso da construcción zu + Infinitiv.

-Verbos con complemento preposicional.

II.1.c.

Expresar accións impersoais.

-Pronomes es e man.

-Verbos impersoais.

II.1.d.

Expresar irrealidade, desexo, hipótese e solicitar algo con cortesía.

-Uso de würde + Infinitiv.

-Uso das formas wäre, hätte e wüsste.

-Uso das formas dos verbos modais müsste, sollte e könnte.

-Oracións condicionais irreais sin conxunción.

II.2.

Léxico.

-Compras.

-División do tempo.

-Alimentos e bebidas.

-Medios de transporte.

-Cidade.

-Lecer e deporte. Actividades.

-Vacacións, viaxes.

-Animais e natureza.

-Saude e enfermidade.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación das vocais ä, ö, ü.

-Pronunciación das vocais largas e breves.

-Pronunciación dos sonidos consoánticos diferentes da lingua materna.

-Pronunciación dos grupos consoánticos que non aparecen na lingua materna.

-Acentuación de palabras.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Adecuación de elementos semióticos, tales como patróns xestuais ou proxémicos en función do interlocutor, respectando a propia idiosincrasia.

-Uso dun rexistro axeitado en función da situación de comunicación: formal, neutro, informal, etc.

-Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se traballa: costumes, tradicións, celebracións, etc.

-Uso da lingua estranxeira para propiciar encontros interculturais.

-Profundización no coñecemento de rasgos culturais e de comportamento social que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e diferencias entre culturas propias de falantes da lingua estranxeira.

-Valora-la lingua estranxeira como instrumento esencial para domina-los novos medios de comunicación tecnolóxica.

-Valora-la importancia da lingua estranxeira nas relacións internacionais, no traballo e noutros ámbitos da actividade humana e tamén as contribucións doutras culturas que enriquecen a nosa.

-Afianzarse no proceso de autonomía de aprendizaxe da lingua estranxeira como punto final da súa formación básica.

-Interesarse por identificar perspectivas socioculturais en noticias ou temas de actualidade que transmiten os medios de comunicación.

-Respecta-las diferencias de opinións sobre temas de interese e mostrar unha disposición favorable para enterder e facerse entender na lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e a específica, ideas principais e secundarias en mensaxes orais sobre temas familiares para o alumno ou relacionados cos aspectos cotiás da cultura e da sociedade dos países onde se fala a lingua estranxeira e en textos escritos auténticos de distintos tipos (descritivos, narrativos, argumentativos, explicativos), distinguindo entre

feitos e opinións e identificando os principais argumentos expostos polo autor.

-Participar en conversas e utiliza-las estratexias axeitadas para iniciar, manter e facer progresa-la comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e a intención da comunicación.

-Ler de maneira autónoma diferentes tipos de materiais adecuándoos a diferentes intencións (consulta, busca de información, lectura detallada, pracer, etc.).

-Producir textos escritos atendendo a diferentes intencións comunicativas, e respecta-los elementos que aseguran a cohesión e coherencia do texto de maneira que este sexa facilmente comprensible para o lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorrección das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

-Reflexionar sobre regularidades e excepcións propias do sistema lingüístico da lingua estranxeira.

-Mostrar un grao suficiente de conceptuación en relación con funcións da linguaxe, elementos lingüísticos, formatos e características de textos, cohesión e coherencia do discurso.

-Incorporar de modo consciente os mecanismos de aprendizaxe xa utilizados (facer deduccións, induccións, clasificar, categorizar, formar palabras) en situacións novas de aprendizaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Identificar e interpreta-las diferencias culturais apoiándose en claves lingüísticas e non lingüísticas que axuden á súa comprensión.

-Recoñecer elementos socioculturais nas informacións que se transmiten nos medios de comunicación sobre acontecementos de actualidade.

Área de linguas estranxeiras: francés

Introducción.

O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais, culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

O dominio de linguas estranxeiras implica a posibilidade de acceder a outras culturas, costumes e idiosincrasias, ó mesmo tempo que fomenta as relacións interprofesionais, favorece unha formación integral do individuo e desenvolve o respecto por outros países, polos seus falantes e polas súas culturas; permítenos, ademais, comprender mellor a nosa propia lingua.

A integración na Unión Europea de países falantes de linguas diversas fai necesario o coñecemento de linguas estranxeiras para facilita-la comunicación entre os membros desta ampla comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento clave na construcción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural, ó mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, indicando que para desenvolver progresivamente a competencia comunicativa nunha determinada lingua o alumnado debe ser capaz de levar a cabo unha serie de tarefas de comunicación.

As tarefas de comunicación configuran un conxunto de accións que teñen unha finalidade concreta dentro dun ámbito específico. Para a súa realización, actívase a competencia comunicativa, póñense en xogo diversas estratexias e utilízanse diferentes destrezas lingüísticas e discursivas de forma contextualizada. Polo tanto, as actividades nas que se usa a lingua estranxeira están enmarcadas en ámbitos que poden ser de tipo público (todo o relacionado coa interacción social cotiá), persoal (relacións familiares e prácticas sociais individuais), laboral ou educativo.

A competencia comunicativa, que se desenvolverá no proceso de realización de tarefas de comunicación, incluirá as seguintes subcompetencias: competencia lingüística (elementos semánticos, morfosintácticos e fonolóxicos), competencia pragmática ou discursiva (funcións, actos de fala, conversación, etc.), competencia sociolingüística (convencións sociais, intención comunicativa, rexistros, etc.). A competencia estratéxica poderíase incluír, tamén, como unha subcompetencia da comunicativa.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin de facer eficaces os actos de comunicación realizados a través das destrezas comunicativas. Estas serán: productivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral, escrita e interpretación de códigos non verbais) e baseadas na interacción ou mediación.

A comunicación oral e escrita debe ser traballada nesta etapa: no primeiro ciclo prestaráselle maior atención á comunicación oral; no segundo, daráselle cada vez máis importancia á comunicación escrita. A lingua estranxeira debe converterse na lingua de comunicación oral na clase, sendo de vital importancia a presentación ós alumnos de actividades que fagan posible a mellora da comprensión oral e que axuden á producción de textos orais, tendo en conta o contido máis cá forma durante o primeiro ciclo, e facendo máis fincapé na forma durante o segundo ciclo.

En canto á comunicación escrita, resulta esencial adestra-lo alumno no dominio das claves non lingüísticas que lle axuden a comprende-la mensaxe e nas prácticas de comprensión escrita centradas tanto na lectura extensiva como intensiva. Nesta etapa é fundamental realizar actividades centradas na atención ó plan previo ó escrito, ó formato, á ortografía e á puntuación.

Por tratarse dunha etapa obrigatoria, os alumnos perante os que nos encontramos teñen diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses: son alumnos que no futuro abranguerán un espectro social que cubrirá desde obreiros cualificados ata titulados superiores pasando por profesionais medios. Por iso, non propoñemos utilizar un enfoque metodolóxico único e si garanti-lo equilibrio entre as catro destrezas e reflecti-lo dito equilibrio no criterio a seguir á hora da avaliación. Esta última, debe aparecer en tódolos momentos do proceso educativo. A avaliación non pode equipararse cos resultados dos exames escritos ou test gramaticais exclusivamente. As probas teñen que medir non só a competencia comunicativa no bloque da comunicación escrita; tamén temos que avaliar, e de modo fundamental nesta etapa, o bloque da comunicación oral, a reflexión sobre a lingua e o compoñente sociocultural.

A avaliación, pois, abarcará as catro destrezas e servirá para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e para que o profesor reflexione sobre o seu papel como facilitador desa aprendizaxe.

Obxectivos:

* Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como productivas, co fin de realizar intercambios de información dentro e fóra da aula.

* Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e sen axuda de diccionario, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas das propias.

* Desenvolve-la capacidade de comunicarse oralmente e por escrito de forma eficaz en situacións habituais, a través de tarefas específicas.

* Transferir ó coñecemento da lingua estranxeira as estratexias de comunicación adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas, co fin de realizar tarefas interactivas en situacións reais ou simuladas.

* Reflexionar sobre o funcionamento da lingua como elemento facilitador da aprendizaxe na realización de tarefas e como instrumento para o desenvolvemento da autonomía.

* Utiliza-las estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (diccionarios, libros de consulta, materiais multimedia, etc.) co fin de buscar información e de resolver situacións de aprendizaxe de forma autónoma.

* Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar melloras que leven ó éxito na consecución das tarefas formuladas.

* Acceder ó coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira, desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falantes, para lograr un mellor entendemento internacional.

* Aprecia-lo valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas que pertencen a culturas diferentes e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersonais.

* Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (auto-avaliación).

* Compara-la lingua ou linguas coñecidas polos alumnos coa lingua estranxeira que será obxecto de estudio.

Primeiro curso.

Contidos.

-Anticipación do contido do que se vai escoitar ou ler a partir dos datos coñecidos e da información contextual proporcionada: debates e discusións iniciais, resposta a preguntas, observación de ilustracións e título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal, intención, título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información específica en textos orais e escritos: transferir información dun formato a outro; completar formularios, listaxes, etiquetas, invitacións, táboas, etc.

-Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc. (cartas, diarios, historias, etc.).

-Escoita e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc.

-Identificación da información irrelevante para non centrarse nela en función da tarefa.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe a utilizar e a mensaxe que se vai transmitir.

-Participación interactiva en conversas por parellas e pequenos grupos, respectando as quendas de palabra e tomando a iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada.

-Adopción e representación de papeis en situacións simuladas traballadas con anterioridade.

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación.

-Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que un debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe.

-Desenvolvemento da expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

-Utilización de tódalas destrezas e dos coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Tomar contacto: identificarse, saudar, despedirse.

-Saúdos e despedidas.

-Presente de s'appeler, être e avoir.

-Voilà.

-Numerais (1-12).

II.1.b.

Comprender, pedir e dar información persoal.

-As nacionalidades; países da Unión Europea e francófonos.

-Adxectivos (masculino/feminino; diferencias gráficas e fonéticas).

-Presente do verbo parler (tódalas persoas).

-A data... A idade.

-Numerais (13-20).

II.1.c.

Comprender, pedir e dar información sobre persoas; comparar estas informacións.

-As profesións (masculino/feminino; diferencias gráficas e fonéticas).

-Formación do plural (diferencias gráficas e fonéticas).

-Determinantes definidos e indefinidos.

-Presente do verbo habiter.

-Adverbios de lugar: où, d' où.

-Conectores: et, mais.

II.1.d.

Identificar obxectos e persoas. Da-las gracias.

-Qu'est-ce que c'est?, qui est-ce?, c'est...

-Numerais (20-70).

II.1.e.

Comprender, pedir e dar información sobre as características de persoas/cousas.

-Adxectivos cualificativos (feminino/masculino; diferencias gráficas e fonéticas).

-As cores.

-A negación ne ... pas.

-Numerais (70 a 100 e de 100 a 1.000).

II.1.f.

Comprender, pedir e dar información sobre a posesión.

-À qui est-ce? c'est à + pronomes tónicos.

-Presente do verbo avoir (tódalas persoas).

II.1.g.

Comprender, pedir e dar información sobre a localización de persoas / cousas. Cantidades.

-Il y a, est-ce qu'il y a, il n'y a pas de...

-Preposicións e adverbios de lugar (elementais).

-Presente de savoir, croire, regarder.

II.1.h.

Comprender, pedir e dar información sobre o clima en diferentes países e cidades.

-Presente de faire, aller.

-Contestacións: oui / si, pas du tout.

-Preposicións + países e cidades (en, au, aux, à).

-Expresións sobre o tempo: faire beau, mauvais, chaud, etc.

II.1.i.

Comprender, pedir e dar información sobre a localización de lugares/edificios dun pobo/cidade.

-Fórmulas de cortesía.

-Où se trouve, pour aller...

-Determinantes contractos (au / aux, du / des).

-Presente de venir, aller.

-Adverbios e locucións de lugar (elementais).

II.2.

Léxico.

-Vocabulario específico da aula.

-Os días da semana.

-As estacións e os meses do ano.

-Vocabulario específico das partes do corpo.

-Vocabulario específico das profesións.

-Vocabulario específico do entorno escolar e familiar.

-Vocabulario específico do clima.

-Vocabulario específico dos edificios/lugares dun lugar/cidade.

II.3.

Fonética.

-Identificación do francés.

-Sonidos máis específicos da lingua francesa insistindo nas diferencias coa(s) lingua(s) materna(s) (galego e castelán): /e/, /e/, /i/, /y/, /b/, /v/, /s/, /z/, /oe/, /ø/ a e muda, as vocais nasais.

-Entoación de frases. A liaison.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de rasgos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comunicación que se traballen.

-Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua estranxeira e os propios.

-Adecuación de usos socioculturais da lingua estranxeira cando esta é o medio de comunicación entre falantes dos que as linguas maternas son diferentes.

-Diferenciación de usos formais e informais da lingua estranxeira.

-Uso de fórmulas axeitadas nas relacións sociais.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira respectando distintas manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Segundo curso.

Contidos.

-Anticipación sucesiva de ideas mentres se escoita ou le.

-Escoita e lectura atenta de textos para capta-lo sentido global deles e extraer informacións detalladas requiridas.

-Identificación da estructura propia de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc.

-Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada.

-Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.

-Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos con fins de ocio ou informativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc.

-Relato de historias breves oralmente ou por escrito.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

-Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc.

-Revisión de borradores na producción escrita antes de edita-lo texto definitivo.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática:

II.1.a.

Situar e describir un lugar; comprender, dar e pedir información sobre o contorno e os medios de transporte.

-Fórmulas de cortesía.

-Determinantes interrogativos (Pourquoi?, Où?, Comment?).

-Y pronome adverbial.

-Verbos do primeiro grupo. O imperativo.

-Números ordinais.

II.1.b.

Comprender, dar e pedir información sobre gustos / desexos / habilidades / coñecementos.

-Contestacións parciais.

-Expresión da comparación: plus, moins ... que.

-Expresión da causa: pourquoi, parce que.

II.1.c.

A familia. As relacións. Describir física e animicamente.

-Formas da interrogación.

-Determinantes posesivos.

-Adxectivos físicos / anímicos.

II.1.d.

Comprender, preguntar e dar información sobre os feitos habituais da vida cotiá.

-Momentos do día. Expresión da hora.

-A negación: ne ... pas, ne ... plus, ne ... jamais, ne ... rien.

II.1.e.

Comprender, pedir e dar información, consellos, ordes sobre a saúde, desexos.

-Expresión da obriga: il faut + infinitivo.

-Presente de devoir, pouvoir, vouloir.

-Adverbios de cantidade.

II.1.f.

Contactar por teléfono. Aceptar ou rexeitar unha invitación.

-Fórmulas de cortesía, toma de contacto e despedida.

-Fórmulas para rexeitar unha invitación.

II.1.g.

Saber comprar, escoller e expresar unha necesidade.

-Pregunta-lo prezo, a calidade, a materia, a cantidade.

-Pronome en.

-Determinantes partitivos.

II.1.h.

Describir e narrar feitos pasados.

-Passé composé con être e avoir.

-A negación nos tempos compostos.

-Pronomes persoais C.O.D. e C.O.I.

-Adverbios e locucións adverbiais de tempo.

II.1.i.

Describir e narrar proxectos.

-Pronomes persoais tónicos (revisión). Colocación dos pronomes persoais C.O.D. e C.O.I.

II.2.

Léxico.

-Vocabulario específico das comidas.

-Vocabulario específico da familia.

-Vocabulario específico dos medios de transporte.

-Vocabulario específico do comercio.

-Vocabulario específico de viaxes, lecer, proxectos.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Entoación (esquema interrogativo / enunciativo).

-A liaison.

-Revisión correspondencia grafía / fonética.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de elementos semióticos (xestuais, entoativos, etc.) usados por falantes da lingua estranxeira: graos de cortesía, de formalidade e informalidade, etc.

-Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua estranxeira transmitidos por falantes de distintos países.

-Desenvolvemento de habilidades interculturais no uso da lingua estranxeira.

-Identificación de aspectos socioculturais que se utilizarían con falantes nativos da lingua estranxeira e con falantes doutras procedencias.

-Familiaridade cos rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua estranxeira atendendo a idade, ó rango, etc.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando ós seus falantes e as diferentes manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e a súa importancia como medio de comunicación internacional.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

Co fin de comprobar se os alumnos desenvolveron as capacidades expresadas nos obxectivos, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación con respecto a:

* Habilidades comunicativas.

-Identifica-la información global e específica en textos orais (conversacións, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ó alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo quen de anticipa-lo significado dalgúns elementos a través do contexto.

-Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

-Ler individualmente, utilizando o diccionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para mozos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

-Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiáns utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención ós pasos seguidos para mellora-la producción escrita.

* Reflexións sobre a lingua.

-Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

-Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de inducción e deducción de forma alternativa.

-Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

-Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

* Aspectos socioculturais.

-Recoñece-los elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos cos que se traballa e identificar informacións culturais.

-Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ó interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

-Utiliza-lo coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Terceiro curso.

Contidos.

-Predicción e anticipación do contido de textos orais e escritos a partir da interpretación de elementos lingüísticos e non lingüísticos.

-Comprensión de ideas principais e secundarias en textos orais e escritos.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas mediante a interpretación de elementos contextuais e lingüísticos: título, ilustracións, formato, colocación, formación de palabras, etc.

-Identificación de rasgos que diferencian o código oral e o escrito: elementos de cohesión e coherencia, redundancia e repetición, etc.

-Transmisión de información esencial a outras persoas sobre o escoitado ou lido.

-Planificación na emisión de mensaxes, considerando a intención comunicativa, a situación de comunicación e os interlocutores.

-Desenvolvemento de estratexias que axuden a comunicar con éxito, mantendo un equilibrio entre a corrección formal e a fluidez: ortografía, pausas, signos de puntuación, etc.

-Realización de tarefas lectoras adecuadas ó tipo de texto e á finalidade coa que se le, dependendo de que a lectura sexa intensiva ou extensiva.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos de coordinación e subordinación.

II.1.

Funcións da linguaxe e da gramática.

II.1.a.

Describir, identificar, comparar personaxes; contradicir e demostrar interese.

-Presente de indicativo (verbos en -er, -ir, -re,-oir).

-Passé composé.

-Pronomes relativos: qui, que.

-Pronome relativo: où.

-Sans + infinitivo.

-Concordancia dos adxectivos de cores.

II.1.b.

Expresar emocións, protestar, negar, razoar. Escribir unha carta.

-Devoir + infinitivo.

-Il faut + infinitivo.

-Adverbios de modo.

II.1.c.

Expresa-la certeza, a precisión.

-Devoir, vouloir, pouvoir.

-Concordancia do pronome persoal COD co participio pasado (norma e excepcións).

II.1.d.

Describir hábitos pasados, expresa-la anterioridade, reforza-la afirmación.

-Passé récent (venir + de + infinitif).

-Futur proche (aller + infinitif).

-Futur simple.

-Imparfait.

II.1.e.

Describir e comparar obxectos. Rexeitar cortesmente.

-Comparativo.

-Superlativo, relativo e absoluto.

-Pronomes posesivos.

-Pronomes demostrativos.

II.1.f.

Ameazar, expresar sorpresa, expresar unha opinión persoal.

-Lugar dos pronomes persoais na oración.

-Pronomes relativos: qui, que, dont, où.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados. Léxico fundamental e profundización do estudiado anteriormente en 1º e 2º curso.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-La liaison et l'enchaînement.

-L'élision.

-Les voyelles moyennes.

-Pronunciación de fonemas de especial dificultade.

-Os acentos tónicos e de insistencia.

-A entoación.

-Acentuación.

-Ritmo.

-Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordo, discrepancia, etc.) asociadas a situacións concretas de comunicación.

-Identificación das normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen a lingua estranxeira.

-Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo cultural propios dos países onde se fala a lingua estranxeira: festividades, tradicións, etc.

-Recoñecemento da presencia da lingua estranxeira nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de procedencias diversas.

-Descubrimento doutras civilizacións que falan a lingua estranxeira, reflexionando sobre as súas culturas e as similitudes e diferencias coa nosa.

-Amosar unha actitude positiva e interese cando se fale de aspectos culturais relacionados con outros países onde se fale a lingua estranxeira sen mostrar prexuízos ante criterios ou puntos de vista diferentes, propiciando o achegamento e a eliminación de barreiras na comunicación.

-Valora-la importancia do coñecemento dunha lingua estranxeira como facilitadora de intercambios persoais e culturais.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e mostrar certa desinhibición no uso da lingua estranxeira.

-Desenvolver actitudes que axuden a valora-la cultura propia a partir do contraste con outras.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e específica, a idea principal e os detalles máis relevantes en mensaxes orais (emitidas en situacións de comunicación cara a cara ou por medios de comunicación mecánica) e en textos escritos auténticos, e ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto.

-Participar en conversacións breves e utiliza-las estratexias comunicativas máis adecuadas para comprender e facerse comprender e transmitir a outros a información que coñece.

-Ler textos de forma extensiva con finalidades diversas e demostra-la súa comprensión por medio dunha tarefa.

-Redactar textos sinxelos e utiliza-la gramática e o léxico axeitados, así como os recursos de cohesión que os fagan comprensibles ó lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Mostrar habilidades para poñer en práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), e valora-la súa importancia para ter éxito na comunicación.

-Observar regularidades no sistema da lingua estranxeira, analizalas e chegar a conclusións que permitan formular regras.

-Reformular de forma progresiva aquelas normas ou regras que se identifiquen como erróneas.

-Identificar e usa-las distintas formas lingüísticas asociadas á mesma función da linguaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Interpretar correctamente o uso de fórmulas, normas e comportamentos que se transmiten a través dos textos e ter interese por amplia-lo coñecemento de datos culturais.

-Aproxima-las mensaxes que se desexen transmitir ás características particulares do interlocutor, respecta-las diferencias de pronunciación, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Cuarto curso.

Contidos.

-Comprensión da intención do falante ó emitir mensaxes orais ou escritas.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas en textos mediante a interpretación de elementos lingüísticos: estructura textual, formación de palabras, etimoloxía, prefixos e sufixos, etc.

-Uso de diferentes estratexias lectoras en función do tipo de texto e da finalidade con que se le.

-Uso de convencións propias da conversación natural en tarefas de simulación.

-Reflexión sobre as formas de mellora-las produccións propias, tanto orais como escritas.

-Transferencia de informacións dun código a outro: visual a oral ou escrito, simbólico a lingüístico, etc.

-Valoración da corrección formal na producción de mensaxes orais e escritas.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos para dar cohesión e coherencia.

-Estructuración e organización en parágrafos das ideas que se desexan transmitir: planificación e desenvolvemento de ideas, signos de puntuación e conectores.

II.1.

Funcións da lingua e da gramática.

II.1.a.

Relatar acontecementos pasados.

-L'imparfait.

-Valores do passé composé e do imparfait.

-Repaso e profundización dos pronomes en, y.

II.1.b.

Dar órdenes con cortesía, expresa-la opinión, aconsellar, facer hipóteses.

-Expresión da condición.

-SI + Imperfecto.

-Pronomes demostrativos neutros.

-Expresións con avoir.

II.1.c.

Informarse, dar información, mostrar estrañeza.

-Repaso das tres formas de frase interrogativa.

-A frase exclamativa.

-Adxectivos e pronomes indefinidos.

II.1.d.

Expresa-la causa, a concesión. Argumentar, defender ou atacar un punto de vista.

-O presente de subxuntivo.

-Expresa-la causa (pourquoi, parce que, comme, puisque, etc.).

-Expresa-la concesión (quoique, bien que, malgré que, etc.).

-A dobre negación: ne ... ni ... ni.

-Outras negacións: ne ... que, ne ... jamais, ne ... plus, ne ... rien.

-Argumentación: frases feitas e estereotipos.

II.1.e.

Expresar opinións, obxectar; frases restrictivas.

-Expresión da finalidade (afin de + infinitivo; pour + infinitivo).

-Outras formas de indicala-la finalidade: afin que, pour que, etc.

-Y, en como pronomes complemento.

II.1.f.

Resumir un texto. Expresar sentimentos. Expresa-la opinión persoal.

-Imparfait / passé composé.

-Avant de + infinitivo.

-Après + infinitif composé.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados. Léxico fundamental e profundización do estudiado anteriormente no 3º curso.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Fonética: entoación ascendente e descendente.

-Homófonos lexicais.

-Pronunciación de fonemas de especial dificultade.

-Acentuación.

-Entoación.

-Ritmo.

-Adecuación de elementos semióticos, tales como patróns xestuais ou proxémicos en función do interlocutor, respectando a propia idiosincrasia.

-Uso dun rexistro axeitado en función da situación de comunicación: formal, neutro, informal, etc.

-Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se traballa: costumes, tradicións, celebracións, etc.

-Uso da lingua estranxeira para propiciar encontros interculturais.

-Profundización no coñecemento de rasgos culturais e de comportamento social que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e diferencias entre culturas propias de falantes da lingua estranxeira.

-Valora-la lingua estranxeira como instrumento esencial para domina-los novos medios de comunicación tecnolóxica.

-Valora-la importancia da lingua estranxeira nas relacións internacionais, no traballo e noutros ámbitos da actividade humana, e tamén as contribucións doutras culturas que enriquecen a nosa.

-Afianzarse no proceso de autonomía de aprendizaxe da lingua estranxeira como punto final da súa formación básica.

-Interesarse por identificar perspectivas socioculturais en noticias ou temas de actualidade que transmiten os medios de comunicación.

-Respecta-las diferencias de opinión sobre temas de interese e mostrar unha disposición favorable para entender e facerse entender na lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e a específica, ideas principiais e secundarias en mensaxes orais sobre temas familiares para o alumno ou relacionados cos aspectos cotiás da cultura e da sociedade dos países onde se fala a lingua estranxeira e en textos escritos auténticos de distintos tipos (descritivos, narrativos, argumentativos, explicativos), distinguindo entre feitos e opinións e identificando os principais argumentos expostos polo autor.

-Participar en conversas e utiliza-las estratexias axeitadas para iniciar, manter e facer progresa-la comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e a intención da comunicación.

-Ler de maneira autónoma diferentes tipos de materiais adecuándoos a diferentes intencións (con

sulta, busca de información, lectura detallada, pracer, etc.).

-Producir textos escritos atendendo a diferentes intencións comunicativas, e respecta-los elementos que aseguran a cohesión e coherencia do texto de maneira que este sexa facilmente comprensible para o lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorrección das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

-Reflexionar sobre regularidades e excepcións propias do sistema lingüístico da lingua estranxeira.

-Mostrar un grao suficiente de conceptuación en relación con funcións da linguaxe, elementos lingüísticos, formatos e características de textos, cohesión e coherencia do discurso.

-Incorporar de modo consciente os mecanismos de aprendizaxe xa utilizados (facer deduccións, induccións, clasificar, categorizar, formar palabras) en situacións novas de aprendizaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Identificar e interpreta-las diferencias culturais apoiándose en claves lingüísticas e non lingüísticas que axuden á súa comprensión.

-Recoñecer elementos socioculturais nas informacións que se transmiten nos medios de comunicación sobre acontecementos de actualidade.

Área de linguas estranxeiras: inglés

Introducción.

O incremento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais, culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

O dominio de linguas estranxeiras implica a posibilidade de acceder a outras culturas, costumes e idiosincrasias, ó mesmo tempo que fomenta as relacións interprofesionais, favorece unha formación integral do individuo e desenvolve o respecto por outros países, polos seus falantes e polas súas culturas; permítenos, ademais, comprender mellor a nosa propia lingua.

A integración na Unión Europea de países falantes de linguas diversas fai necesario o coñecemento de linguas estranxeiras para facilita-la comunicación entre os membros desta ampla comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento clave na construcción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural, ó mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, indicando que para desenvolver progresivamente a competencia comunicativa nunha determinada lingua o alumnado debe ser capaz de levar a cabo unha serie de tarefas de comunicación.

As tarefas de comunicación configuran un conxunto de accións que teñen unha finalidade concreta dentro dun ámbito específico. Para a súa realización, actívase a competencia comunicativa, póñense en xogo diversas estratexias e utilízanse diferentes destrezas lingüísticas e discursivas de forma contextualizada. Polo tanto, as actividades nas que se usa a lingua estranxeira están enmarcadas en ámbitos que poden ser de tipo público (todo o relacionado coa interacción social cotiá), persoal (relacións familiares e prácticas sociais individuais), laboral ou educativo.

A competencia comunicativa, que se desenvolverá no proceso de realización de tarefas de comunicación, incluirá as seguintes subcompetencias: competencia lingüística (elementos semánticos, morfosintácticos e fonolóxicos), competencia pragmática ou discursiva (funcións, actos de fala, conversación, etc.), competencia sociolingüística (convencións sociais, intención comunicativa, rexistros, etc.). A competencia estratéxica poderíase incluír, tamén, como unha subcompetencia da comunicativa.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin de facer eficaces os actos de comunicación realizados a través das destrezas comunicativas. Estas serán: productivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral e escrita e interpretación de códigos non verbais) e baseadas na interacción ou mediación.

A comunicación oral e escrita debe ser traballada nesta etapa: no primeiro ciclo prestaráselle maior atención á comunicación oral; no segundo, daráselle cada vez máis importancia á comunicación escrita. A lingua estranxeira debe converterse na lingua de comunicación oral na clase, sendo de vital importancia a presentación ós alumnos de actividades que fagan posible a mellora da comprensión oral e que axuden á producción de textos orais, tendo en conta o contido máis cá forma durante o primeiro ciclo, e facendo máis fincapé na forma durante o segundo ciclo.

En canto á comunicación escrita, resulta esencial adestra-lo alumno no dominio das claves non lingüísticas que lle axuden a comprende-la mensaxe e nas prácticas de comprensión escrita centradas tanto na lectura extensiva como intensiva. Nesta etapa é fundamental realizar actividades centradas na atención ó plan previo ó escrito, ó formato, á ortografía e á puntuación.

Por tratarse dunha etapa obrigatoria, os alumnos perante os que nos encontramos teñen diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses: son alumnos que no futuro abranguerán un espectro social que

cubrirá desde obreiros cualificados ata titulados superiores pasando por profesionais medios. Por iso, non propoñemos utilizar un enfoque metodolóxico único e si garanti-lo equilibrio entre as catro destrezas e reflecti-lo dito equilibrio no criterio que se vai seguir á hora da avaliación. Esta última, debe aparecer en tódolos momentos do proceso educativo. A avaliación non pode equipararse cos resultados dos exames escritos ou test gramaticais exclusivamente. As probas teñen que medir non só a competencia comunicativa no bloque da comunicación escrita; tamén temos que avaliar, e de modo fundamental nesta etapa, o bloque da comunicación oral, a reflexión sobre a lingua e o compoñente sociocultural.

A avaliación, pois, abarcará as catro destrezas e servirá para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e para que o profesor reflexione sobre o seu papel como facilitador desa aprendizaxe.

Obxectivos.

* Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como productivas, co fin de realizar intercambios de información dentro e fóra da aula.

* Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e sen axuda de diccionario, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas das propias.

* Desenvolve-la capacidade de comunicarse oralmente e por escrito de forma eficaz en situacións habituais, a través de tarefas específicas.

* Transferi-lo coñecemento da lingua estranxeira ás estratexias de comunicación adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas, co fin de realizar tarefas interactivas en situacións reais ou simuladas.

* Reflexionar sobre o funcionamento da lingua como elemento facilitador da aprendizaxe na realización de tarefas e como instrumento para o desenvolvemento da autonomía.

* Utiliza-las estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (diccionarios, libros de consulta, materiais multimedia, etc.) co fin de buscar información e de resolver situacións de aprendizaxe de forma autónoma.

* Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar melloras que leven ó éxito na consecución das tarefas formuladas.

* Acceder ó coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira, desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falantes, para lograr un mellor entendemento internacional.

* Aprecia-lo valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas que pertencen a culturas diferentes e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersonais.

* Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (auto-avaliación).

* Compara-la lingua ou linguas coñecidas polos alumnos coa lingua estranxeira que será obxecto de estudio.

Primeiro curso.

Contidos.

-Anticipación do contido do que se vai escoitar ou ler a partir dos datos coñecidos e da información contextual proporcionada: debates e discusións iniciais, resposta a preguntas, observación de ilustracións e título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal, intención, título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información específica en textos orais e escritos: transferir información dun formato a outro; completar formularios, listaxes, etiquetas, invitacións, táboas, etc.

-Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc. (cartas, diarios, historias, etc.).

-Escoita e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc.

-Identificación da información irrelevante para non centrarse nela en función da tarefa.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe a utilizar e a mensaxe que se van transmitir.

-Participación interactiva en conversas por parellas e pequenos grupos, respectando as quendas de palabra e tomando a iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada.

-Adopción e representación de papeis en situacións simuladas traballadas con anterioridade.

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación.

-Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que un debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe.

-Desenvolvemento da expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

-Utilización de tódalas destrezas e dos coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas

baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Saudar, dar, pedir e comprender información persoal.

-Fórmulas: saúdos e despedidas.

-Verbos be e have got.

-Pronomes persoais, demostrativos e interrogativos.

-Artigos determinados e inderterminados: uso do artigo diante das profesións e omisión diante de substantivos xerais.

-Singular e plural do substantivo: plurais irregulares máis comúns.

-Orde das palabras na oración. Adxectivo + substantivo.

-Estructura das oracións interrogativas, negativas e afirmativas.

-A posesión: o xenitivo saxón.

Preposicións: on, in, at, etc.

A cantidade: números cardinais.

-Formación de palabras.

II.1.b.

Dar, pedir e comprender instruccións e direccións.

-Imperativos.

-Can.

-Fórmulas: How can I get to...? Can you tell me the way to..?.

-Frases adverbiais: turn right, go straight on, on your left, etc.

-Números ordinais.

II.1.c.

Describir e comparar persoas, lugares e cosas, pedindo e dando información sobre as mesmas.

-Presente simple.

-There is / there are.

-Some / any.

-Adxectivos cualificativos.

-Preposicións de lugar: in, on, at, under, next to..

-Substantivos contables e incontables.

-How much / how many.

II.1.d.

Expresar hábitos, gustos, habilidades, coñecementos e estados físicos e anímicos.

-Presente simple con adverbios de frecuencia: usually, always, often., etc. e frases adverbiais: once a week, twice a month, etc.

-Like / love / dislike / don't like / hate ... + sustantivos.

-Pronomes persoais obxecto.

-Can.

-Adverbios de grao: very much, at all, a lot...

-Conectores: and, but, because.

-Expresións que denoten hora, día e data.

-Respostas curtas.

II.1.e.

Dar, pedir e comprender información sobre accións en curso contrastándoas coas habituais.

-Presente continuo en contraste co presente simple.

-Expresións temporais: now, today, on Mondays.

-Indefinidos.

II.1.f.

Describir e narrar feitos pasados.

-Pasado simple do verbo to be.

-There was / there were.

-Pasado simple de verbos regulares e irregulares.

-Adverbios e frases adverbiais: yesterday, last week, etc.

II.1.g.

Expresar plans e intencións para o futuro.

-Presente continuo con valor de futuro.

-Be going to + verbo.

-Adverbios e frases adverbiais: tomorrow, next week ...

II.1.h.

Facer suxerencias, aceptalas e rexeitalas.

-Let's.

-Why don't we...?.

-Shall we + infinitivo.

-Respostas de aceptación ou rexeitamento: Great!, OK, Oh no!, etc.

II.1.i.

Expresión da obriga.

-Must / mustn't.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: a familia, os amigos, os alimentos, o tempo, a roupa, as vacacións, etc.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación da terminación /s/, /z/, /iz/.

-Pronunciación da terminación -ing.

-Pronunciación da terminación -ed no pasado simple.

-Pronunciación de vocais e consonantes de especial dificultade: t, d, h, r, a, etc., insistindo nas diferencias coa(s) lingua(s) materna(s) (galego e castelán).

-Pronunciación das formas débiles: was / were / can / some / etc.

-Acentuación das palabras e frases.

-Entoación de frases: suxestións e respostas ás mesmas; preguntas do tipo: Wh- , yes / no, etc.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de rasgos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comunicación que se traballen.

-Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua estranxeira e os propios.

-Adecuación de usos socioculturais da lingua estranxeira cando esta é o medio de comunicación entre falantes dos que as linguas maternas son diferentes.

-Diferenciación de usos formais e informais da lingua estranxeira.

-Uso de fórmulas axeitadas nas relacións sociais.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando as distintas manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Segundo curso.

Contidos.

-Anticipación sucesiva de ideas mentres se escoita ou le.

-Escoita e lectura atenta de textos para capta-lo sentido global destes e extraer informacións detalladas requiridas.

-Identificación da estructura propia de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc.

-Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada.

-Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.

-Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos con fins de ocio ou informativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc.

-Relato de historias breves oralmente ou por escrito.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

-Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc.

-Revisión de borradores na producción escrita antes de edita-lo texto definitivo.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Saudar e presentarse formal e informalmente; pedir e dar información persoal.

-Verbo to be.

-Presente simple.

-Adverbios de frecuencia: always, usually, never, etc.

-Fórmulas: nice to meet you, etc.

II.1.b.

Describir cousas, lugares e persoas. Expresar obrigas, consellos e rotinas asociadas con elas.

-Have got, there is / there are.

-Must / mustn't, should / shouldn't.

-Adxectivos en grao comparativo.

-Expresión de cantidade: much / many, etc.

-Preposición e frases preposicionais de lugar: under, between, on the left, on the right, etc.

II.1.c.

Narrar acontecementos pasados.

-Pasado simple e continuo.

-There was / there were.

-Accións interrumpidas no pasado: pasado simple + pasado continuo.

-Could.

-When / while.

-First, then, after that...

II.1.d.

Falar sobre habilidades. Pedir e conceder permiso.

-Can / could.

II.1.e.

Expresar gustos. Dar e pedir opinión.

-Like / love / hate/ etc. + sustantivos / verbos -ing.

-I think / I don't think...

II.1.f.

Expresar acontecementos futuros, intencións, decisións e facer prediccións.

-Will + infinitivo para expresar decisións espontáneas e facer prediccións.

-Be going to + infinitivo para expresar decisións planificadas e prediccións.

-Presente continuo con valor de futuro.

-Expresións temporais: next year, this weekend, etc.

II.1.g.

Expresar condicións.

-Condicional de 1º tipo: oracións con if + present.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: profesións, tempo de lecer, o corpo, a roupa, as materias escolares, lugares (a casa, a escola, a cidade, o campo, ...) o tempo, etc.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación de fonemas de especial dificultade, tanto vocálicos como consonánticos: schwa, /i/ versus /i:/, etc.

-Pronunciación de formas contractas: will ('ll), I will not (won't), I could not (couln't).

-Pronunciación de terminacións de tempos verbais: /t/, /d/, /id/ no pasado simple.

-Formas débiles: was / were / can.

-Acentuación de palabras e frases.

-Entoación de frases simples e compostas.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de elementos semióticos (xestuais, entoativos, etc.) usados por falantes da lingua estranxeira: graos de cortesía, de formalidade e informalidade, etc.

-Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua estranxeira transmitidos por falantes de distintos países.

-Desenvolvemento de habilidades interculturais no uso da lingua estranxeira.

-Identificación de aspectos socioculturais que se utilizarían con falantes nativos da lingua estranxeira e con falantes doutras procedencias.

-Familiaridade cos rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua estranxeira atendendo á idade, ó rango, etc.

Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando ós seus falantes e as diferentes manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e a súa importancia como medio de comunicación internacional.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

Co fin de comprobar se os alumnos desenvolveron as capacidades expresadas nos obxectivos, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación con respecto a:

* Habilidades comunicativas.

-Identifica-la información global e específica en textos orais (conversas, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ó alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo quen de anticipa-lo significado dalgúns elementos a través do contexto.

-Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

-Ler individualmente, utilizando o diccionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para mozos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

-Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiás utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención ós pasos seguidos para mellora-la producción escrita.

* Reflexións sobre a lingua.

-Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

-Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de inducción e deducción de forma alternativa.

-Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

-Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

* Aspectos socioculturais.

-Recoñece-los elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos cos que se traballa e identificar informacións culturais.

-Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ó interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

-Utiliza-lo coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Terceiro curso.

Contidos.

-Predicción e anticipación do contido de textos orais e escritos a partir da interpretación de elementos lingüísticos e non lingüísticos.

-Comprensión de ideas principais e secundarias en textos orais e escritos.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas mediante a interpretación de elementos contextuais e lingüísticos: título, ilustracións, formato, colocación, formación de palabras, etc.

-Identificación de rasgos que diferencian o código oral e o escrito: elementos de cohesión e coherencia, redundancia e repetición, etc.

-Transmisión de información esencial a outras persoas sobre o escoitado ou lido.

-Planificación na emisión de mensaxes, considerando a intención comunicativa, a situación de comunicación e os interlocutores.

-Desenvolvemento de estratexias que axuden a comunicar con éxito, mantendo un equilibrio entre a corrección formal e a fluidez: ortografía, pausas, signos de puntuación, etc.

-Realización de tarefas lectoras adecuadas ó tipo de texto e á finalidade coa que se le, dependendo de que a lectura sexa intensiva ou extensiva.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos de coordinación e subordinación.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Saudar, presentarse a sí mesmo e a outros. Expresar hábitos, habilidades, descricións físicas e de personalidade. Expresar gustos e preferencias.

-Fórmulas.

-Presente simple e presente continuo.

-Can.

-Love / like/ dislike/ hate/ can't stand... + -ing.

-Adxectivos: posicións atributiva e predicativa.

-Comparativos e superlativos.

II.1.b.

Expresar cantidade.

-Much / many / a lot of / too... / enough.

II.1.c.

Narrar feitos do pasado e biografías.

-Pasado simple e continuo.

-Could.

-Expresións temporais: ago / since/ for / later / when / after / before/ then, etc.

-Marcadores do discurso: conectores e outros recursos de cohesión.

II.1.d.

Preguntar e responder sobre feitos que xa remataron ou aínda non remataron, sobre feitos recentes e experiencias.

-Presente perfecto e pasado simple.

-Ever / never/ just.

II.1.e.

Facer suxestións e invitacións e responder ás mesmas.

-How / what about... + -ing form?.

-Shall we..? / Why don't we...?, etc.

-Would you like....?/.

II.1.f.

Dar consello.

-Should /shouldn't.

II.1.g.

Expresar plans, a idea de futuro de intención, prediccións, probabilidade, posibilidade e promesas.

-Presente continuo.

-Will / will not / be going to + infinitive.

-Oracións condicionais do tipo I.

II.1.h.

Expresa-lo deber, a obriga e a ausencia desta.

-Have to / don't have to / must / mustn't / should.

II.1.i.

Describir lugares, dar e pedir información sobre productos que requiren un proceso de elaboración: música, autos, libros, etc.

-A voz pasiva (presente simple e pasado simple).

-Frases adverbiais.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: relacións persoais e sociais, ocio, alimentación, lugares, etc.

-Fórmulas e expresións de agradecemento, louvanza, benvida, desculpa, etc.

II.3.

Fonética.

-Pronuncia de fonemas de especial dificultade.

-Pronuncia de formas contractas.

-Pronuncia da terminación en formas de tempos verbais.

-Formas débiles.

-Acentuación de palabras e frases.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordo, discrepancia, etc.) asociadas a situacións concretas de comunicación.

-Identificación das normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen a lingua estranxeira.

-Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo cultural propios dos países onde se fala a lingua estranxeira: festividades, tradicións, etc.

-Recoñecemento da presencia da lingua estranxeira nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de procedencias diversas.

-Descubrimento doutras civilizacións que falan a lingua estranxeira, reflexionando sobre as súas culturas e as similitudes e diferencias coa nosa.

-Amosar unha actitude positiva e interese cando se fale de aspectos culturais relacionados con outros países onde se fale a lingua estranxeira sen mostrar prexuízos ante criterios ou puntos de vista diferentes, propiciando o achegamento e a eliminación de barreiras na comunicación.

-Valora-la importancia do coñecemento dunha lingua estranxeira como facilitadora de intercambios persoais e culturais.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e mostrar certa desinhibición no uso da lingua estranxeira.

-Desenvolver actitudes que axuden a valora-la cultura propia a partir do contraste con outras.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e específica, a idea principal e os detalles máis relevantes en mensaxes orais (emitidos en situacións de comunicación cara a cara ou por medios de comunicación mecánica) e en textos escritos auténticos, e ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto.

-Participar en conversas breves e utiliza-las estratexias comunicativas máis adecuadas para comprender e facerse comprender e transmitir a outros a información que coñece.

-Ler textos de forma extensiva con finalidades diversas e demostra-la súa comprensión por medio dunha tarefa.

-Redactar textos sinxelos e utiliza-la gramática e o léxico axeitados, así como os recursos de cohesión que os fagan comprensibles ó lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Mostrar habilidades para poñer en práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), e valora-la súa importancia para ter éxito na comunicación.

-Observar regularidades no sistema da lingua estranxeira, analizalas e chegar a conclusións que permitan formular regras.

-Reformular de forma progresiva aquelas normas ou regras que se identifiquen como erróneas.

-Identificar e usa-las distintas formas lingüísticas asociadas á mesma función da linguaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Interpretar correctamente o uso de fórmulas, normas e comportamentos que se transmiten a través dos textos e ter interese por amplia-lo coñecemento de datos culturais.

-Aproxima-las mensaxes que se desexen transmitir ás características particulares do interlocutor, e respecta-las diferencias de pronuncia, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Cuarto curso.

Contidos.

-Comprensión da intención do falante ó emitir mensaxes orais ou escritas.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas en textos mediante a interpretación de elementos lingüísticos: estructura textual, formación de palabras, etimoloxía, prefixos e sufixos, etc.

-Uso de diferentes estratexias lectoras en función do tipo de texto e da finalidade con que se le.

-Uso de convencións propias da conversación natural en tarefas de simulación.

-Reflexión sobre as formas de mellora-las produccións propias, tanto orais como escritas.

-Transferencia de informacións dun código a outro: visual a oral ou escrito, simbólico a lingüístico, etc.

-Valoración da corrección formal na producción de mensaxes orais e escritas.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos para dar cohesión e coherencia.

-Estructuración e organización en parágrafos das ideas que se desexan transmitir: planificación e desenvolvemento de ideas, signos de puntuación e conectores.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a.

Describir e comparar hábitos e estilos de vida. Expresar gustos e preferencias.

-Presente simple e continuo.

-Used to + infinitivo.

II.1.b.

Expresar feitos pasados vencellados co presente ou cun pasado anterior.

-Pasado simple e continuo.

-Presente perfecto simple: for, since, already, yet, etc.

-Preguntas suxeito e obxecto: who / what ...?.

-Marcadores do discurso.

II.1.c.

Facer prediccións e expresar intencións. Expresar certeza e probabilidade.

-Will.

-Be going to + infinitivo / presente continuo.

-Oracións temporais e condicionais (tipo 1).

-May / might / can / can't, etc.

II.1.d.

Expresar preferencias e opinións. Aceptar e rexeitar invitacións.

-Pronomes interrogativos.

-I love / like / enjoy / don't mind / hate / can't stand + v.-ing... etc.

-Conectores: and, but, because, so, such, etc.

-Comparativos e superlativos.

II.1.e.

Expresar hipótese e facer recomendacións.

-Oracións condicionais (tipo II).

-Should.

II.1.f.

Transmiti-las opinións e as ideas doutros.

-Estilo indirecto: statements and questions. (say, tell, ask).

-Expresións temporais: then, the day before, etc.

II.1.g.

Expresar procesos e cambios.

-A voz pasiva: presente e pasado.

II.1.h.

Describir e identificar cousas, lugares e persoas.

-Pronomes e adverbios relativos: who , which, that, where, etc.

-Oracións de relativo especificativas.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: relacións persoais e sociais, tempo de lecer, sentimentos, lugares, etc.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación de fonemas de especial dificultade.

-Pronunciación de formas contractas.

-Pronunciación da terminación dos tempos verbais.

-Formas débiles.

-Acentuación de palabras e frases.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Adecuación de elementos semióticos, tales como patróns xestuais ou proxémicos en función do interlocutor, respectando a propia idiosincrasia.

-Uso dun rexistro axeitado en función da situación de comunicación: formal, neutro, informal, etc.

-Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se traballa: costumes, tradicións, celebracións, etc.

-Uso da lingua estranxeira para propiciar encontros interculturais.

-Profundización no coñecemento de rasgos culturais e de comportamento social que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e diferencias entre culturas propias de falantes da lingua estranxeira.

-Valora-la lingua estranxeira como instrumento esencial para domina-los novos medios de comunicación tecnolóxica.

-Valora-la importancia da lingua estranxeira nas relacións internacionais, no traballo e noutros ámbitos da actividade humana, e tamén as contribucións doutras culturas que enriquecen a nosa.

-Afianzarse no proceso de autonomía de aprendizaxe da lingua estranxeira como punto final da súa formación básica.

-Interesarse pola identificación de perspectivas socioculturais en noticias ou temas de actualidade que transmiten os medios de comunicación.

-Respecta-las diferencias de opinión sobre temas de interese e mostrar unha disposición favorable para entender e facerse entender na lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

-Extrae-la información global e a específica, ideas principais e secundarias en mensaxes orais sobre temas familiares para o alumno ou relacionados cos aspectos cotiás da cultura e da sociedade dos países onde se fala a lingua estranxeira e en textos escritos

auténticos de distintos tipos (descritivos, narrativos, argumentativos, explicativos), distinguindo entre feitos e opinións e identificando os principais argumentos expostos polo autor.

-Participar en conversas e utiliza-las estratexias axeitadas para iniciar, manter e facer progresa-la comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e á intención da comunicación.

-Ler de maneira autónoma diferentes tipos de materiais adecuándoos a diferentes intencións (consulta, busca de información, lectura detallada, pracer, etc.).

-Producir textos escritos atendendo a diferentes intencións comunicativas, e respecta-los elementos que aseguran a cohesión e coherencia do texto de maneira que este sexa facilmente comprensible para o lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorrección das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

-Reflexionar sobre regularidades e excepcións propias do sistema lingüístico da lingua estranxeira.

-Mostrar un grao suficiente de conceptuación en relación con funcións da linguaxe, elementos lingüísticos, formatos e características de textos, cohesión e coherencia do discurso.

-Incorporar de modo consciente os mecanismos de aprendizaxe xa utilizados (facer deduccións, induccións, clasificar, categorizar, formar palabras) en situacións novas de aprendizaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Identificar e interpreta-las diferencias culturais apoiándose en claves lingüísticas e non lingüísticas que axuden a súa comprensión.

-Recoñecer elementos socioculturais nas informacións que se transmiten nos medios de comunicación sobre acontecementos de actualidade.

Área de linguas estranxeiras: italiano

Introducción.

O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais, culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

O dominio de linguas estranxeiras implica a posibilidade de acceder a outras culturas, costumes e idiosincrasias, ó mesmo tempo que fomenta as relacións interprofesionais, favorece unha formación integral do individuo e desenvolve o respecto por outros países, polos seus falantes e polas súas culturas; permítenos, ademais, comprender mellor a nosa propia lingua.

A integración na Unión Europea de países falantes de linguas diversas fai necesario o coñecemento de linguas estranxeiras para facilita-la comunicación entre os membros desta ampla comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento clave na construcción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural, ó mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, indicando que para desenvolver progresivamente a competencia comunicativa nunha determinada lingua o alumnado debe ser capaz de levar a cabo unha serie de tarefas de comunicación.

As tarefas de comunicación configuran un conxunto de accións que teñen unha finalidade concreta dentro dun ámbito específico. Para a súa realización, actívase a competencia comunicativa, póñense en xogo diversas estratexias e utilízanse diferentes destrezas lingüísticas e discursivas de forma contextualizada. Polo tanto, as actividades nas que se usa a lingua estranxeira están enmarcadas en ámbitos que poden ser de tipo público (todo o relacionado coa interacción social cotiá), persoal (relacións familiares e prácticas sociais individuais), laboral ou educativo.

A competencia comunicativa, que se desenvolverá no proceso de realización de tarefas de comunicación, incluirá as seguintes subcompetencias: competencia lingüística (elementos semánticos, morfosintácticos e fonolóxicos), competencia pragmática ou discursiva (funcións, actos de fala, conversa, etc.), competencia sociolingüística (convencións sociais, intención comunicativa, rexistros, etc.). A competencia estratéxica poderíase incluír, tamén, como unha subcompetencia da comunicativa.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin de facer eficaces os actos de comunicación realizados a través das destrezas comunicativas. Estas serán: productivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral e escrita e interpretación de códigos non verbais) e baseadas na interacción ou mediación.

A comunicación oral e escrita debe ser traballada nesta etapa: no primeiro ciclo prestaráselle maior atención á comunicación oral; no segundo, darásellese cada vez máis importancia á comunicación escrita. A lingua estranxeira debe converterse na lingua de comunicación oral na clase, sendo de vital importancia a presentación ós alumnos de actividades que fagan posible a mellora da comprensión oral e que axuden á producción de textos orais, tendo en conta o contido máis cá forma durante o primeiro ciclo, e facendo máis fincapé na forma durante o segundo ciclo.

En canto á comunicación escrita, resulta esencial adestra-lo alumnado no dominio das claves non lingüísticas que o axuden a comprende-la mensaxe e nas prácticas de comprensión escrita centradas tanto na lectura extensiva como intensiva. Nesta etapa é fundamental realizar actividades centradas na atención ó plan previo ó escrito, ó formato, á ortografía e á puntuación.

Por tratarse dunha etapa obrigatoria, os alumnos perante os que nos encontramos teñen diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses: son alumnos que no futuro abranguerán un espectro social que cubrirá desde obreiros cualificados ata titulados superiores pasando por profesionais medios. Por iso, non propoñemos utilizar un enfoque metodolóxico único e si garanti-lo equilibrio entre as catro destrezas e reflecti-lo dito equilibrio no criterio que se seguirá á hora da avaliación. Esta última, debe aparecer en tódolos momentos do proceso educativo. A avaliación non pode equipararse cos resultados dos exames escritos ou test gramaticais exclusivamente. As probas teñen que medir non só a competencia comunicativa no bloque da comunicación escrita; tamén temos que avaliar, e de modo fundamental nesta etapa, o bloque da comunicación oral, a reflexión sobre a lingua e o compoñente sociocultural.

A avaliación, pois, abarcará as catro destrezas e servirá para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e para que o profesor reflexione sobre o seu papel como facilitador desa aprendizaxe.

Obxectivos.

* Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como productivas, co fin de realizar intercambios de información dentro e fóra da aula.

* Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e sen axuda de diccionario, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas das propias.

* Desenvolve-la capacidade de comunicarse oralmente e por escrito de forma eficaz en situacións habituais, a través de tarefas específicas.

* Transferir ó coñecemento da lingua estranxeira as estratexias de comunicación adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas, co fin de realizar tarefas interactivas en situacións reais ou simuladas.

* Reflexionar sobre o funcionamento da lingua como elemento facilitador da aprendizaxe na realización de tarefas e como instrumento para o desenvolvemento da autonomía.

* Utiliza-las estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (diccionarios, libros de consulta, materiais multimedia, etc.) co fin de buscar información e de resolver situacións de aprendizaxe de forma autónoma.

* Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar melloras que leven ó éxito na consecución das tarefas formuladas.

* Acceder ó coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira, desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falantes, para lograr un mellor entendemento internacional.

* Aprecia-lo valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas que pertencen a culturas diferentes e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersoais.

* Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (autoavaliación).

* Compara-la lingua ou linguas coñecidas polos alumnos coa lingua estranxeira que será obxecto de estudio.

Primeiro curso.

Contidos.

-Anticipación do contido do que se vai escoitar ou ler a partir dos datos coñecidos e da información contextual proporcionada: debates e discusións iniciais, resposta a preguntas, observación de ilustracións e título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal, intención, título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información específica en textos orais e escritos: transferir información dun formato a outro; completar formularios, listaxes, etiquetas, invitacións, táboas, etc.

-Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc. (cartas, diarios, historias, etc.).

-Escoita e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc.

-Identificación da información irrelevante para non centrarse nela en función da tarefa.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe que se debe utilizar e a mensaxe que se vai transmitir.

-Participación interactiva en conversas por parellas e pequenos grupos, respectando as quendas de palabra e tomando a iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada.

-Adopción e representación de papeis en situacións simuladas traballadas con anterioridade.

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación.

-Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que un debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe.

-Desenvolvemento da expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

-Utilización de tódalas destrezas e dos coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Preguntar cómo se di, se pronuncia, se escribe algo en italiano. Deletrear. Come si scrive, si pronuncia, si dice... in italiano?.

-Saudar y presentarse. Fórmulas. Interlocutores: Tu/Lei. (Informal/formal). Pronomes persoais suxeito. Presente de indicativo do verbo essere (1ª e 2ª persoas do singular).

-Pedir e dar información dos demais e de nosoutros mesmos (orixe e procedencia, idade, profesión, enderezo, número de teléfono). Masculino/feminino dos adxectivos. Tratamento formal e informal (mi puoi/può dare...?). Presente de indicativo dos verbos en -are (regulares e irregulares máis frecuentes). Preposicións a + nome de cidade/in + nome do país). Presente do indicativo de avere y fare (sing.). Preposicións a/in + rúa, praza, etc. Os números.

-Falar de accións cotiás (frecuencia e horarios). Presente do indicativo dos verbos regulares e dalgúns irregulares máis frecuentes (andare, uscire, sapere, etc.). Artigos determinados. Adverbios de frecuencia e a súa colocación (mai, quasi mai, ogni tanto, spesso, sempre, di solito, generalmente, etc.). Os días da semana, os meses e as estacións do ano.

-Preguntar e dici-la hora. Fórmulas en estilo formal e informal.

-Falar do tempo atmosférico. Fórmulas e expresións (fa freddo, fa caldo, c'è il sole, c'è vento, etc.).

-Expresar gustos e preferencias. Preposicións articuladas. Verbo piacere: mi piace/piacciono. Marcadores de intensidade: molto, per niente, etc.

-Expresar acordo e desacordo. Anche/neanche. A me si/a me no. Lo si/lo no. Invece.

-Situar algo no espacio. Dar e pedir información sobre lugares. Dov'è...?. Artigos indeterminados. Adverbios e outros marcadores de lugar (davanti a...; dietro a....; vicino a....; a destra di....; a sinistra di....). Senta, scusi/senti, scusa (para dirixirse a alguén).

-Indicar e identificar obxectos en distintas situacións. Concordancia substantivo-adxectivo. Os demostrativos. Presente de indicativo de verbos en -ire do tipo preferire.

-Facer suxestións e propostas. Aceptalas e rexeitalas. Pronomes persoais complemento directo/indirecto. Expresións mi va/ti va di + infinitivo. Presente do indicativo dos verbos potree, dovere, volere, venire.

-Chamar por teléfono. Preguntar por alguén, identificarse. Fórmulas de saúdo. Presente do indicativo de stare + xerundio.

-Describir e narrar feitos pasados. O participio pasado (verbos regulares e irregulares máis frecuentes). El passato prossimo con avere y essere. El passato prossimo de los verbos reflexivos. Concordancias suxeito-participio co auxiliar essere. Algúns marcadores temporais (prima, dopo, poi, etc.).

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: nome de países e nacionalidades, profesións, a familia, momentos do día, días da semana, estacións, clima, a cidade, medios de transporte, traballo, estudio, actividades cotiás, afeccións, lugares, etc.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-O alfabeto.

-Acentuación de palabras e frases: acento tónico e gráfico.

-Pronunciación de fonemas da lingua italiana de especial dificultade.

-Identificación e interpretación de rasgos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comunicación que se traballen.

-Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua estranxeira e os propios.

-Adecuación de usos socioculturais da lingua estranxeira cando esta é o medio de comunicación entre falantes con linguas maternas diferentes.

-Diferenciación de usos formais e informais da lingua estranxeira.

-Uso de fórmulas axeitadas nas relacións sociais.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando as distintas manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Segundo curso.

Contidos.

-Anticipación sucesiva de ideas mentres se escoita ou le.

-Escoita e lectura atenta de textos para capta-lo sentido global e extraer informacións detalladas requiridas.

-Identificación da estructura propia de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc.

-Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada.

-Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.

-Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos con fins de ocio ou informativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc.

-Relato de historias breves oralmente ou por escrito.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

-Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc.

-Revisión de borradores na producción escrita antes de edita-lo texto definitivo.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Describir e narrar feitos pasados. Imperfecto de indicativo dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes (essere e fare). O passato prossimo (repaso). Marcadores temporais máis frecuentes.

-Ofrecer e pedir algo a alguén. Aceptar e rexeitar. Pronomes indirectos de 1ª e 2ª persoa (singular/plural). Si impersoal.

-Pedir e conceder permiso. Aceptar e rexeitar. O imperativo afirmativo. Expresións: Senz'altro! Volentieri! Mi dispiace!.

-Expresar gustos e preferencias. O superlativo absoluto (-issimo). Marcadores de intensidade. Verbo piacere (repaso).

-Pedir algo nun restaurante. Fórmulas de cortesía. Un altro; un altro po'di...; altri; altre.

-Situar algo no espacio. Expresións: Sopra; in fondo a; di fronte a; sotto; dentro; di fianco a. Preposicións articuladas.

-Describir obxectos e indica-las súas características. Com'è Come sono?. Expresións mi sembra/sembrano, lo trovo, la trovo, etc. O relativo che. Os posesivos (cadro completo).

-Describir persoas. Expresa-lo noso punto de vista sobre elas. Comparar. Marcadores. Abbastanza, molto, un po'..., troppo (repaso). Expresións con sembrare e trovare. Diminutivo dos adxectivos.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: alimentación, a casa, os obxectos e a súa descrición, os vestidos, o corpo humano, prezos, cantidade, compras, relacións sociais, etc.

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Pronunciación de fonemas de especial dificultade.

-As consonantes dobres.

-Consonantes xordas/sonoras.

-Pronunciación das oclusivas sonoras.

-Identificación e interpretación de elementos semióticos (xestuais, entoativos, etc.) usados por falantes da lingua estranxeira: graos de cortesía, de formalidade e informalidade, etc.

-Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua estranxeira transmitidos por falantes de distintos países.

-Desenvolvemento de habilidades interculturais no uso da lingua estranxeira.

-Identificación de aspectos socioculturais que se utilizarían con falantes nativos da lingua estranxeira e con falantes doutras procedencias.

-Familiaridade cos rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua estranxeira atendendo á idade, ó rango, etc.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira respectando ós seus falantes e as diferentes manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e a súa importancia como medio de comunicación internacional.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

Co fin de comprobar se os alumnos desenvolveron as capacidades expresadas nos obxectivos, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación con respecto a:

* Habilidades comunicativas.

-Identifica-la información global e específica en textos orais (conversas, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ó alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo quen de anticipa-lo significado dalgúns elementos a través do contexto.

-Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

-Ler individualmente, utilizando o diccionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para mozos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

-Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiás utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención ós pasos seguidos para mellora-la producción escrita.

* Reflexións sobre a lingua.

-Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

-Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de inducción e deducción de forma alternativa.

-Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

-Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

* Aspectos socioculturais.

-Recoñece-los elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos cos que se traballa e identificar informacións culturais.

-Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ó interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

-Utiliza-lo coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Terceiro curso.

Contidos.

-Predicción e anticipación do contido de textos orais e escritos a partir da interpretación de elementos lingüísticos e non lingüísticos.

-Comprensión de ideas principais e secundarias en textos orais e escritos.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas mediante a interpretación de elementos contextuais e lingüísticos: título, ilustracións, formato, colocación, formación de palabras, etc.

-Identificación de trazos que diferencian o código oral e o escrito: elementos de cohesión e coherencia, redundancia e repetición, etc.

-Transmisión de información esencial a outras persoas sobre o escoitado ou lido.

-Planificación na emisión de mensaxes, considerando a intención comunicativa, a situación de comunicación e os interlocutores.

-Desenvolvemento de estratexias que axuden a comunicar con éxito, mantendo un equilibrio entre a corrección formal e a fluidez: ortografía, pausas, signos de puntuación, etc.

-Realización de tarefas lectoras adecuadas ó tipo de texto e á finalidade coa que se le, dependendo de que a lectura sexa intensiva ou extensiva.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos de coordinación e subordinación.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Contar feitos pasados. O imperfecto de indicativo. Contraste passato prossimo/imperfetto. Cera/cerano. Uso de appena; già; non ancora, ancora, sempre. Concordancia entre o participio pasado e o pronome complemento directo. A partícula Ci con valor de lugar.

-Expresar sensacións e estados de ánimo. No presente e no pasado. Uso dos tempos verbais. Verbos reflexivos.

-Falar de accións futuras: facer plans, expresar desexos. Marcadores temporais con indicación de futuro (prossimo, tra, fra). Elementos para falar do futuro: presente do indicativo de dovere e pensare + di + infinitivo. Condicional simple do verbo volere (vorrei).

-Expresar acordo e desacordo. Dar opinións. Credo di si/no. Bisogna/bisognerebbe + infinitivo.

II.1.a.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: etapas da vida dunha persoa, alimentos, vacacións, tempo libre, relacións persoais e sociais, ocio, lugares, estados físicos e emotivos, etc.

II.2.

Fonética.

-Entoación de frases afirmativas, negativas e interrogativas.

-Recoñecemento e contraste entre sons xordos e sonoros.

-Repaso de grupos consonánticos de especial dificultade.

-Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordo, discrepancia, etc.) asociadas a situacións concretas de comunicación.

-Identificación das normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen a lingua estranxeira.

-Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo cultural propios dos países onde se fala a lingua estranxeira: festividades, tradicións, etc.

-Recoñecemento da presencia da lingua estranxeira nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de procedencias diversas.

-Descubrimento doutras civilizacións que falan a lingua estranxeira, reflexionando sobre as súas culturas e as similitudes e diferencias coa nosa.

-Amosar unha actitude positiva e interese cando se fale de aspectos culturais relacionados con outros países onde se fale a lingua estranxeira sen mostrar prexuízos ante criterios ou puntos de vista diferentes, propiciando o achegamento e a eliminación de barreiras na comunicación.

-Valora-la importancia do coñecemento dunha lingua estranxeira como facilitadora de intercambios persoais e culturais.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e mostrar certa desinhibición no uso da lingua estranxeira.

-Desenvolver actitudes que axuden a valora-la cultura propia a partir do contraste con outras.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e específica, a idea principal e os detalles máis relevantes en mensaxes orais (emitidos en situacións de comunicación cara a cara ou por medios de comunicación mecánica) e en textos escritos auténticos, e ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto.

-Participar en conversas breves e utiliza-las estratexias comunicativas máis adecuadas para comprender e facerse comprender e transmitir a outros a información que coñece.

-Ler textos de forma extensiva con finalidades diversas e demostra-la súa comprensión por medio dunha tarefa.

-Redactar textos sinxelos e utiliza-la gramática e o léxico axeitados, así como os recursos de cohesión que os fagan comprensibles ó lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Mostrar habilidades para poñer en práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), e valora-la súa importancia para ter éxito na comunicación.

-Observar regularidades no sistema da lingua estranxeira, analizalas e chegar a conclusións que permitan formular regras.

-Reformular de forma progresiva aquelas normas ou regras que se identifiquen como erróneas.

-Identificar e usa-las distintas formas lingüísticas asociadas á mesma función da linguaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Interpretar correctamente o uso de fórmulas, normas e comportamentos que se transmiten a través dos textos e ter interese por amplia-lo coñecemento de datos culturais.

-Aproxima-las mensaxes que se desexen transmitir ás características particulares do interlocutor, e respecta-las diferencias de pronunciación, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Cuarto curso.

Contidos.

-Comprensión da intención do falante ó emitir mensaxes orais ou escritas.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas en textos mediante a interpretación de elementos lingüísticos: estructura textual, formación de palabras, etimoloxía, prefixos e sufixos, etc.

-Uso de diferentes estratexias lectoras en función do tipo de texto e da finalidade con que se le.

-Uso de convencións propias da conversa natural en tarefas de simulación.

-Reflexión sobre as formas de mellora-las produccións propias, tanto orais como escritas.

-Transferencia de informacións dun código a outro: visual a oral ou escrito, simbólico a lingüístico, etc.

-Valoración da corrección formal na producción de mensaxes orais e escritas.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos para dar cohesión e coherencia.

-Estructuración e organización en parágrafos das ideas que se desexan transmitir: planificación e desenvolvemento de ideas, signos de puntuación e conectores.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Expresar opinións e puntos de vista. Acordo e desacordo. Credo di + infinitivo (repaso). Credo che + presente de subxuntivo. Presente de subxuntivo de essere.

-Felicitar a alguén, da-lo pésame e o parabén, saber responder nesas situacións. Fórmulas. Che + adxectivo/substantivo nas frases exclamativas.

-Pedir novas de alguén e reaccionar ante elas. Contraste passato prossimo/imperfetto (repaso). Adxectivos e substantivos para reaccionar ante unha nova. Outras expresións de resposta.

-Expresar opinións sobre os demais. Presente de subxuntivo. Mi piace/non mi piace, che + subxuntivo. O comparativo. Período hipotético: se + presente (+ presente na subordinada). Quando + presente, presente.

-Dar e recibir consellos. Elementos para dar consellos. O condicional simple: verbos regulares e irregulares máis frecuentes. Uso de ci vuole/ci vogliono. Expresión se fossi in te + condicional simple. O imperativo negativo.

-Expresar hipóteses. Soños e desexos. Uso do condicional na frase principal. Imperfecto de subxuntivo: introducción. Se + imperfecto de subxuntivo + condicional.

-Pregunta-lo tempo transcorrido ou a duración dunha acción. Expresións: da quanto tempo...?, da molto che...?. Elementos para respostar a estas preguntas: per la prima, secunda volta, di nuovo, ancora, un' altra volta mai, da sempre, etc.

-Expresar sensacións e estados de ánimo. Algunhas expresións (repaso). Mi preocupa + che + subxuntivo.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: relacións persoais e sociais, ocio, sentimentos, lugares, etc..

-Fórmulas e expresións.

II.3.

Fonética.

-Recoñecemento e contraste entre consonantes simples e dobres.

-Fonemas de especial dificultade.

-Acentuación de palabras e frases.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Adecuación de elementos semióticos, tales como patróns xestuais ou proxémicos en función do interlocutor, respectando a propia idiosincrasia.

-Uso dun rexistro axeitado en función da situación de comunicación: formal, neutro, informal, etc.

-Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se traballa: costumes, tradicións, celebracións, etc.

-Uso da lingua estranxeira para propiciar encontros interculturais.

-Afondamento no coñecemento de trazos culturais e de comportamento social que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e diferencias entre culturas propias de falantes da lingua estranxeira.

-Valora-la lingua estranxeira como instrumento esencial para domina-los novos medios de comunicación tecnolóxica.

-Valora-la importancia da lingua estranxeira nas relacións internacionais, no traballo e noutros ámbitos da actividade humana, e tamén as contribucións doutras culturas que enriquecen a nosa.

-Afianzarse no proceso de autonomía de aprendizaxe da lingua estranxeira como punto final da súa formación básica.

-Interesarse pola identificación de perspectivas socioculturais en noticias ou temas de actualidade que transmiten os medios de comunicación.

-Respecta-las diferencias de opinións sobre temas de interese e mostrar unha disposición a entender e facerse entender na lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e a específica, ideas principias e secundarias en mensaxes orais sobre temas familiares para o alumno ou relacionados cos aspectos cotiás da cultura e da sociedade dos países onde se fala a lingua estranxeira e en textos escritos auténticos de distintos tipos (descritivos, narrativos, argumentativos, explicativos), distinguindo entre feitos e opinións e identificando os principais argumentos expostos polo autor.

-Participar en conversas e utiliza-las estratexias axeitadas para iniciar, manter e facer progresa-la comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e a intención da comunicación.

-Ler de maneira autónoma diferentes tipos de materiais adecuándoos a diferentes intencións (consulta, busca de información, lectura detallada, pracer, etc.).

-Producir textos escritos atendendo a diferentes intencións comunicativas, e respecta-los elementos que aseguran a cohesión e coherencia do texto de maneira que este sexa facilmente comprensible para o lector.

* Reflexións sobre a lingua.

Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorrección das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

-Reflexionar sobre regularidades e excepcións propias do sistema lingüístico da lingua estranxeira.

-Mostrar un grao suficiente de conceptuación en relación con funcións da linguaxe, elementos lingüísticos, formatos e características de textos, cohesión e coherencia do discurso.

-Incorporar de modo consciente os mecanismos de aprendizaxe xa utilizados (facer deduccións, induccións, clasificar, categorizar, formar palabras) en situacións novas de aprendizaxe.

* Aspectos socioculturais.

Identificar e interpreta-las diferencias culturais apoiándose en claves lingüísticas e non lingüísticas que axuden á súa comprensión.

-Recoñecer elementos socioculturais nas informacións que se transmiten nos medios de comunicación sobre acontecementos de actualidade.

Área de linguas estranxeiras: portugués

Introducción.

O aumento das relacións internacionais por motivos educativos, laborais, profesionais, culturais, turísticos ou de acceso a medios de comunicación, entre outros, fai que o coñecemento de linguas estranxeiras sexa unha necesidade crecente na sociedade actual.

O dominio de linguas estranxeiras implica a posibilidade de acceder a outras culturas, costumes e idiosincrasias, ó mesmo tempo que fomenta as relacións interprofesionais, favorece unha formación integral do individuo e desenvolve o respecto por outros países, polos seus falantes e polas súas culturas; permítenos, ademais, comprender mellor a nosa propia lingua.

A integración na Unión Europea de países falantes de linguas diversas fai necesario o coñecemento de linguas estranxeiras para facilita-la comunicación entre os membros desta ampla comunidade. Neste contexto, recoñécese o papel das linguas estranxeiras como elemento clave na construcción da identidade europea: unha identidade plurilingüe e multicultural, ó mesmo tempo que é un dos factores que favorece a libre circulación de persoas e facilita a cooperación cultural, económica, técnica e científica entre os países.

O Consello de Europa establece un marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, indicando que para desenvolver progresivamente a competencia comunicativa nunha determinada lingua o alumnado debe ser capaz de levar a cabo unha serie de tarefas de comunicación.

As tarefas de comunicación configuran un conxunto de accións que teñen unha finalidade concreta dentro dun ámbito específico. Para a súa realización, actívase a competencia comunicativa, póñense en xogo diversas estratexias e utilízanse diferentes destrezas lingüísticas e discursivas de forma contextualizada. Polo tanto, as actividades nas que se usa a lingua estranxeira están enmarcadas en ámbitos que poden ser de tipo público (todo o relacionado coa interacción social cotiá), persoal (relacións familiares e prácticas sociais individuais), laboral ou educativo.

A competencia comunicativa, que se desenvolverá no proceso de realización de tarefas de comunicación, incluirá as seguintes subcompetencias: competencia lingüística (elementos semánticos, morfosintácticos e fonolóxicos), competencia pragmática o discursiva (funcións, actos de fala, conversa, etc.), competencia sociolingüística (convencións sociais, intención comunicativa, rexistros, etc.). A competencia estratéxica poderíase incluír, tamén, como unha subcompetencia da comunicativa.

O alumnado utilizará estratexias de comunicación de forma natural e sistemática co fin de facer eficaces os actos de comunicación realizados a través das destrezas comunicativas. Estas serán: productivas (expresión oral e escrita), receptivas (comprensión oral e escrita e interpretación de códigos non verbais) e baseadas na interacción ou mediación.

A comunicación oral e escrita debe ser traballada nesta etapa: no primeiro ciclo prestaráselle maior atención á comunicación oral; no segundo, darásellese cada vez máis importancia á comunicación escrita. A lingua estranxeira debe converterse na lingua de comunicación oral na clase, sendo de vital importancia a presentación ós alumnos de actividades que fagan posible a mellora da comprensión oral e que axuden á producción de textos orais, tendo en conta o contido máis cá forma durante o primeiro ciclo, e facendo máis fincapé na forma durante o segundo ciclo.

En canto á comunicación escrita, resulta esencial adestra-lo alumnado no dominio das claves non lingüísticas que o axuden a comprende-la mensaxe e nas prácticas de comprensión escrita centradas tanto na lectura extensiva como intensiva. Nesta etapa é fundamental realizar actividades centradas na atención ó plan previo ó escrito, ó formato, á ortografía e á puntuación.

Por tratarse dunha etapa obrigatoria, os alumnos perante os que nos encontramos teñen diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses: son alumnos que no futuro abranguerán un espectro social que cubrirá desde obreiros cualificados ata titulados superiores pasando por profesionais medios. Por iso, non propoñemos utilizar un enfoque metodolóxico único e si garanti-lo equilibrio entre as catro destrezas e reflecti-lo dito equilibrio no criterio que se seguirá á hora da avaliación. Esta última, debe aparecer en tódolos momentos do proceso educativo. A avaliación non pode equipararse cos resultados dos exames escritos ou test gramaticais exclusivamente. As probas teñen que medir non só a competencia comunicativa no bloque da comunicación escrita; tamén temos que avaliar, e de modo fundamental nesta etapa, o bloque da comunicación oral, a reflexión sobre a lingua e o compoñente sociocultural.

A avaliación, pois, abarcará as catro destrezas e servirá para que o alumno reflexione sobre a súa aprendizaxe e para que o profesor reflexione sobre o seu papel como facilitador desa aprendizaxe.

Obxectivos.

* Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como productivas, co fin de realizar intercambios de información dentro e fóra da aula.

* Ler diversos tipos de textos de forma comprensiva e sen axuda de diccionario, co fin de acceder a fontes de información variadas e como medio para coñecer culturas e formas de vida distintas das propias.

* Desenvolve-la capacidade de comunicarse oralmente e por escrito de forma eficaz en situacións habituais, a través de tarefas específicas.

* Transferir ó coñecemento da lingua estranxeira as estratexias de comunicación adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas, co fin de realizar tarefas interactivas en situacións reais ou simuladas.

* Reflexionar sobre o funcionamento da lingua como elemento facilitador da aprendizaxe na realización de tarefas e como instrumento para o desenvolvemento da autonomía.

* Utiliza-las estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (diccionarios, libros de consulta, materiais multimedia, etc.) co fin de buscar información e de resolver situacións de aprendizaxe de forma autónoma.

* Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar melloras que leven ó éxito na consecución das tarefas formuladas.

* Acceder ó coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira, desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falantes, para lograr un mellor entendemento internacional.

* Aprecia-lo valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas que pertencen a culturas diferentes e como elemento favorecedor das relacións sociais e interpersoais.

* Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (autoavaliación).

* Compara-la lingua ou linguas coñecidas polos alumnos coa lingua estranxeira que será obxecto de estudio.

Primeiro curso.

Contidos.

-Anticipación do contido do que se vai escoitar ou ler a partir dos datos coñecidos e da información contextual proporcionada: debates e discusións iniciais, resposta a preguntas, observación de ilustracións e título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información global e específica en textos orais e escritos: mensaxe principal, intención, título, etc.

-Activación de coñecementos previos e uso do contexto para interpretar información específica en textos orais e escritos: transferir información dun formato a outro; completar formularios, listaxes, etiquetas, invitacións, táboas, etc.

-Identificación de distintos tipos de textos: descritivos, narrativos, conversacionais, etc. (cartas, diarios, historias, etc.).

-Escoita e lectura atenta de textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requiridos: busca de diferencias, identificación de informacións falsas, etc.

-Identificación da información irrelevante para non centrarse nela en función da tarefa.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe que se debe utilizar e a mensaxe que se vai transmitir.

-Participación interactiva en conversas por parellas e pequenos grupos, respectando as quendas de palabra e tomando a iniciativa para propoñer temas, facer preguntas e responder de forma personalizada.

-Adopción e representación de papeis en situacións simuladas traballadas con anterioridade.

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas que permitan superar interrupcións na comunicación.

-Aceptación dos erros propios como algo natural e sobre os que un debe reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe.

-Desenvolvemento da expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

-Utilización de tódalas destrezas e dos coñecementos lingüísticos adquiridos para realizar tarefas baseadas en materiais auténticos: cuestionarios, formularios, enquisas, etc.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Saudar, presentarse, contestar a saúdos e presentacións. Saúdos e rutinas. Pronomes persoais do suxeito. Formas verbais: Chamo-me, chama-se, sou, é. Verbos Ser e estar: presente de indicativo. Verbos ser e estar: + adxectivos. O determinante: artigo definido e indefinido. Preposicións: durante, como, excepto, entre. Interxeccións: Olá!, Viva!, Adeus!, Oxalá!, Ah!.

-Dar, pedir e comprender informacións persoais. Dar énfases. Cardinais (1 ó 100). Verbo ter: presente de indicativo. O pronome interrogativo. O determinante demostrativo. A frase interrogativa. Frases enfáticas con: ...É que.... e ...que...

-Dar, pedir e comprender instruccións e direccións. Dirixirse a alguén de forma formal e informal. Pronomes persoais reflexos: Me, te, se, nos. Verbos regulares da primeira conxugación (-ar): presente de indicativo. Pronomes demostrativos. A oración composta. Conxuncións: E, ou, porque, quando, pois. Adverbios de lugar: Aquí, aí, ali, lá, perto, longe. Formas de tratamento: tu, você, a señora, o señor.

-Describir e comparar lugares, cousas, persoas, etc.. Adxectivos cualificativos: xénero, concordancia e colocación. Forma comparativa dos adxectivos. Acentuación gráfica. Verbo haver (forma non persoal). Preposicións e locucións preposicionais: Em, dentro de, em cima de, atrás de, debaixo de, em frente de, ao lado de, entre. Formación do plural e do feminino dos nomes (regras xerais e excepcións).

-Describir accións no presente. Contrastar accións habituais con accións en curso. O infinitivo. Perífrases de: Estar a + infinitivo. Verbos da segunda conxugación (-er): presente do indicativo. Estou a fazer y faço (presente de indicativo). Días da semana, meses e data. Adverbios de modo: Assim, bem, como, mal, pior, melhor. Preposicións de tempo: A, de, em, para, por. O pronome posesivo.

-Localizar accións pasadas no tempo. Describir e narrar feitos pasados. Verbos regulares da 3ª conxugación (-ir): presente de indicativo. Verbos en -air: presente de indicativo. Pretérito perfecto simple de indicativo (verbos irregulares): Eu fui, estive, tive. Pretérito perfecto simple de indicativo (verbos regulares). Pronome relativo. Adverbios e locucións adverbiais: Hoje, ontem, dantes, às veces, de repente, etc.. Conxuncións de coordinación: Mas, e, ou, até, a, também.

-Expresar desexos, intencións e plans para o futuro. Ordinais (1º ó 20º). Preposición: contra. Futuro simple do indicativo. Pretérito imperfecto de indicativo (verbos regulares). Adverbios e locucións adverbiais: Amanhã, nunca, jamais, em breve, apenas. Os tipos e formas da oración. A entoación.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: nome de países, nacionalidades, familia, casa, escola, profesións, división do tempo, lugares, etc..

-Expresións.

II.3.

Fonética.

-O alfabeto.

-Vocais e ditongos orais.

-Vocais e ditongos nasais.

-Consonantes e grupos consonánticos.

-Acento tónico e gráfico.

-La división silábica.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de trazos socioculturais relacionados cos textos e situacións de comunicación que se traballen.

-Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua estranxeira e os propios.

-Adecuación de usos socioculturais da lingua estranxeira cando esta é o medio de comunicación entre falantes con maternas diferentes.

-Diferenciación de usos formais e informais da lingua estranxeira.

-Uso de fórmulas axeitadas nas relacións sociais.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, respectando as distintas manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Segundo curso.

Contidos.

-Anticipación sucesiva de ideas mentres se escoita ou le.

-Escoita e lectura atenta de textos para captar o sentido global dos mesmos e extraer informacións detalladas requiridas.

-Identificación da estructura propia de distintos tipos de textos: cartas, narracións, informes, diálogos, entrevistas, etc.

-Distinción entre información relevante e irrelevante en función da tarefa programada.

-Interpretación do significado de elementos descoñecidos a partir do contexto e dos coñecementos previos.

-Iniciativa para ler de forma autónoma distintos tipos de textos con fins de ocio ou informativos: lecturas graduadas, biografías sinxelas, poemas breves, datos culturais, etc.

-Relato de historias breves oralmente ou por escrito.

-Interacción con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

-Uso de modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos personalizados: invitacións, diarios, entrevistas, etc.

-Revisión de borradores na producción escrita antes de edita-lo texto definitivo.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Saudar. Presentarse e presentar a alguén. Facer pedidos, recomendacións e dar consellos. Verbos dar e querer. Presente de indicativo. Pronomes indefinidos variables. Adverbios: Ainda, já. Proverbios.

-Dar, pedir e confirmar opinións. A expresión dos sentimentos e das preferencias. Pretérito imperfecto de indicativo de verbos regulares e irregulares. Pronomes relativos invariables. Locucións adverbiais: de preferencia, de costume. Pronomes persoais: complemento directo: Lo(s), la(s), no(s), na(s).

-Deducir, expresar agrado e desagrado. Falar de accións impersoais relacionadas co pasado. Expresións de tempo con: Desde e há. Pronomes persoais complemento directo: Me, te, o, a, lhe. Locucións de coordinación: Não só... mas também, quer... quer, nem... nem.... Pretérito perfecto simple: Haver (forma impessoal).

-Describir cousas, lugares e persoas relacionados con situacións cotiás (profesións, medios de transporte, etc.). Preposicións (a, para + verbos de movemento; de, em + meios de transporte). Perífrases de: Haver de + infinitivo. Locucións con función. Preposicións de movemento: A, de, em, para, por.

-Expresar acontecementos pasados relacionados co presente. A expresión da necesidade e obrigación. Pretérito perfecto composto de indicativo: ter (presente) + participio passado, há + expresións de tempo. Adverbios: actualmente, anteontem, ontem, apenas, infelizmente, principalmente. Locucións de coordinación: menos... do que, quer... quer, sempre que, tão... como. Verbos irregulares: imperativo afirmativo.

-Expresar consecuencia e finalidade. Oracións subordinadas con: porque, pois, que, como. Partícula apassivante: se. Com + pronomes persoais complemento circunstancial: comigo, contigo, consigo, conozco, com ele(s), com ela(s). Locucións preposicionais: por causa de, a pesar de.

-Expresar acontecementos futuros, probabilidade e posibilidade. Presente de subxuntivo dos verbos poder, querer, fazer. Pronomes persoais complemento directo e indirecto: Nós, vós, os, as, lhes. Conxuncións de coordinación: logo, por tanto, porém.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: casa, persoas, lugares, obxectos, profesións, medios de transporte, vestiario, etc..

-Expresións.

II.3.

Fonética.

-Acento tónico e gráfico.

-Consonantes xordas/sonoras.

-Consonantes xordas/sonoras.

-Pronunciación da terminación de palabras en forma de tempos verbais.

-Entoación de frases.

-Ritmo.

-Identificación e interpretación de elementos semióticos (xestuais, entoativos, etc.) usados por falantes da lingua estranxeira: graos de cortesía, de formalidade e informalidade, etc.

-Comparación entre elementos culturais e sociais da lingua estranxeira transmitidos por falantes de distintos países.

-Desenvolvemento de habilidades interculturais no uso da lingua estranxeira.

-Identificación de aspectos socioculturais que se utilizarían con falantes nativos da lingua estranxeira e con falantes doutras procedencias.

-Familiaridade cos rexistros (formal, neutro e informal) e variedades da lingua estranxeira atendendo á idade, ó rango, etc.

-Valora-la importancia de comunicarse na lingua estranxeira, tanto nas interaccións na clase como fóra dela.

-Mostrar curiosidade e interese por coñecer aspectos da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira respectando ós falantes e as diferentes manifestacións culturais de cada país.

-Amosar unha boa disposición para supera-las dificultades que xorden na comunicación na lingua estranxeira.

-Valora-la propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e a súa importancia como medio de comunicación internacional.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e certa desinhibición na lingua estranxeira.

-Valora-la nosa propia cultura en contraste coa que transmite a lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

Co fin de comprobar se os alumnos desenvolveron as capacidades expresadas nos obxectivos, teranse en conta os seguintes criterios de avaliación con respecto a:

* Habilidades comunicativas.

-Identifica-la información global e específica en textos orais (conversas, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ó alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo quen de anticipa-lo significado dalgúns elementos a través do contexto.

-Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

-Ler individualmente, utilizando o diccionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para mozos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

-Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiás utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención ós pasos seguidos para mellora-la producción escrita.

* Reflexións sobre a lingua.

Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

-Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de inducción e deducción de forma alternativa.

-Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

-Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

* Aspectos socioculturais.

-Recoñece-los elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos cos que se traballa e identificar informacións culturais.

-Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ó interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

-Utiliza-lo coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Terceiro curso.

Contidos.

-Predicción e anticipación do contido de textos orais e escritos a partir da interpretación de elementos lingüísticos e non lingüísticos.

-Comprensión de ideas principais e secundarias en textos orais e escritos.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas mediante a interpretación de elementos contextuais e lingüísticos: título, ilustracións, formato, colocación, formación de palabras, etc.

-Identificación de trazos que diferencian o código oral e o escrito: elementos de cohesión e coherencia, redundancia e repetición, etc.

-Transmisión de información esencial a outras persoas sobre o escoitado ou lido.

-Planificación na emisión de mensaxes, considerando a intención comunicativa, a situación de comunicación e os interlocutores.

-Desenvolvemento de estratexias que axuden a comunicar con éxito, mantendo un equilibrio entre a corrección formal e a fluidez: ortografía, pausas, signos de puntuación, etc.

-Realización de tarefas lectoras adecuadas ó tipo de texto e á finalidade coa que se le, dependendo de que a lectura sexa intensiva ou extensiva.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos de coordinación e subordinación.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

-Saudar. Presentarse a si mesmo e a outros. Descrición física e de personalidade. Amosar acordo e desacordo. Saúdos e rutinas. Formas de tratamento. Adxectivos cualificativos e as súas formas.

Determinantes posesivos. Contraccións (complemento directo + complemento indirecto): mo, ma, to, ta, lho, lha, etc..

-Falar de accións recentemente concluídas. Describi-las accións en curso. Perífrases de: acabar de + infinitivo, estar a + infinitivo. Expresións de tempo: desde, há. Colocación do determinante e do pronome. Adverbios: entretanto, felizmente, oficialmente, primeiramente, ainda, agora.

-Narrar feitos do pasado. Falar de accións simultáneas no pasado. Contrastar accións habituais no pasado. Pretérito imperfecto de indicativo: verbos irregulares e verbos regulares en -ar, -er, -ir. Costumar (pretérito imperfecto) + infinitivo. Preposición: após, conforme, ante. Ortografía e puntuación.

-Falar de accións que veñen do pasado ata o presente. Contrastar accións habituais no pasado e no presente. Verbo ter (presente) + participio pasado. Pretérito imperfecto de indicativo dos verbos irregulares. Infinitivo: forma persoal. Adverbios: antigamente, dantes, concretamente, precisamente. Locucións preposicionais: a pesar de, no caso de, a respeito de.

-Facer afirmacións e pedidos. Expresar desexos, sentimentos e opinións. Enfatiza-lo obxecto. Adverbios de afirmación: sim, certamente, decerto. Participios irregulares. Voz pasiva: ser + participio passado. Preposicións: a, ante, conforme, consoante.

-Definir e describir cousas, persoas e lugares. Pedir e dar información. Acentuación gráfica. Conxuncións de coordinación: mas, porém, todavía, contudo. Verbos auxiliares: poder, dever. Adxectivos cualificativos: forma comparativa.

-Expresar proxectos e plans coa intención de futuro. Expresar posibilidade e probabilidade. Verbo ir (presente) + infinitivo. Futuro imperfecto de indicativo: verbos regulares. Verbos: estar, andar, ficar + adxectivo. Adverbios: consequentemente, finalmente, probablemente, principalmente, exclusivamente. Pronomes relativos variables.

-Expresa-la obriga e as regras. Pedir e dar permiso, consellos e instruccións. Adverbios de negación: não, nunca, jamais. Derivación por sufixación. Xerundio. Conxuncións e locucións de coordinación: e, nem, não só... como também, não obstante, por conseguinte.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: obxectos, persoas, lugares, relacións persoais e sociais, alimentación, ocio, etc..

-Expresións.

II.3.

Fonética.

-Ritmo.

-Entoación (tipos e formas da frase).

-Contrastes de pronunciación relacionados cos tipos e as formas da frase.

-Acentuación das palabras.

-Relación fonema/grafema de especial dificultade: (s)-ç; (s)-s; (z)-s; (K)-s; (s)-ss; (K)-x; (z)-x; (ks)-x.

-Uso apropiado de fórmulas lingüísticas (cortesía, acordo, discrepancia, etc.) asociadas a situacións concretas de comunicación.

-Identificación das normas e comportamentos propios de pobos e culturas que falen a lingua estranxeira.

-Coñecemento e valoración de elementos de trasfondo cultural propios dos países onde se fala a lingua estranxeira: festividades, tradicións, etc.

-Recoñecemento da presencia da lingua estranxeira nos novos sistemas de comunicación tecnolóxica e a súa utilidade para comunicar con persoas de procedencias diversas.

-Descubrimento doutras civilizacións que falan a lingua estranxeira, reflexionando sobre as súas culturas e as similitudes e diferencias coa nosa.

-Amosar unha actitude positiva e interese cando se fale de aspectos culturais relacionados con outros países onde se fale a lingua estranxeira sen mostrar prexuízos ante criterios ou puntos de vista diferentes, propiciando o achegamento e a eliminación de barreiras na comunicación.

-Valora-la importancia do coñecemento dunha lingua estranxeira como facilitadora de intercambios persoais e culturais.

-Ter unha actitude reflexiva, creativa e cívica na comunicación oral e mostrar certa desinhibición no uso da lingua estranxeira.

-Desenvolver actitudes que axuden a valora-la cultura propia a partir do contraste con outras.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e específica, a idea principal e os detalles máis relevantes en mensaxes orais (emitidas en situacións de comunicación cara a cara ou por medios de comunicación mecánica) e en textos escritos auténticos, e ser capaces de realizar inferencias a partir do contexto.

-Participar en conversas breves e utiliza-las estratexias comunicativas máis adecuadas para comprender e facerse comprender e transmitir a outros a información que coñece.

-Ler textos de forma extensiva con finalidades diversas e demostra-la súa comprensión por medio dunha tarefa.

-Redactar textos sinxelos e utiliza-la gramática e o léxico axeitados, así como os recursos de cohesión que os fagan comprensibles ó lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Mostrar habilidades para poñer en práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), e valora-la súa importancia para ter éxito na comunicación.

-Observar regularidades no sistema da lingua estranxeira, analizalas e chegar a conclusións que permitan formular regras.

-Reformular de forma progresiva aquelas normas ou regras que se identifiquen como erróneas.

-Identificar e usa-las distintas formas lingüísticas asociadas á mesma función da linguaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Interpretar correctamente o uso de fórmulas, normas e comportamentos que se transmiten a través dos textos e ter interese por amplia-lo coñecemento de datos culturais.

-Aproxima-las mensaxes que se desexen transmitir ás características particulares do interlocutor, e respecta-las diferencias de pronunciación, acento ou grao de coñecemento da lingua estranxeira.

Cuarto curso.

Contidos.

-Comprensión da intención do falante ó emitir mensaxes orais ou escritas.

-Inferencia de significados de informacións descoñecidas en textos mediante a interpretación de elementos lingüísticos: estructura textual, formación de palabras, etimoloxía, prefixos e sufixos, etc.

-Uso de diferentes estratexias lectoras en función do tipo de texto e da finalidade con que se le.

-Uso de convencións propias da conversa natural en tarefas de simulación.

-Reflexión sobre as formas de mellora-las produccións propias, tanto orais como escritas.

-Transferencia de informacións dun código a outro: visual a oral ou escrito, simbólico a lingüístico, etc.

-Valoración da corrección formal na producción de mensaxes orais e escritas.

-Producción de textos orais e escritos que conteñan elementos para dar cohesión e coherencia.

-Estructuración e organización en parágrafos das ideas que se desexan transmitir: planificación e desenvolvemento de ideas, signos de puntuación e conectores.

II.1.

Funcións da linguaxe e gramática.

Describir e comparar hábitos e estilos de vida. Expresar desexos dependentes dunha condición. Condicional presente dos verbos regulares. Conxuncións de subordinación: porque, porquanto, pois. Derivación por prefixación: des-, in- (im), i-, (ir-). Pronomes demostrativos: o mesmo, aquele, o outro.

-Narrar feitos do pasado. Falar de accións pasadas vinculadas cun pasado anterior. Participios regu

lares: verbos en -ar, -er, -ir. Pretérito mais-que-perfeito composto do indicativo: ter (imperfeito) + participio passado. Estilo directo-estilo indirecto. Locucións preposicionais: antes de, depois de, a fim de.

-Transmitir opinións e ideas adoptando un estilo propio. Perífrases de: ir + xerundio. Derivación por sufixación: -aria. Adverbios: definitivamente, certamente, decerto.

-Describir e identificar cousas, lugares e persoas. Confirmar preguntando. Facer suxestións. Definir colectivos. Futuro imperfecto de indicativo dos verbos irregulares. Frases interrogativas de confirmación. Conxuncións de coordinación: ou... ou, quer... quer, não só... mas também. Adverbios: aquí, atrás, aí, longe.

-Expresar hipóteses e facer recomendacións. Expresa-lo aspecto durativo dunha acción. Expresa-lo resultado dunha acción. Pretérito perfecto composto de indicativo: ter (presente do indicativo) + participio passado. Voz pasiva: ser + participio passado, estar + participio passado. Oracións condicionais. Conxuncións e locucións de coordinación: por conseguinte, logo, por tanto.

-Evitar situacións. Expresar certeza, incerteza, probabilidade e indignación. Infinitivo (forma non persoal). Contracción dos pronomes persoais complemento directo con complemento indirecto. Locucións de subordinación: visto que, já que, logo que, uma vez que, ainda que, mesmo que. Futuro imperfecto do indicativo en frases interrogativas.

-Expresar preferencias e opinións. Aceptar e rexeitar opinións. Considerar un feito como posible. Futuro de subxuntivo. Preposicións: conforme, consoante, perante. Locucións de subordinación: já que, para que, no caso que. Pronomes relativos invariables.

-Expresar procesos e cambios. Localizar accións futuras no tempo. Dar suxestións e facer plans. Conxuncións e locucións de coordinación: nem, pois, por tanto, por conseguinte, por consequência. Pronomes relativos invariables. A colocación do pronome posesivo.

II.2.

Léxico.

-Relacionado cos temas tratados: relacións persoais e sociais, sentimentos, tempo, ocio, alimentación, vestiario, profesións, viaxes, etc..

-Expresións.

II.3.

Fonética.

-Acentuación de palabras.

-Pronunciación de fonemas da terminación de palabras en formas de tempos verbais.

-Entoación (tipos e formas da frase).

-Ritmo.

-Adecuación de elementos semióticos, tales como patróns xestuais ou proxémicos en función do interlocutor, respectando a propia idiosincrasia.

-Uso dun rexistro axeitado en función da situación de comunicación: formal, neutro, informal, etc.

-Recoñecemento de aspectos socioculturais implícitos nos textos cos que se traballa: costumes, tradicións, celebracións, etc.

-Uso da lingua estranxeira para propiciar encontros interculturais.

-Afondamento no coñecemento de trazos culturais e de comportamento social que presentan distintos grupos da mesma comunidade lingüística: similitudes e diferencias entre culturas propias de falantes da lingua estranxeira.

-Valora-la lingua estranxeira como instrumento esencial para domina-los novos medios de comunicación tecnolóxica.

-Valora-la importancia da lingua estranxeira nas relacións internacionais, no traballo e noutros ámbitos da actividade humana, e tamén as contribucións doutras culturas que enriquecen a nosa.

-Afianzarse no proceso de autonomía de aprendizaxe da lingua estranxeira como punto final da súa formación básica.

-Interesarse pola identificación de perspectivas socioculturais en noticias ou temas de actualidade que transmiten os medios de comunicación.

-Respecta-las diferencias de opinión sobre temas de interese e mostrar unha disposición favorable a entender e facerse entender na lingua estranxeira.

Criterios de avaliación.

* Habilidades comunicativas.

-Extrae-la información global e a específica, ideas principias e secundarias en mensaxes orais sobre temas familiares para o alumno ou relacionados cos aspectos cotiás da cultura e da sociedade dos países onde se fala a lingua estranxeira e en textos escritos auténticos de distintos tipos (descritivos, narrativos, argumentativos, explicativos), distinguindo entre feitos e opinións e identificando os principais argumentos expostos polo autor.

-Participar en conversas e utiliza-las estratexias axeitadas para iniciar, manter e facer progresa-la comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e a intención da comunicación.

-Ler de maneira autónoma diferentes tipos de materiais adecuándoos a diferentes intencións (consulta, busca de información, lectura detallada, pracer, etc.).

-Producir textos escritos atendendo a diferentes intencións comunicativas, e respecta-los elementos que aseguran a cohesión e coherencia do texto de maneira que este sexa facilmente comprensible para o lector.

* Reflexións sobre a lingua.

-Utilizar conscientemente os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorrección das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

-Reflexionar sobre regularidades e excepcións propias do sistema lingüístico da lingua estranxeira.

-Mostrar un grao suficiente de conceptuación en relación con funcións da linguaxe, elementos lingüísticos, formatos e características de textos, cohesión e coherencia do discurso.

-Incorporar de modo consciente os mecanismos de aprendizaxe xa utilizados (facer deduccións, induccións, clasificar, categorizar, formar palabras) en situacións novas de aprendizaxe.

* Aspectos socioculturais.

-Identificar e interpreta-las diferencias culturais apoiándose en claves lingüísticas e non lingüísticas que axuden a súa comprensión.

-Recoñecer elementos socioculturais nas informacións que se transmiten nos medios de comunicación sobre acontecementos de actualidade.

Área de lingua galega e literatura

Introducción.

A materia de lingua galega e literatura na ESO oriéntase tanto á aprendizaxe instrumental do idioma como á comprensión da realidade lingüística de Galicia, co obxecto de desenvolver nos escolares, ademais do uso correcto, unha actitude de aprecio e de sensibilidade cara á lingua galega e a súa aceptación social.

É conveniente, nesta etapa, asumi-la bagaxe lingüística do alumnado como punto de partida desde o que suxerir e achegar modelos normativos que amplíen as súas capacidades de comunicación. Este punto de partida non é alleo á análise e á comprensión do medio sociolingüístico no que viven os alumnos nin ós factores (socioeconómicos, culturais etc.) que interveñen nel. Polo tanto, partindo das aprendizaxes adquiridas na educación primaria, a ESO debe favorece-lo uso funcional da lingua como instrumento de comunicación e de representación, pero tamén a conciencia crítica sobre a situación do idioma e a súa permanencia histórica. Agora ben, o fomento do uso (procedementos) e do aprecio (actitudes) deberá constatarse, obxectivamente, na práctica e nos coñecementos teóricos de alumnos e alumnas.

En consecuencia, a aprendizaxe de lingua galega e literatura na ESO estará orientada a un triple obxectivo: o progreso do alumnado no dominio das

destrezas instrumentais (escoitar, falar, ler e escribir) e dos coñecementos teóricos xa adquiridos na educación primaria, o coñecemento histórico e a comprensión crítica da evolución e da realidade actual da lingua e o coñecemento da literatura galega (etapas, autores e obras), como manifestación dunha cultura diferenciada e como referente para as súas propias produccións.

Consideramos que tódalas áreas lingüísticas que buscan o desenvolvemento e a mellora da capacidade de comprensión e expresión deberían participar dun marco de referencia común e duns criterios didácticos coherentes, respectando a especificidade de cada unha delas. Por ese motivo, recoméndase a súa coordinación interdepartamental e intradepartamental.

A formación lingüística ten un carácter continuo ó longo das diversas etapas educativas e non existen tanto diferencias de contidos, canto diferencias na intensidade coa que se traballan. Malia esa dificultade, derivada do carácter progresivo na aprendizaxe dunha lingua (que ten sido descrito coa metáfora da espiral), na proposta optouse por presentar contidos separados para cada curso, aínda que na práctica destrezas e coñecementos comparezan conxuntamente. Consideramos importante que a aprendizaxe da lingua oral e da lingua escrita se efectúen en estreita relación, xa que se apoian mutuamente, e as deficiencias na primeira (mala entoación, pobreza léxica, incoherencia, etc.) aparecen reflectidas na segunda. Así pois, o traballo basearase en actividades interdependentes e complementarias relacionadas coa comprensión e a expresión de enunciados orais e a comprensión e a producción de textos escritos.

A reflexión sobre o código, como base para o uso práctico, semella a fórmula máis axeitada para consegui-la competencia comunicativa oral e escrita do alumnado, que deberá incluí-los inevitables aspectos teóricos. Consideramos importante, para mellora-lo uso oral e escrito, a adquisición do léxico patrimonial, para o que se inclúen campos léxicos aglomerados arredor de catro eixes temáticos (a persoa, as relacións sociais, o territorio e a natureza, e as institucións, as tradicións e os costumes), que non exclúen outros.

A incorporación ó estudio da materia do importante papel que os medios de comunicación teñen na sociedade actual achega novas técnicas de traballo (procura de información en redes informáticas, uso dos correctores ortográficos, etc.) que veñen sumarse ás estratexias tradicionais (uso dos diccionarios, bibliotecas, etc.). E, nesa aprendizaxe multifuncional da lingua, ten un papel de relevo a dimensión estética que representa a literatura. O camiño máis axeitado para achegarse a ela é a lectura, como fonte de pracer e de formación, a partir de textos que resulten de interese para alumnas e alumnos.

Tódalas materias do currículo da educación secundaria obrigatoria precisan da linguaxe, tanto para seren transmitidas como para seren adquiridas. En consecuencia, desenvolve-las capacidades lingüísticas, e os obxectivos desta materia, non debe ser responsabilidade exclusiva do profesorado de lingua galega e literatura, senón preocupación compartida por todo o equipo educativo.

Obxectivos.

* Utiliza-la lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

* Utiliza-la lingua galega para a comprensión e para a elaboración de informacións orais e escritas, atendendo ás características formais de cada unha delas.

* Valora-la lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionaron a súa evolución.

* Coñece-las linguaxes específicas e analizar criticamente as funcións sociais dos medios de comunicación de masas.

* Valora-las variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuízos.

* Identifica-los elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

* Recoñece-los elementos temáticos, estructurais e expresivos que caracterizan un texto literario, así como as principais obras, autores e períodos máis significativos da literatura galega.

* Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, apreciando a literatura galega como patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.

Primeiro curso.

Contidos.

-Lectura, recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxías: narración, descrición e diálogo.

-O feito plurilingüe e pluricultural do mundo.

-As orixes do galego: elementos constituíntes do léxico.

-A realidade lingüística de Galicia: o idioma galego no mapa lingüístico español.

-Correspondencia entre sons e grafías.

-Regras básicas de acentuación e de puntuación. A acentuación nas combinacións vocálicas (ditongo, tritongo e hiato).

-Estructura da palabra. Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura e distinción regular/irregular), adverbio e preposición.

-Léxico: a persoa (as partes do corpo, a saúde, a enfermidade, a vestimenta, os alimentos e as bebidas, o lecer e as afeccións, a vivenda, os sentimentos, a vida espiritual, etc.).

-O uso do diccionario e outras fontes de consulta do léxico.

-Análise (lectura e anotacións) e síntese (esquematización e resumo) de textos.

-Peculiaridades da lingua literaria en relación cos outros niveis da lingua.

-Recoñecemento das características dos xéneros literarios máis comúns: narrativa, lírica e dramática.

-Lectura, comentario e resumo oral/escrito de textos breves (contos, lendas, relatos...), tanto da tradición oral como de autores actuais.

Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio comunicativo.

-Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a comunicación lingüística.

-Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.

-Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.

-Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

-Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes específicas.

-Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases características da lingua galega.

-Interese pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento e de información.

-Interese por expresa-las propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.

Segundo curso.

Contidos.

-Características da comunicación oral e escrita.

-Lectura, recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxías: argumentación e exposición.

-Historia externa da lingua: principais etapas.

-A realidade sociolingüística de Galicia: bilingüismo e diglosia. As interferencias lingüísticas.

-Niveis de lingua: estándar, coloquial, culto e científico-técnico.

-Ortografía dos grupos consonánticos.

-Propiedades do texto: adecuación, coherencia e cohesión.

-Enunciado e oración. Tipos de oracións (segundo a actitude do falante: enunciativas, interrogativas, imperativas...; segundo a natureza do predicado: transitivas; intransitivas; activas, pasivas; persoais e impersoais...).

-A oración simple e a frase. Funcións respecto do núcleo «O» e do núcleo «F»: suxeito, predicado e outras funcións sintácticas.

-Léxico: as relacións sociais (a antroponimia, a familia, a actividade escolar, os empregos e as profesións, os transportes e as viaxes, os medios de comunicación, as compras, os espectáculos, etc.).

-Sinonimia e antonimia.

-Uso de diccionarios especializados (de sinónimos, antónimos, dúbidas, refráns, etc.).

-Comparación, glosa e reelaboración de textos.

-Exposición e debate de temas de actualidade.

-Principais recursos estilísticos da lírica, da narrativa e da dramática.

-Relación entre a literatura e o contexto histórico e persoal do autor: lectura e comentario de textos de trobadores, literatura anónima e popular dos

Séculos Escuros, poetas do século XIX e narradores e dramaturgos do século XX.

-Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio comunicativo.

-Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a comunicación lingüística.

-Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.

-Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.

-Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

-Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes específicas.

-Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases características da lingua galega.

-Interese pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento e de información.

-Interese por expresa-las propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.

Criterios de avaliación.

* Utiliza-la lingua galega oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

* Utiliza-la lingua galega oralmente e por escrito para elaborar todo tipo de produccións (descricións, narracións, diálogos, etc.) atendendo ás súas diferentes estructuras formais.

* Utiliza-la lingua galega para elaborar información, respectando as convencións ortográficas, a partir dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

* Integra-los vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua.

* Identifica-los fenómenos de contacto da lingua galega con outras linguas.

* Integra-los elementos formais e os mecanismos da lingua nas propias produccións, atendendo á adecuación das estructuras morfolóxicas e sintácticas.

* Integrar informacións escritas procedentes de textos diversos referidos a un mesmo tema, coa finalidade de elaborar un texto de síntese que reflicta as informacións e os puntos de vista principais, así como as propias opinións.

* Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado.

* Debater sobre un tema, trala busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

* Identifica-lo xénero ó que pertence unha obra literaria, recoñece-los seus elementos estructurais e os recursos estilísticos básicos e emitir unha opinión valorativa sobre ela.

* Producir textos escritos de diferente tipoloxía (narrativa, descritiva, expositiva, argumentativa, etc.), prestando atención á situación comunicativa e ós criterios de corrección establecidos.

Terceiro curso.

Contidos.

-Os medios de comunicación escritos: os xornais e outras publicacións periódicas.

-Análise das seccións e dos xéneros periodísticos.

-Historia interna da lingua: orixe do galego e a súa evolución.

-A normalización e a normativización lingüística do galego.

-Revisión das regras básicas de acentuación e de puntuación. A acentuación diacrítica, das palabras compostas, da interrogación e da exclamación.

-Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número, tipos de substantivos), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura, distinción regular / irregular, formas non persoais, perífrases), adverbio, preposición, conxunción e interxección.

-Léxico: o territorio e a natureza (a toponimia, a aldea e a cidade, países e habitantes (os xentilicios); o clima, o campo, a montaña e o mar, as árbores e as plantas, os animais vertebrados e invertebrados, etc.).

-Formación de palabras: derivación e composición.

-Identificación de voces patrimoniais e de cultismos.

-Técnicas de procura de información en soportes tradicionais (bibliografías, revistas especializadas, bibliotecas, etc.).

-Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudian neste curso.

-A lírica medieval: recoñecemento de diferentes tipos de cantigas.

-A decadencia e o rexurdimento da literatura galega: Rosalía de Castro, Curros e Pondal.

-Lectura e comentario de textos dos autores estudiados neste curso.

-Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio comunicativo.

-Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a comunicación lingüística.

-Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.

-Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.

-Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

-Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes específicas.

-Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases características da lingua galega.

-Interese pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento e de información.

-Interese por expresa-las propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.

Criterios de avaliación.

* Utiliza-la lingua galega, oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

* Utiliza-la lingua galega oralmente e por escrito para elaborar todo tipo de produccións (descricións, narracións, diálogos, etc.) atendendo ás súas diferentes estructuras formais.

* Utiliza-la lingua galega para elaborar información, respectando as convencións ortográficas, a partir dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

* Consultar diferentes fontes de información, lingüísticas e non lingüísticas, co obxecto de realizar traballos de investigación adecuados ó seu nivel.

* Integra-los vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua.

* Integra-los elementos formais e os mecanismos da lingua nas propias produccións, atendendo á adecuación das estructuras morfolóxicas e sintácticas.

* Debater sobre un tema, trala busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

* Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado.

* Recoñece-las características das principais etapas, obras e autores da literatura galega que se estudian neste curso.

* Utiliza-las propias ideas e experiencias para a producción de textos de intención literaria.

Cuarto curso.

Contidos.

-Os medios de comunicación audiovisuais: análise das diferentes linguaxes específicas.

-A situación actual do idioma galego: lexislación que regula o uso das linguas oficiais de Galicia.

-Variedades xeográficas: principais fenómenos lingüísticos que caracterizan as variedades dialectais do galego.

-Maiúsculas, abreviaturas, siglas e acrónimos.

-A oración simple e composta. Funcións sintácticas na oración. Oración composta: coordinación e subordinación. Tipos de oracións coordinadas. Tipos de oracións subordinadas.

-Léxico: as institucións, as tradicións e os costumes (a administración, o tempo, as estacións, as tradicións, os acontecementos cíclicos: o magosto, o nadal, o entroido, as romarías, etc.).

-Polisemia e homonimia.

-Identificación de neoloxismos e préstamos.

-Técnicas de procura de información en novos soportes (redes informáticas, CD Rom, etc.).

-Técnicas de tratamento informático de textos: uso dos correctores ortográficos.

-Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudian neste curso.

-Principais autores e tendencias literarias dos séculos XX e XXI.

-Comentario, entre outros posibles, dun texto de Ramón Cabanillas, Castelao, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Pura Vázquez, Neira Vilas, Carlos Casares e Méndez Ferrín.

-Tendencias actuais da lírica, da narrativa e da dramática.

-Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio comunicativo.

-Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a comunicación lingüística.

-Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións que supoñan prexuízos lingüísticos.

-Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.

-Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.

-Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento progresivo progresivo das súas linguaxes específicas.

-Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases características da lingua galega.

-Interese pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento e de información.

-Interese por expresa-las propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.

Criterios de avaliación.

* Utiliza-la lingua galega oralmente e por escrito para comprender e expresar todo tipo de mensaxes, identificando a intención comunicativa.

* Utiliza-la lingua galega na elaboración de traballos académicos servíndose dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

* Identifica-las principais variantes xeográficas do galego, e integralas nun estándar global da lingua.

* Interpretar, con sentido crítico, as mensaxes procedentes dos medios de comunicación, atendendo ás súas linguaxes específicas (verbais e non verbais).

* Integra-los mecanismos da lingua e os seus elementos formais (marcas de adecuación, procedementos de cohesión, estructura da oración, estructuras textuais, formación de palabras, etc.), para comprende-los textos alleos e mellora-las propias produccións.

* Consultar diferentes fontes de información, lingüísticas e non lingüísticas, co obxecto de realizar traballos de investigación adecuados ó seu nivel.

* Debater sobre un tema, trala busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

* Recoñece-las características das principais etapas, obras e autores da literatura galega.

* Establecer relacións entre as obras máis relevantes da literatura galega e o contexto histórico, social e cultural no que aparecen.

* Utiliza-las propias ideas e experiencias para a producción de textos de intención literaria.

Área de matemáticas

Introducción.

A proposta dun desenvolvemento curricular para as matemáticas na ESO debe ter presentes as finalidades que a sociedade asigna ó seu ensino e que xustifica a súa incorporación ós plans de estudio desta etapa cun incremento da súa carga horaria semanal.

É fundamental que o ensino das matemáticas contemple, como primeira finalidade, a de desenvolve-la capacidade de razoamento, rigor e abstracción no alumnado, para unha adecuada formación intelectual deste, que permita a súa realización persoal. Así mesmo, a linguaxe matemática, as súas estratexias e as súas formas aparecen completamente ligadas ó avance científico, social e cultural da humanidade e constitúen un instrumento de primeira magnitude para comprender, interpretar e expresa-la realidade que nos rodea, e permiten a relación con outras partes dos ámbitos científicos e sociais que, doutra forma, sería moi pobre.

A vinculación das matemáticas ós avances científicos e tecnolóxicos da civilización dan sentido, neste período fundamental da formación do alumnado, á necesidade de potenciar, de forma racional, o manexo dos elementos que a tecnoloxía pon a nosa disposición (calculadora, programas informáticos, ...) co obxecto de poñer ó alumnado en contacto con tan poderosos instrumentos. A forma de facelo debe ser gradual a medida que avancen os cursos.

O ensino das matemáticas na ESO débese configurar de forma cíclica, de tal xeito que en cada curso aparezan contidos que xa figuraron en forma máis elemental en cursos precedentes, co obxecto de que o sistema permita o repaso e a mellor fixación de ideas e técnicas, ampliando o seu campo de aplicación e posibilidade de relación.

Consecuentemente, a metodoloxía debe adaptarse a grupos e situacións diferentes, procurando sempre unha adecuada motivación para anima-lo estudiantado e rendibilizar todo o posible os recursos dos que se dispoñan. Durante o primeiro ciclo son aconsellables as actuacións que potencien a aprendizaxe inductiva a través de observacións e manipulacións,

reforzando a adquisición de destrezas básicas, esquemas e estratexias persoais e colectivas, e consolidando a aprendizaxe das estructuras novas, para rematar coa resolución de problemas.

Obxectivos.

* Utiliza-las formas do pensamento lóxico nos distintos ámbitos da actividade humana.

* Coñecer e aplicar con soltura e adecuadamente as distintas linguaxes matemáticas, co fin de comunicarse de forma clara, concisa, precisa e rigorosa.

* Recoñece-la realidade como diversa e susceptible de ser explicada desde puntos de vista contrapostos e complementarios: determinista/aleatorio, finito/infinito, exacto/aproximado, etc.

* Utilizar con soltura e sentido crítico os distintos recursos tecnolóxicos (calculadoras, programas informáticos) de forma que supoñan unha axuda na aprendizaxe e nas aplicacións instrumentais das matemáticas.

* Resolver problemas matemáticos, sabendo identificar e utilizar tódolos conceptos, procedementos e recursos desde a intuición ata os algoritmos, e a poder ser empregando estratexias diferentes.

* Aplica-los coñecementos xeométricos para comprender e analiza-lo mundo físico que nos rodea.

* Emprega-los métodos e procedementos estatísticos e probabilistas para obter conclusións a partir de datos recollidos no mundo da información.

* Integra-los coñecementos matemáticos no conxunto de saberes que o alumnado debe adquirir ó longo da ESO, non só nos aspectos científicos e tecnolóxicos senón tamén nos aspectos sociais, estéticos, laborais, etc.

* Desenvolver técnicas e métodos relacionados cos hábitos de traballo, con curiosidade e interese para investigar e resolver problemas, mostrando responsabilidade e colaboración no traballo en equipo.

Primeiro curso.

Contidos.

-Números naturais. O sistema de numeración decimal. Divisibilidade.

-Números enteiros. Fraccións e decimais. Operacións elementais. Redondeos.

-Potencias de expoñente natural. Raíces cadradas exactas.

-As magnitudes e a súas medidas. O sistema métrico decimal. Sistemas monetarios. O euro.

-Magnitudes directamente proporcionais. Porcentaxes.

-Elementos básicos da xeometría do plano.

-Descrición, construcción, clasificación e propiedades características das figuras planas elementais.

-Cálculo de áreas e perímetros das figuras planas elementais.

-Construcción e interpretación de táboas de valores.

-Interpretación e lectura de gráficas relacionadas cos fenómenos naturais, a vida cotiá e o mundo da información.

-Valoración da precisión das distintas linguaxes matemáticas para representar, expresar ou resolver diferentes situacións relativas á vida cotiá.

-Curiosidade por descubrir relacións e propiedades matemáticas.

-Interese, confianza e tenacidade fronte a diferentes situacións problemáticas e na busca das súas respectivas solucións.

-Disposición favorable á comprobación e revisión dos resultados calquera que sexa o problema resolto.

-Recoñecemento da necesidade de realizar cálculos, exactos ou aproximados, seguindo a estratexia que cada caso aconselle.

-Valoración das matemáticas para interpretar, describir e predicir situacións incertas.

-Sensibilidade, interese e valoración crítica diante das informacións e mensaxes de natureza numérica, gráfica ou estatística.

-Sensibilidade e gusto polo rigor tanto nas argumentacións como na realización dos cálculos.

-Respecto polo traballo e as opinións dos demais, especialmente ó realizar actividades en equipo.

-Recoñecemento e valoración crítica da utilidade dos recursos tecnolóxicos para a realización de cálculos.

Segundo curso.

Contidos.

-Relación de divisibilidade. M.C.D. e m.c.m. de dous números naturais.

-Operacións elementais con fraccións, decimais e números enteiros. Xerarquía das operacións e uso da paréntese.

-Estimacións, aproximacións e redondeos. Raíces cadradas aproximadas. Cálculo mental.

-Medida do tempo e os ángulos. Precisión e estimación nas medidas.

-Magnitudes directa e inversamente proporcionais. Porcentaxes e aplicación a incrementos e descontos.

-Interpretación de fórmulas e expresións alxébricas. Ecuacións de primeiro grao. Sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas.

-Ángulo. Ángulo sobre a circunferencia e polígonos regulares.

-Semellanza. Teorema de Tales. Razón de semellanza. Planos e escalas.

-Triángulos rectángulos. O teorema de Pitágoras.

-Elementos básicos da xeometría do espacio. Idea intuitiva de puntos, rectas e planos.

-Descrición e propiedades características dos corpos xeométricos elementais. Cálculo de áreas e volumes.

-Coordenadas cartesianas. Táboas de valores e gráficas cartesianas.

-Relacións funcionais entre magnitudes directamente proporcionais.

-Gráficas das funcións constante, lineal e afín.

-Interpretación e lectura de gráficas relacionadas cos fenómenos naturais, a vida cotiá e o mundo da información.

-Estatística unidimensional. Distribucións discretas.

-Táboas de frecuencias. Diagramas de barras. Medidas de centralización. Interpretación.

-Valoración da precisión das distintas linguaxes matemáticas para representar, expresar ou resolver diferentes situacións relativas á vida cotiá.

-Curiosidade por descubrir relacións e propiedades matemáticas.

-Interese, confianza e tenacidade fronte a diferentes situacións problemáticas e na busca das súas respectivas solucións.

-Disposición favorable á comprobación e revisión dos resultados calquera que sexa o problema resolto.

-Recoñecemento da necesidade de realizar cálculos, exactos ou aproximados, seguindo a estratexia que cada caso aconselle.

-Valoración das matemáticas para interpretar, describir e predicir situacións incertas.

-Sensibilidade, interese e valoración crítica diante das informacións e mensaxes de natureza numérica, gráfica ou estatística.

-Sensibilidade e gusto polo rigor tanto nas argumentacións como na realización dos cálculos.

-Respecto polo traballo e as opinións dos demais, especialmente ó realizar actividades en equipo.

-Recoñecemento e valoración crítica da utilidade dos recursos tecnolóxicos para a realización de cálculos.

Criterios de avaliación.

* Utilizar de forma adecuada os números enteiros, as fraccións, os decimais e as raíces cadradas para resolver situacións relacionadas coa vida cotiá.

* Elixir, ó resolver un determinado problema, o tipo de cálculo axeitado (mental ou manual) e darlle significado as operacións e resultados obtidos, de acordo co enunciado.

* Estimar e calcular expresións sinxelas nas que aparezan números enteiros, fraccionarios e radicais básicos (baseadas nas operacións elementais que involucren, como máximo, dúas operacións encadeadas e unha paréntese), aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo un uso adecuado dos signos e as parénteses.

* Utiliza-las aproximacións numéricas, por defecto e por exceso, relacionadas elixíndoas e valorándoas de forma conveniente na resolución de problemas, desde a toma de datos ata a solución.

* Simbolizar e resolver problemas sinxelos utilizando métodos numéricos, gráficos ou alxébricos, cando se baseen na aplicación de fórmulas coñecidas ou na resolución de ecuacións sinxelas de primeiro grao.

* Manexa-las distintas unidades de medidas e as súas relacións, empregando convenientemente o factor de conversión, regra de tres simple, directa e inversa, e porcentaxes, para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e valorando o grao de precisión.

* Recoñecer, debuxar e describi-los elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos elementais e as súas configuracións xeométricas a través de ilustracións, de exemplos tomados da vida real ou nun contexto de resolución de problemas xeométricos.

* Emprega-lo teorema de Pitágoras e demais fórmulas adecuadas para obter lonxitudes, áreas e volumes das figuras planas e dos corpos elementais, nun contexto de resolución de problemas xeométricos.

* Interpretar e utiliza-las relacións de proporcionalidade xeométrica entre segmentos e figuras planas utilizando o teorema de Tales e os criterios de semellanza. Utilizar adecuadamente as escalas,

numéricas e gráficas, para coñecer realmente as dimensións de figuras representadas en mapas ou planos.

* Representar e interpretar puntos e gráficas cartesianas de relacións funcionais sinxelas, baseadas na proporcionalidade directa, que veñan dadas a través de táboas de valores e intercambiar información entre esas táboas e as gráficas.

* Descubri-la información práctica de gráficas sinxelas (de trazo continuo) nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos naturais e da vida cotiá.

* Obter e interpreta-las táboas de frecuencias, diagramas, así como as medidas de centralización dunha distribución discreta.

Terceiro curso.

Contidos.

-Números racionais. Operacións elementais e potencias de expoñente enteiro. Xerarquía das operacións e uso da paréntese.

-Os números decimais, periódicos e non periódicos. Operacións elementais con radicais. Aproximacións e erros. Recoñecemento de números irracionais.

-Sucesións numéricas. Iniciación ás progresións aritméticas e xeométricas.

-Polinomios. Operacións elementais. Identidades notables. Raíces dun polinomio. Factorización.

-Resolución alxébrica de ecuacións de primeiro grao e sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas. Ecuacións de segundo grao.

-Descrición e propiedades elementais das figuras planas e os corpos elementais. Cálculo de áreas e volumes.

-Poliedros regulares. Cono, cilindro e esfera. Áreas e volumes. O globo terráqueo: coordenadas xeográficas.

-Translacións, xiros e simetrías no plano. Identificación, elementos característicos.

-Relacións funcionais. Distintas formas de expresar unha función.

-Estudio gráfico dunha función: crecemento e decrecemento, máximos e mínimos, simetrías, continuidade e periodicidade.

-Estudio gráfico e alxébrico das funcións constantes, lineais e afíns.

-Interpretación e lectura de gráficas en problemas relacionados cos fenómenos naturais, a vida cotiá e o mundo da información.

-Estatística unidimensional. Táboas de frecuencias e gráficos estatísticos.

-Parámetros de centralización e dispersión. Interpretación.

-Experimentos aleatorios. Frecuencia e probabilidade dun suceso.

-Cálculo de probabilidades mediante a Lei de Laplace.

-Valoración da precisión das distintas linguaxes matemáticas para representar, expresar ou resolver diferentes situacións relativas á vida cotiá.

-Curiosidade por descubrir relacións e propiedades matemáticas.

-Interese, confianza e tenacidade fronte a diferentes situacións problemáticas e na busca das súas respectivas solucións.

-Disposición favorable á comprobación e revisión dos resultados calquera que sexa o problema resolto.

-Recoñecemento da necesidade de realizar cálculos, exactos ou aproximados, seguindo a estratexia que cada caso aconselle.

-Valoración das matemáticas para interpretar, describir e predicir situacións incertas.

-Sensibilidade, interese e valoración crítica diante das informacións e mensaxes de natureza numérica, gráfica ou estatística.

-Sensibilidade e gusto polo rigor tanto nas argumentacións como na realización dos cálculos.

-Respecto polo traballo e as opinións dos demais, especialmente ó realizar actividades en equipo.

-Recoñecemento e valoración crítica da utilidade dos recursos tecnolóxicos para a realización de cálculos.

Criterios de avaliación.

* Identificar e utiliza-los distintos tipos de números racionais elixindo para un determinado tipo de problema o cálculo adecuado (mental, manual, con calculadora), dando significado ás operacións, procedementos e resultados obtidos, de acordo co enunciado.

* Estimar, calcular e simplificar expresións numéricas sinxelas de racionais (baseadas nas operacións elementais e potencias de expoñente enteiro) aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo uso adecuado de signos e parénteses.

* Utilizar convenientemente as aproximacións decimais (acotando o erro cometido), as unidades de medidas usuais, as relacións de proporcionalidade numérica (regra de tres simple, porcentaxes, intereses, etc.) na resolución de problemas relacionados coa vida cotiá.

* Recoñece-los números irracionais e simplificar e calcular expresións con radicais baseándose nas operacións elementais.

* Construír expresións alxébricas e ecuacións sinxelas a partir de sucesións numéricas (progresións), táboas ou enunciados e interpreta-las relacións numéricas que se dan implicitamente nunha fórmula coñecida ou nunha ecuación.

* Utiliza-las técnicas e procedementos básicos do cálculo alxébrico para sumas, restas e multiplicacións de polinomios sinxelos nunha indeterminada e para resolver ecuacións de primeiro e segundo grao (factorización dos polinomios) e sistemas sinxelos de ecuacións lineais con dúas incógnitas.

* Recoñecer e describi-los elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos elementais e as súas configuracións xeométricas e utiliza-lo teorema de Pitágoras e as fórmulas usuais para obte-las medidas de lonxitude, áreas e volumes a través de ilustracións, de exemplos xeométricos ou tomados da vida cotiá.

* Identificar e utiliza-los sistemas de coordenadas cartesianas e xeográficas.

* Aplicar translacións, xiros e simetrías a figuras planas sinxelas, utilizando os instrumentos de debuxo habituais e recoñece-lo tipo de movemento que liga a dúas figuras congruentes do plano que ocupan posicións diferentes e determina-los elementos invariantes, os centros e eixes de simetría.

* Recoñece-las características básicas das funcións constantes, lineais e afíns na súa forma gráfica ou alxébrica e representalas graficamente cando veñan expresadas por unha táboa ou unha expresión alxébrica.

* Determinar e interpreta-los intervalos de crecemento, simetrías e demais indicadores que permiten avalia-lo comportamento dunha gráfica sinxela e obter información práctica nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos reais.

* Elaborar e interpretar táboas e gráficos estatísticos, así como os parámetros de centralización e dispersión máis usuais, correspondentes a distribucións sinxelas.

* Determinar e interpreta-lo espacio mostral e os sucesos asociados a un experimento aleatorio sinxelo, asignar probabilidades en situacións experimentais, utilizando adecuadamente a Lei de Laplace, os diagramas de árbore, e outras técnicas de conteo persoal.

Cuarto curso.

Contidos.

-Iniciación ó número real. A recta real.

-Potencias de expoñente fraccionario e radicais. Operacións.

-Notación científica. Operacións en notación científica.

-Repaso e afondamento no cálculo alxébrico: operacións con polinomios. Factorización.

-Ecuacións de primeiro e segundo grao. Sistemas de ecuacións lineais e de segundo grao.

-Figuras semellantes. Razón de semellanza. Teorema de Tales.

-Razóns trigonométricas. Identidades notables. Resolución de triángulos rectángulos.

-Iniciación á xeometría analítica plana. Vectores no plano. A recta no plano.

-Funcións. Estudio gráfico dunha función. Características globais das gráficas: crecemento e decrecemento, máximos e mínimos, continuidade, simetrías e periodicidade.

-Estudio das funcións polinómicas de primeiro e segundo grao, das funcións exponenciais e de proporcionalidade inversa sinxelas.

-Interpretación e lectura de gráficas en problemas relacionados cos fenómenos naturais, a vida cotiá e o mundo da información.

-Variables discretas e continuas. Intervalos e marcas de clase.

-Elaboración e interpretación de táboas de frecuencias, gráficos de barras e de sectores, histogramas e polígonos de frecuencia.

-Cálculo e interpretación dos parámetros de centralización e dispersión.

-Experimentos aleatorios e sucesos. Probabilidade simple e composta.

-Utilización de distintas técnicas combinatorias na asignación de probabilidades simples e compostas.

-Valoración da precisión das distintas linguaxes matemáticas para representar, expresar ou resolver diferentes situacións relativas á vida cotiá.

-Curiosidade por descubrir relacións e propiedades matemáticas.

-Interese, confianza e tenacidade fronte a diferentes situacións problemáticas e na busca das súas respectivas solucións.

-Disposición favorable á comprobación e revisión dos resultados calquera que sexa o problema resolto.

-Recoñecemento da necesidade de realizar cálculos, exactos ou aproximados, seguindo a estratexia que cada caso aconselle.

-Valoración das matemáticas para interpretar, describir e predicir situacións incertas.

-Sensibilidade, interese e valoración crítica diante das informacións e mensaxes de natureza numérica, gráfica ou estatística.

-Sensibilidade e gusto polo rigor tanto nas argumentacións coma na realización dos cálculos.

-Respecto polo traballo e as opinións dos demais, especialmente ó realizar actividades en equipo.

-Recoñecemento e valoración crítica da utilidade dos recursos tecnolóxicos para a realización de cálculos.

Criterios de avaliación.

* Identificar e utiliza-los distintos tipos de números reais, elixindo para un determinado tipo de problema o método de cálculo adecuado (mental, manual ou con calculadora), dando significado ás operacións, procedementos e resultados obtidos, de acordo co enunciado.

* Estimar, calcular e simplificar expresións numéricas racionais e irracionais sinxelas baseadas nas operacións elementais, aplicando correctamente as regras de prioridade e as técnicas de aproximación e valorando os erros cometidos.

* Construír expresións alxébricas e ecuacións descritivas de táboas, enunciados, propiedades, xeneralidades, códigos, recontos, etc. e interpreta-las relacións numéricas que se dan nunha fórmula coñecida ou nunha ecuación.

* Utiliza-las técnicas e procedementos básicos do cálculo alxébrico para simplificar expresións alxébricas formadas por sumas, restas e multiplicacións de polinomios con un, dous ou tres termos que leven, como máximo, dúas operacións encadeadas, para factorizar polinomios sinxelos de segundo grao con coeficientes e raíces enteiras e para resolver ecuacións de primeiro e segundo grao e sistemas sinxelos de ecuacións lineais con dúas incógnitas.

* Resolver problemas sinxelos utilizando métodos numéricos, gráficos ou alxébricos, cando se baseen na utilización de fórmulas coñecidas ou na presentación e resolución de ecuacións de primeiro e de segundo grao, ou de sinxelos sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas.

* Utiliza-las unidades angulares do sistema métrico sesaxesimal así como as relacións e as razóns da trigonometría elemental para resolver problemas trigonométricos de contexto real.

* Coñecer e utiliza-los conceptos e procedementos básicos da xeometría analítica plana para representar, describir e analizar formas e configuracións xeométricas sinxelas.

* Representar graficamente e interpreta-las funcións constantes, lineais, afíns ou cuadráticas a través dos seus elementos característicos (vector director, pendente da recta, puntos de corte cos eixes, vértice e eixe de simetría da parábola) e as funcións exponenciais e de proporcionalidade inversa accesibles a través de táboas de valores significativas.

* Determinar e interpreta-las características básicas (puntos de corte cos eixes, intervalos de crecemento e decrecemento, puntos extremos, continuidade, simetrías e periodicidade) que permiten avalia-lo comportamento dunha gráfica sinxela (de trazo continuo ou descontinuo), e obter información práctica nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos naturais ou prácticos da vida cotiá.

* Elaborar e interpretar táboas e gráficos estatísticos, así como os parámetros estatísticos máis usuais, correspondentes a distribucións discretas e continuas.

* Determinar e interpreta-lo espacio mostral e os sucesos asociados a un experimento aleatorio, simple ou composto, e utiliza-la Lei de Laplace, os diagramas de árbore, as táboas de continxencia e outras técnicas combinatorias para calcular probabilidades simples ou compostas.

Área de música

Introducción.

A área de música na educación secundaria obrigatoria concíbese como continuidade do ensino musical en primaria e, por iso, debe afondar nos coñecementos, capacidades e actitudes desta primeira etapa. En secundaria a aproximación ó musical debe ser, non obstante, máis específica e analítica, de acordo coa evolución das características do alumnado, que experimenta un progresivo desenvolvemento da súa capacidade de abstracción; por conseguinte, o carácter máis global que a área de educación artística presenta na etapa da educación primaria -ó recoller nunha mesma área a educación plástica, musical e a dramatización- sucede, na secundaria obrigatoria, unha aproximación ó fenómeno artístico máis diferenciada e analítica. Sen embargo, esta diferenciación débese producir de forma progresiva, de maneira que os bloques de contido da área de educación artística conflúan noutros de natureza equivalente no primeiro ciclo da ESO, ó igual que deben ser similares a metodoloxía e a avaliación, dada

a idade do alumnado.

Debido a este carácter máis diferenciado e analítico, a área de música para a secundaria obrigatoria deberá contribuír á formación integral do individuo a través do coñecemento do feito musical como manifestación cultural e histórica, así como ó afianzamento dunha postura aberta, reflexiva e crítica ante a creación e a difusión da música na nosa sociedade.

A música ten, sen dúbida, unha destacada presencia na vida cotiá dos adolescentes e, en consecuencia, debe tela na educación. Por tanto, é necesario insistir na transcendencia da cultura musical como parte da formación integral do individuo. O seu ensino contribúe a forma-la súa sensibilidade artística e a comprende-las manifestacións culturais ó longo da historia e, moi especialmente, as propias da nosa Comunidade Autónoma.

O estudio desta área debe formularse como unha consolidación da formación musical do alumnado, ó tratarse da derradeira etapa na que a materia é obrigatoria. O ensino debe orientarse, pois, cara a un afianzamento da percepción e da sensibilidade musical dos rapaces; cara a un dominio dos fundamentos da expresión e da interpretación musical e cara ó entendemento da música como un fenómeno imbricado na historia e na sociedade.

A través da educación musical, o individuo desenvolve o seu sentido social e da tolerancia, partindo da realización de actividades grupais e de acercamento cara a outras culturas, feito que lle permite apreciar e valora-los sinais de identidade e o patrimonio cultural da propia. Nunha idade na que o desenvolvemento corporal e persoal precisa acadar unha imaxe axeitada de si mesmo a música favorece, a través da expresión vocal, instrumental e de movemento, un correcto desenvolvemento corporal e unha apreciación das calidades expresivo-comunicativas e artísticas, coa conseguinte percepción estética. Dadas as características da materia, desde o punto de vista interpretativo, participativo e grupal, facilita a relación entre os sexos, precisamente no momento no que o desenvolvemento dos mozos se fai máis patente.

A educación musical concrétase fundamentalmente en dous aspectos: a adquisición e enriquecemento dun vocabulario que permita a descrición de fenómenos musicais, e a comprensión da linguaxe musical como medio de expresión artística á luz do seu contexto histórico e social.

O desenvolvemento das capacidades de percepción e expresión adquírese a partir de dous procedementos imprescindibles:

* A audición, como instrumento fundamental. Mediante a audición comprensiva oriéntase ó alumno cara á identificación dos elementos integrantes do decurso musical e a súa función dentro deste. A audición debe se-lo punto de partida sobre o cal se inicie a análise e a reflexión dos fenómenos musicais, con vistas a favorece-lo desenvolvemento da capacidade de abstracción e reflexión.

* As expresións instrumental, vocal e corporal, que colaboran no desenvolvemento das capacidades motrices, de equilibrio e coordinación. Estas deben empregarse apropiadamente dentro dos diferentes niveis da etapa, tendo en conta as características do alumnado. Non se trata de formar cantantes, instrumentistas ou bailaríns, senón que, se pretende, a través dos procedementos citados, alcanzar unha mellor comprensión do feito musical ampliando a capacidade receptiva e potenciando a creación da futura audiencia, con capacidade crítica, que necesita a actual sociedade.

Os contidos do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria teñen como obxectivo principal o coñecemento dos elementos básicos da linguaxe musical e o propósito de amplia-las posibilidades de expresión e comunicación dos alumnos. Estes contidos pretenden afianza-los conceptos, procedementos e actitudes necesarios para afrontar nos cursos posteriores un achegamento á música na cultura e na sociedade do pasado e do noso tempo. Como continuación do estudio realizado durante a etapa de educación primaria, traballaranse os conceptos básicos da linguaxe musical: o son, a melodía, o ritmo, a harmonía, a textura, a forma, o timbre, etc. Ademais, durante o primeiro ciclo, engádese un bloque de contidos para achegarse á música na cultura e na sociedade, considerado como unha introducción dos contidos que se desenvolverán nos seguintes cursos. As actitudes elementais para o estudio da música -a escoita atenta, o silencio, o respecto polos demais, a participación, etc.-, forman parte

ineludible dos obxectivos, da metodoloxía e da avaliación desta área.

No terceiro curso, derradeiro no que a área de música é obrigatoria, os contidos enriquécense e articúlanse arredor de cinco núcleos que permiten afianzar e completa-los obxectivos marcados para a educación secundaria. Os catro primeiros propoñen a relación da creación musical coa sociedade, no marco da cultura e a arte, a través da historia, coa axuda, entre outros, dos procedementos básicos para o estudio da música: a audición, a análise musical e a interpretación. Os contidos do último bloque refírense á música popular e ós medios de comunicación na sociedade actual, debido á importancia que hoxe en día teñen na creación, difusión e consumo da música.

No cuarto curso, no que a música é unha área de obrigada oferta do centro e opcional para o alumnado, os contidos están organizados en cinco núcleos temáticos que intentan ser atractivos para o alumnado e que completan e amplían os coñecementos adquiridos en terceiro, con especial fincapé nas novas tecnoloxías, na música española e nun acercamento á música doutras culturas.

O ensino da música precisa potencia-la capacidade dos alumnos para escoitar, recoñecer e rete-las relacións que configuran as estructuras musicais. Con este sistema, é absolutamente necesaria a participación do alumnado, ó que se debe motivar con estí

mulos que a faciliten. Para favorecer esta participación faise necesario manter na aula un clima de silencio e de respecto.

Inseparablemente unidas a esas capacidades perceptivas atópanse as de índole expresiva que a educación musical debe promover, máxime tendo en conta a postura activa dos adolescentes cara á música. Estas capacidades perfeccionaranse mediante o cultivo de:

* A voz, coa que se adquiren destrezas relativas á respiración, emisión e interpretación.

* As habilidades instrumentais, que desenvolven as capacidades motrices básicas, mediante a coordinación auditiva, táctil e visual, así como de relación entre a lectura musical e a execución.

* A disposición para o movemento e a danza, o que potencia a coordinación corporal, estimula a atención auditiva e globaliza a expresión musical.

O desenvolvemento da creatividade pode basearse na improvisación, desde o máis simple esquema de pregunta-resposta (rítmica ou rítmico-melódica) ata procesos compositivos máis complexos, empregando a expresión vocal, instrumental ou de movemento.

A atención á diversidade, partindo das diversas aptitudes que cada discente presenta en relación coas diferentes manifestacións do fenómeno musical, obríganos a empregar estratexias metodolóxicas variadas, que favorezan e permitan un concreto ritmo de aprendizaxe en cada persoa, partindo da súa actitude e interese. Para iso, o profesorado deberá contar cos recursos materiais axeitados, así como coa posibilidade de realizar agrupamentos flexibles dentro da aula, ben sexa durante a realización de traballos grupais como durante a interpretación musical.

A interdisciplinariedade da música implica establecer relacións entre esta e outras áreas. A través deste procedemento o alumno poderá adquirir unha formación que lle permita valorar criticamente as diferentes manifestacións musicais que lle ofrece a nosa sociedade.

A audición, o canto, a danza, o comentario de partituras, de textos e de críticas periodísticas; a investigación de campo, a elaboración e interpretación de mapas conceptuais, a utilización dos medios audiovisuais e as novas tecnoloxías son, en xeral, esenciais para a actividade diaria da aula de música.

Estes procedementos deberán ser apoiados con todo tipo de actividades complementarias e extraescolares, tales como asistencia a concertos e representacións de teatro musical (ballets, óperas, zarzuelas, etc.).

Obxectivos.

* Recoñece-los elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación.

* Adquiri-las capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquece-las súas posibilidades de expresión.

* Desenvolve-la capacidade de análise de obras musicais como exemplo da creación artística e do patrimonio cultural, comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas.

* Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical.

* Adquiri-lo vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais e establecer valoracións propias.

* Fomenta-la audición activa e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e de pracer persoal, con vistas a favorece-la ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

* Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e grupalmente, con actitude aberta, interesada e respectuosa.

* Coñece-las diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación no ámbito artístico e sociocultural.

* Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción, transmisión e gravación do fenómeno musical.

Segundo curso.

Contidos.

I.1.

Os parámetros do son: o son como materia prima da música e o son como fenómeno físico.

-Son, ruído e silencio. A producción, transmisión e percepción do son.

-Calidades do son.

-Interiorización dos diferentes parámetros do son a partir de exercicios e xogos axeitados.

-Realización de exercicios de apreciación e localización sonora.

I.2.

Representación gráfica da música.

-Elementos básicos da linguaxe musical e a súa función: a escritura musical: pentagrama, claves, notas e figuras. As alteracións. Introducción á lectura na clave de fa en cuarta, empregando instrumental escolar axeitado.

-Afondamento, a través da práctica, no coñecemento da linguaxe musical.

-Audición, interpretación e recoñecemento dos elementos coñecidos da linguaxe musical.

-Signos que afectan á intensidade e ós matices.

-Lectura musical directa na interpretación vocal e instrumental, tanto individualmente como en formacións diversas (vocais, instrumentais, ou

vocal-instrumentais) con ou sen movemento asociado.

I.3.

O ritmo.

-O ritmo: definición e tipos (libre, rítmico e métrico).

-Alteracións do ritmo: pulso, acento, ritmo e subdivisión; interiorización a partir da práctica.

-O compás: práctica vocal, instrumental e/ou de movemento sobre compases simples de ritmo binario e ternario.

-O tempo: signos e expresións que modifican a velocidade.

I.4.

A melodía.

-Ton e semitón. Intervalos: definición e clasificación.

-Liña melódica; frase. Escalas maior e menor.

-Matices: termos básicos e abreviaturas.

-Recoñecemento na práctica musical, así como ante a audición, dos elementos rítmico-melódicos coñecidos, e a súa representación na linguaxe musical.

-As escalas e a súa relación coa tonalidade e a modalidade: construcción de escalas de tipoloxía diversa.

I.5.

A harmonía.

-Consonancia e disonancia.

-O acorde. Construcción de acordes elementais.

-A tonalidade: apreciación a través da práctica vocal e instrumental de modos, escalas e tonalidades.

-Recoñecemento auditivo das funcións tonais básicas, modo, consonancias e disonancias, así como da existencia de cadencias, a través da audición e a execución musical, vocal e instrumental, de conxunto.

-A textura. A horizontalidade e a verticalidade. Monodia; homofonía e melodía acompañada; polifonía e contrapunto.

I.6.

Procedementos compositivos e formas de organización musical.

-Recoñecemento dos elementos formais máis elementais ante a audición e a execución musical, ben sexa vocal, instrumental ou de movemento.

-A forma: células, motivos, frases. Recoñecemento e diferenciación ante a execución e a audición.

-Formas básicas: canon, lied, etc.

-Introducción ás formas complexas: rondó, sonata, variación, etc.

II.1.

A voz.

-A voz na música: posibilidades de comunicación e expresión.

-Calidades e tipos vocais. Coñecemento e análise das formas básicas do repertorio vocal, apoiado pola audición e o seguimento de partituras e/ou outras representacións gráficas.

-Agrupacións corais: tipos e repertorio.

-Interpretación de cancións a capella ou con acompañamento de instrumental escolar e/ou polifónico, con atención os seus elementos constitutivos (ritmo, melodía, harmonía, forma) e interpretativos (fraseo e expresión).

-A canción popular, con especial atención á galega de ritmo métrico e libre sobre escalas diversas.

-Improvisación e composición vocal.

-O teatro lírico.

II.2.

Os instrumentos.

-Os instrumentos como medio de expresión musical: clasificación dos instrumentos orquestrais segundo a técnica de producción do son. Tipoloxía, familia, grupo e subgrupo.

-Recoñecemento visual e auditivo dos instrumentos musicais orquestrais, así como dos instrumentos propios da música popular galega: posibilidades técnicas e de execución.

-Agrupacións instrumentais populares de Galicia, e máis representativas do Estado español. Formacións máis características da música étnica.

-Interpretación individual ou grupal, empregando o instrumental escolar, con vistas a acompañar o canto, o movemento ou a otros instrumentos, así como cara a adquisión de repertorio de obras de orixe variada.

-Improvisación e composición instrumental.

III.1.

Xéneros musicais na cultura occidental.

-Música relixiosa e profana.

-Música vocal e instrumental.

-A música e o teatro.

-A música e a danza: estilos e tipos de danzas básicas (populares, históricas e de salón). O ballet.

-A música e as artes plásticas: coñecemento dalgunhas representacións musicais nas artes plásticas.

III.2.

A música tradicional.

-Manifestacións vocais e instrumentais da música popular de Galicia. Organoloxía.

-Achegamento á música doutras culturas: situación da audición ou interpretación en coordenadas xeográficas aproximadas.

III.3.

A música na actualidade.

-Aproximación ás correntes xuvenís da música actual; organoloxía.

-Música popular urbana e tradicional.

-Interpretación vocal e/ou instrumental de obras axeitadas.

III.4.

Introducción á presencia da música noutras manifestacións artísticas.

-A música no cine.

-Escoita activa e visualización de espectáculos onde se interpreten obras musicais representativas, apoiadas pola realización de actividades globalizadoras.

-Aceptación e cumprimento das normas básicas ante a práctica musical e a audición.

-Respecto ante as execucións dos demais.

-Hábito no coidado e mantemento do instrumental propio ou da aula.

-Valoración do silencio como marco imprescindible para a actividade musical.

-Interese pola audición e interpretación musical como fonte de pracer e como medio de formación e información, así como de recepción e transmisión do legado cultural.

-Desenvolvemento da capacidade crítica e de valoración ante o traballo realizado.

-Valoración da obra musical como fonte de saber cultural e artístico, e da música tradicional como expresión cultural dos pobos.

-Aceptación da propia imaxe e das súas limitacións, e descubrimento e valoración de súas capacidades.

Criterios de avaliación.

* Recoñece-los parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, empregando unha linguaxe técnica apropiada ó refereirse a eles.

* Diferencia-las sonoridades e a forma dos instrumentos orquestrais, así como dos pertencentes á tradición musical de Galicia, e as tesituras de voz máis comúns.

* Distingui-los elementos que se empregan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan á intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.).

* Recoñecer e aplica-los elementos rítmicos básicos a través da lectura, a interpretación e a audición de pequenas obras, ou ben de fragmentos musicais.

* Apreciar e distingui-los esquemas rítmico-melódicos, así como os elementos harmónicos básicos empregados na creación musical.

* Improvisar e interpretar estructuras musicais elementais construídas sobre os modos e as escalas máis sinxelas e os ritmos máis comúns.

* Analizar e comprende-los conceptos de monodía e de polifonía e recoñecer, a través da audición, estes tipos de textura e as formas máis sinxelas da construcción musical.

* Relacionar basicamente a música con algunhas das outras manifestacións artísticas.

* Intervir nas actividades de interpretación musical (vocal, instrumental ou de movemento) adaptando a súa expresión ó conxunto e respectando as normas básicas de actuación.

Terceiro curso.

Contidos.

I.1.

A música na Idade Media.

-A música monódica: o canto gregoriano e os trobadores.

-A lírica galaico-portuguesa.

-Práctica vocal e/ou instrumental e/ou instrumental de obras monódicas adecuadas ó nivel do grupo.

-Escoita activa de obras representativas deste período apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas.

-As orixes da polifonía.

I.2.

A música no Renacemento.

-A polifonía relixiosa e profana do Renacemento.

-A música instrumental do Renacemento.

-Práctica vocal, instrumental e/ou de movemento de obras renacentistas apropiadas.

-Escoita activa de obras representativas deste período apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas.

-A música ó servicio da relixión e da monarquía. Os músicos no Barroco.

-A música vocal profana: as orixes da ópera. A música e a relixión: oratorio, cantata e paixón.

-Formas instrumentais barrocas: suite, sonata, concerto.

-Escoita activa de obras vocais e instrumentais representativas, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas.

-Execución, co instrumental da aula, de fragmentos de obras barrocas.

-A improvisación como recurso á hora de interiorizar os diferentes elementos formais, técnicos e/ou estilísticos da época.

-Formas instrumentais do Clasicismo: sonata, sinfonía e concerto.

-Os músicos no Clasicismo.

-A música sinfónica no Romanticismo: a sinfonía. A música programática. O poema sinfónico.

-A música de cámara. O piano romántico. O lied.

-Os músicos no Romanticismo.

-Escoita activa de obras vocais e instrumentais representativas destes períodos, apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas.

-O teatro musical do Clasicismo ó Romanticismo.

-Escoita activa e visualización de fragmentos de obras representativas da evolución do teatro musical na época estudiada.

-Execución, co instrumental da aula, de fragmentos de obras clásicas e románticas.

-Movementos musicais no cambio do século: Impresionismo, Nacionalismos.

-A música do século XX deica a 2ª Guerra Mundial: Neoclasicismo, Dodecafonismo.

-As correntes musicais despois da 2ª Guerra Mundial. Incidencia das novas tecnoloxías.

-Estudio dos diferentes movementos musicais do século XX, a través da análise de audicións apoiado en partituras ou noutras representacións gráficas.

-Afondamento nalgunhas correntes da segunda metade do século, por medio de pequenas creacións dirixidas, nas que se utilicen elementos distintivos deste período (diversos grados de aleatoriedad, son gravado...).

-O son gravado.

-A música no cine, radio e televisión.

-Valoración da actividade instrumental e vocal (interpretación, acompañamento, improvisación) como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión.

-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais como instrumentais.

-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental (individual ou colectiva).

-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz.

-Apreciación e disfrute da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o seu comportamento.

-Recoñecemento da danza como medio para enriquece-la percepción visual, espacial e musical e apreciación das súas posibilidades expresivas.

-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou colectivas.

-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos.

-Sensibilidade ante as obras e autores que constitúen o noso patrimonio musical.

-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación.

Criterios de avaliación.

* Saber aplicar unha linguaxe técnico musical básica para realizar unha análise de audicións e/ou partituras.

* Diferenciar, a través da audición, as sonoridades e as técnicas interpretativas dos instrumentos da orquestra e os diferentes rexistros e cualidades das voces, así como as agrupacións vocais e instrumentais máis comúns.

* Deducir, a partir da análise de audicións e/ou partituras, algúns elementos que as sitúen estilisticamente, establecendo diferencias e similitudes entre os diversos estilos artísticos musicais.

* Saber interpretar obras musicais cos instrumentos da aula e cancións de dificultade adecuada ós seus coñecementos e capacidades.

* Relaciona-los diversos estilos musicais co seu contexto histórico.

* Recoñece-las distintas manifestacións da danza e a súa evolución no tempo.

* Caracteriza-la función dos medios de comunicación como elementos de difusión da música.

* Intervir nas actividades de interpretación musical (sexa vocal, instrumental ou de movemento) adaptando a súa expresión á do conxunto, así como respectando as normas básicas de actuación.

Cuarto curso.

Contidos.

I.1.

A electrónica e a informática aplicadas á música.

-Instrumentos electrónicos.

-Coñecementos básicos de programas informáticos de aplicación na creación musical.

I.2.

A música do cine, radio, televisión e publicidade.

-Funcións da música no cine. Evolución da música cinematográfica. A B.S.O.

-Visualización de fragmentos de películas representativas das diferentes funcións da música no cine.

-A música na radio e na televisión.

-Función da música na publicidade. Análise das funcións da música na publicidade estática e dinámica por medio da observación e do estudio de diferentes anuncios.

-Diferencias conceptuais entre a música popular urbana, a música tradicional e a música chamada culta.

-A orixe da música popular urbana: o salón, o teatro e as variedades.

-O jazz: orixe, evolución e difusión. Organoloxía. Correntes máis destacadas.

-Movementos da música popular urbana. A música popular xuvenil: aspectos estéticos e sociolóxicos.

-Análise de obras pertencentes á musica popular urbana, fundamentada na audición e apoiada en partituras ou noutras representacións gráficas.

III.1.

A música na Idade Media; a música medieval en Galicia.

-Os polifonistas do Renacemento. A música profana: vilancicos e romances.

-Execución vocal e/ou instrumental de obras medievais e/ou renacentistas.

III.2.

O Barroco: teatro musical, música relixiosa e civil.

-Música e sociedade na España dos séculos XIX e XX: a zarzuela.

-Análise de obras dos diferentes períodos, fundamentado na audición e apoiado en partituras e/ou noutras representacións gráficas.

-As tradicións musicais en España: influencia e diversidade.

-A música tradicional en Galicia: a danza e a súa música, o canto.

-Interpretación grupal de repertorio vocal e instrumental, con ou sen movemento asociado.

-A música tradicional no resto do Estado Español: a danza e a súa música. O canto. Os instrumentos populares.

-Folklore, etnomusicoloxía e antropoloxía da música.

-A música tradicional e popular en Iberoamérica.

-A música indíxena.

-Influencias da música hispana.

-Escoita activa de obras populares iberoamericanas.

-Interpretación de obras vocais e/ou instrumentais pertencentes á música iberoamericana.

-A música doutras culturas: África e Extremo Oriente.

-A música en África. A música no Islam. A música na África negra.

-Interpretación de pezas vocais e/ou instrumentais representativas destas culturas.

-Escoita activa de obras populares de África e Extremo Oriente.

-Valoración da actividade instrumental e vocal (interpretación, acompañamento, improvisación) como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión.

-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais como instrumentais.

-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental (individual ou colectiva).

-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e o uso correcto da voz.

-Apreciación e desfrute da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o seu comportamento.

-Interese polas manifestacións culturais doutras culturas.

-Valoración das diferentes produccións sonoras como expresión do patrimonio cultural dos pobos.

-Valoración dos medios de comunicación e das achegas das novas tecnoloxías como instrumentos de coñecemento, desfrute e relación cos demais.

-Actitude crítica e sensibilidade ante o consumo indiscriminado da música e o exceso de producción de ruído.

-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos.

-Sensibilidade ante as obras e os autores que constitúen o noso patrimonio musical.

Criterios de avaliación.

* Saber recoñecer, ler, escribir e reproduci-los elementos básicos da linguaxe relacionados coa organización do discurso musical.

* Distingui-las diversas funcións que cumpre a música na nosa sociedade, atendendo a diversas variables: intención de uso, estructura formal, medio de difusión utilizado, etc.

* Analiza-los procesos de producción musical: partituras, gravacións, etc. valorando a intervención dos distintos profesionais.

* Caracteriza-la función da música nos distintos medios de comunicación: radio, televisión, cine e as súas aplicacións na publicidade.

* Saber analizar obras musicais, mediante audicións e/ou partituras, atendendo ás súas características formais e rasgos estilísticos máis representativos, e situalas no seu contexto cultural.

* Utiliza-la terminoloxía adecuada na análise de obras e situacións musicais, consultando as fontes documentais necesarias.

* Valora-lo papel das novas tecnoloxías na creación e reproducción da música, a través do seu emprego.

* Recoñece-las mostras máis importantes do patrimonio musical galego así como do resto do Estado español, situándoas no seu contexto histórico e social.

Área de tecnoloxía

Introducción.

A nosa capacidade para resolver problemas prácticos, implícitos nas necesidades materiais da propia existencia, integra cultura, ciencia e tecnoloxía no sistema de pensamento. A tecnoloxía está, desde os albores da humanidade, presente en tódalas acti

vidades humanas: científica, económica, social, deportiva, etc. Sen ela non tería sido posible acada-los niveis de civilización actuais.

As sucesivas revolucións tecnolóxicas impulsaron no tempo os continuos cambios sociais; por exemplo: o dominio da enerxía como recurso meteunos na sociedade industrial e a electrónica sitúanos actualmente na sociedade da información. No século pasado descubríronse máis coñecementos tecnolóxicos ca nos 10.000 anos anteriores, e estes contidos seguen aumentando de forma cuase exponencial.

En calquera das tarefas e traballos que desenvolvemos máis comunmente utilizamos obxectos e sistemas tecnolóxicos. Para que as persoas actúen como consumidores responsables dos recursos tecnolóxicos, e mesmo como productores de innovadores usos e demandas, necesitan unhas capacidades básicas que as faculten para unha análise crítica do acelerado cambio nos coñecementos tecnolóxicos, das influencias de cambio nos procesos culturais e productivos e das súas repercusións na calidade de vida e no ambiente.

A finalidade da educación é propiciar unha compresión das realidades do noso contorno e, deste xeito, faculta-lo individuo para confirma-la súa propia e esencial identidade. Polo tanto, a necesidade dunha formación básica no ámbito da tecnoloxía xustifica a presencia desta área na etapa do ensino secundario obrigatorio, para propiciar así unha formación integral e plena de tódolos cidadáns.

A área de tecnoloxía debe facilita-la adquisición duns hábitos intelectuais e dunhas destrezas técnicas que lle permitan ó alumnado identificar situacións problemáticas da vida cotiá e formular, con espírito innovador e creativo, vías posibles de solución e formas de avalia-las súas consecuencias. Esta dualidade de saber e saber facer articula un binomio coñecemento-acción cun peso equivalente.

Tendo en conta o antedito, proponse unha metodoloxía fundamentada en tres principios. Por unha banda, a adquisición duns coñecementos científico-técnicos necesarios para a comprensión e o desenvolvemento de actividades tecnolóxicas básicas. Nun segundo aspecto, a adquisición da dimensión práctica destas capacidades ó aplicalas á análise, manipulación e transformación de obxectos e sistemas tecnolóxicos, transcendendo o propio obxecto e integrándoo no ámbito social e cultural da época na que foi producido. En terceiro lugar, a posibilidade de emular procesos de resolución de problemas prácticos, a través dunha acoutada metodoloxía de proxectos, convértese no remate do proceso da aprendizaxe da etapa e adquire a súa misión de síntese globalizada das actividades precedentes.

Ademais de fomenta-la capacidade do alumno e da alumna para aprenderen por si mesmos, as actividades de traballo en pequeno grupo e gran grupo, propician o desenvolvemento de calidades necesarias para a futura inserción da persoa na actividade laboral.

Os contidos, que de seguido se relacionan, estructúranse arredor dos principios científicos e técnicos necesarios para o saber-facer tecnolóxico e, dentro da enorme multiplicidade de técnicas e coñecementos que conflúen, articúlanse nuns bloques que lle permitan ó alumnado establecer unha visión comprensiva da tecnoloxía como un corpo de coñecemento continuo, desde as posibilidades artesanais, industriais e dixitais.

Nesta análise, as tecnoloxías da comunicación e da información representan unha importante parte do currículo e móstranse como ferramentas para explorar, analizar, presentar e difundi-la información. Na denominada sociedade da información, a masiva utilización destas tecnoloxías en tódolos ámbitos, simbolizada a través do fenómeno internet, é unha cuestión fundamentalmente social e cultural, que está a afectar e afectará á forma de traballar, ó ocio e ó xeito de relacionarse e comunicarse as persoas; polo tanto, debe ser recollida na formación básica dos futuros cidadáns.

No desenvolvemento ata o terceiro nivel de concreción, na programación de aula, as unidades didácticas deberán integrar significativamente contidos dos diversos bloques tecnolóxicos, de xeito que, respectando a secuenciación establecida para cada curso da etapa, formulen uns eixes vertebradores e globalizadores entre os distintos campos técnicos especializados.

Obxectivos.

A tecnoloxía na etapa de ensino secundario obrigatorio debe contribuír a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as capacidades seguintes:

* Comprender conceptos básicos, leis elementais e modelos primarios da tecnoloxía que lles permitan interpretar, explicar e predici-lo funcionamento de obxectos e de sistemas técnicos sinxelos.

* Resolver sinxelos problemas tecnolóxicos da vida cotiá, abordando a súa análise con autonomía e creatividade e traballando de forma ordenada e metódica para formular vías de solucións prácticas e o máis idóneas posibles.

* Utilizar coñecementos e destrezas técnicas para o deseño, a elaboración simulada e a avaliación de obxectos e sistemas tecnolóxicos sinxelos, manipulando materiais, ferramentas e instrumentos con seguridade e hixiene, nun contorno de traballo agradable e productivo.

* Expresar e comunicar ideas sobre problemas comúns e solucións técnicas en situacións habituais para o alumnado, utilizando os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario tecnolóxico axeitados para a súa documentación e formulación en soportes impreso e informático.

* Desenvolver actitudes de responsabilidade, colaboración e tolerancia no traballo en equipo para realizar pequenos proxectos tecnolóxicos sinxelos, participando activamente na toma de decisións, na execución das

tarefas e na avaliación de resultados cunha disposición aberta, flexible e de respecto.

* Integra-los medios informáticos e as redes dixitais para a formulación de cuestións e proxectos tecnolóxicos sinxelos, utilizando os programas informáticos e os servicios da internet para a documentación e comunicación, a busca e a difusión da información.

* Propiciar unha actitude de interese e curiosidade cara ás actividades e ás novas realizacións tecnolóxicas nos distintos traballos e profesións de distintos ámbitos laborais, motivando iniciativas de investigación sobre posibles orientacións vocacionais propias.

* Analizar e valorar criticamente as influencias do desenvolvemento tecnolóxico sobre a humanidade e o ambiente, identificando as súas repercusións sobre a organización social do traballo, do tempo libre e nas actividades de lecer.

Primeiro curso.

Contidos.

-Materiais de uso habitual: clasificación xeral. Materiais naturais e transformados.

-A madeira: constitución. Propiedades e características. Madeiras de uso habitual. Identificación de madeiras naturais e transformadas. Derivados da madeira: papel e cartón. Taboleiros artificiais. Aplicacións máis comúns das madeiras naturais e manufacturadas.

-Técnicas básicas e industriais para o traballo con madeira. Manexo de ferramentas e uso seguro delas.

-Elaboración de obxectos sinxelos empregando a madeira e os seus transformados como materia fundamental.

-Instrumentos de debuxo: de trazado e auxiliares. Realización de debuxos sinxelos utilizando a regra, O escuadrO, o cartabón e o compás. Metroloxía básica: a regra graduada, o transportador e as cintas métricas.

-Soportes: tipos de papel.

-Bosquexo e esbozo como ferramentas de traballo e comunicación.

-Representación de obxectos mediante a descomposición en vistas. Introducción intuitiva á representación en perspectiva.

-Tipos de estructuras resistentes: masivas, entramadas, colgadas e estructuras de barras. Triangu

lación. Esforzos básicos. Elementos resistentes. Aplicacións.

-Identificación de elementos básicos en estructuras convencionais: cimentación, soportes, vigas e forxados.

-Introducción á corrente eléctrica.

-Descrición de elementos eléctricos simples: pila, interruptor e lámpada. Introducción ó circuíto en serie e en paralelo. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor. Análise de obxectos técnicos que apliquen estes efectos.

-Aplicación práctica destes conceptos á elaboración de circuítos sinxelos.

-O ordenador e os seus elementos, funcionamento e manexo básico. Descrición básica de CPU e periféricos: monitor, teclado, rato e impresora.

-O ordenador como ferramenta de expresión e comunicación de ideas: procesadores de texto. Edición de arquivos. Táboas e gráficos nun texto. Introducción a outras aplicacións ofimáticas.

-O ordenador como ferramenta de busca de información: enciclopedias virtuais e outros soportes.

-Busca de información a través da rede internet.

VII.

Tecnoloxía e sociedade.

-A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamentos do labor tecnolóxico.

-O proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou da necesidade, exploración e investigación do contorno, busca de información, resolución de problemas, planificación e organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

VIII.

Actitudes, valores e normas.

-Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos técnicos desenvolvidos.

-Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía.

-Interese na adquisición de destrezas de representación gráfica para a descrición técnica de obxectos.

-Curiosidade por coñece-los diferentes tipos de estructuras empregadas para a solución de problemas constructivos.

-Sensibilidade diante dos riscos da electricidade e no proceso de recollida selectiva de materiais de refugallo, como por exemplo as pilas, na reutilización e na reciclaxe de materiais.

-Interese por coñece-las posibilidades do ordenador e da internet como importantes ferramentas da tecnoloxía.

-Valoración da incidencia da innovación tecnolóxica no ámbito do traballo e da calidade de vida.

Segundo curso.

Contidos.

-Materiais férricos. O ferro: extracción, fundición e obtención do aceiro. Propiedades características: mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.

-Metais non férricos: cobre e aluminio. Obtención e propiedades mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.

-Técnicas básicas e industriais para o traballo con metais. Manexo de ferramentas e uso seguro delas.

-Sistemas de representación. Perspectiva. Normalización: formatos.

-Proporcionalidade entre debuxo e realidade. Escalas. Acoutamento.

-Metroloxía: uso do calibre.

-Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación de movementos: pancas, poleas, engrenaxes, parafuso sen fin, piñón e cremalleira, leva, roda excéntrica, biela e manivela.

-Relación de transmisión. Aplicacións.

-Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación destas en dispositvos de uso habitual.

-Circuíto eléctrico: voltaxe e intensidade. Lei de Ohm. Circuíto en serie, paralelo e mixto. Simboloxía.

-Efectos da corrente eléctrica: electromagnetismo. Aplicacións.

-Máquinas eléctricas básicas: dínamo e motor de corrente continua. Xeración de corrente eléctrica. Alternador.

-Aplicacións dos elementos eléctricos de forma práctica nalgún proxecto sinxelo.

-Fontes de enerxía: clasificación xeral. Fontes de enerxía renovables e non renovables.

-Combustibles fósiles: petróleo e carbón. Biocombustibles.

-Transformación de enerxía térmica en mecánica: a máquina de vapor, o motor de combustión interna, a turbina e o reactor. Descrición e funcionamento.

-Compoñentes do ordenador: elementos de entrada, saída e proceso. Periféricos habituais.

-Introducción ó conexionado de periféricos á CPU.

-Ferramentas básicas para o debuxo vectorial e o grafismo artístico. Aplicación xenérica dalgún programa de debuxo e deseño.

-Iniciación á folla de cálculo. Fórmulas. Elaboración de gráficas.

VII.

A internet e as comunidades virtuais.

-O ordenador como medio de comunicación: a internet. Páxinas web. Correo electrónico. Emprego práctico destas ferramentas.

VIII.

Actitudes, valores e normas.

-Disposición positiva a colaborar en pequeno grupo, nun clima de confianza, na busca de solucións técnicas a un problema práctico.

-Interese na precisa descrición técnica de mecanismos e circuítos, utilizando correctamente a metroloxía e os sistemas de representación gráfica.

-Respecto polas instruccións para a correcta utilización de máquinas e instrumentos na aula-taller de tecnoloxía.

-Sensibilidade e aceptación das normas e das medidas para propicia-lo aforro enerxético e minimiza-los impactos ambientais da utilización das combustións e dos motores.

-Recoñecemento da internet como medio de comunicación e valoración crítica da información dispoñible segundo as fontes.

Criterios de avaliación.

* Citar propiedades básicas da madeira e dos metais como materiais técnicos, enumerar algunhas das súas variedades e transformados máis utilizados, identificándoos nas aplicacións técnicas máis usuais, e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado de forma correcta, mantendo os criterios de seguridade axeitados.

* Utilizar algunha ferramenta simple para desenvolver unha tarefa sinxela aplicando as normas de uso e os criterios de seguridade axeitados.

* Expresar mediante vistas e perspectivas obxectos e sistemas técnicos sinxelos co propósito de comunicar un traballo tecnolóxico.

* Identificar, en estructuras e sistemas sinxelos, elementos resistentes e os esforzos a que están sometidos.

* Sinalar, nunha máquina complexa elemental, os mecanismos simples de transformación e transmisión de movementos que a compoñen, e explicar brevemente o seu funcionamento en conxunto e calcula-las relacións de transmisión, no caso que proceda.

* Identifica-los elementos fundamentais dun circuíto eléctrico sinxelo de corrente continua e describir brevemente a súa función dentro del.

* Realiza-la montaxe dun circuíto eléctrico sinxelo en corrente continua, empregando pilas, interruptores, conmutadores, resistencias, lámpadas, motores, electroimáns e relés, como resposta a un fin determinado.

* Distingui-las partes dun motor de explosión e describir elementalmente o seu funcionamento.

* Identifica-los compoñentes fundamentais dun ordenador tipo e os seus periféricos máis comúns, explicando brevemente a súa misión no conxunto.

* Realizar pequenos informes sobre as tarefas e os traballos técnicos desenvolvidos, utilizando o ordenador para procesar textos, confeccionar pequenas follas de cálculo e elaborar gráficas e debuxos sinxelos.

Terceiro curso.

Contidos.

-Introducción ós plásticos: clasificación. Obtención. Propiedades características. Aplicacións en vivendas.

-Técnicas básicas e industriais para o traballo con plásticos. Ferramentas e uso seguro das mesmas.

-Materiais de construcción: pétreos e cerámicos. Propiedades características.

-Circuíto eléctrico: corrente alterna e corrente continua. Potencia e enerxía eléctrica. Montaxes eléctricos sinxelos: circuítos mixtos.

-Manexo do polímetro dixital. Realización de medidas sinxelas.

-Introducción á electrónica básica: o transistor como interruptor en montaxes básicos. O circuíto integrado.

-Aplicación de elementos eléctricos nalgún circuíto sinxelo e realización de medidas elementais.

-Enerxía eléctrica: xeración, transporte, distribución e consumo. Centrais. Aforro enerxético.

-Tratamento de emisións e de residuos.

-Fontes de enerxía renovables: sistemas técnicos para o aproveitamento da enerxía eólica, solar e da biomasa.

-Subministracións á vivenda: instalacións eléctrica, de gas, de calefacción, de auga e de saneamento.

-Arquitectura e funcionamento do ordenador. Compoñentes internos: descrición e funcionalidade.

-Introducción ós conceptos de sistema operativo e de programa. Linguaxes para o desenvolvemento de aplicacións.

-Organización da información: xestor de bases de datos. Busca de información, creación e actualización dunha base de datos.

-Comunicación con fíos e sen fíos. Telefonía, radio e televisión. O espacio radioeléctrico.

VII.

A internet e as comunidades virtuais.

-O ordenador como ferramenta de comunicación: comunidades e aulas virtuais. Chats e videoconferencia. Mensaxería instantánea.

-Elaboración de páxinas html. Publicación dun web.

VIII.

Control e robótica.

-Máquinas automáticas e robots: automatismos. Arquitectura dun robot. Elementos mecánicos e eléctricos para que un robot se mova.

IX.

Tecnoloxía e sociedade.

-Tecnoloxía e ambiente: impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico. Contaminación. Esgotamento dos recursos enerxéticos e das materias primas. Tecnoloxías correctoras. Desenvolvemento sustentable.

X.

Actitudes, valores e normas.

-Actitude de cooperación responsable nas tarefas de equipo para o deseño, a realización e a avaliación dun traballo técnico.

-Valoración das normas de seguridade e hixiene na aula-taller de tecnoloxía e consideración dos perigos que comporta o uso dos seus equipos e instalacións.

-Interese por coñece-los distintos materiais constructivos empregados na realización de infraestructuras e instalacións nas edificacións.

-Valoración da transcendencia das aplicacións da electrónica na sociedade actual e interese pola busca de novas posibilidades de utilización destes dispositivos.

-Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía web e respecto polas persoas e polas súas opinións ó participar en encontros na internet.

-Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico e cooperación na utilización axeitada dos recursos naturais e na conservación do ambiente, especialmente en Galicia.

Criterios de avaliación.

* Citar propiedades básicas dos plásticos como materiais técnicos, enumerar algunhas das súas variedades máis utilizadas, indentificándoas nos obxectos e nas aplicacións técnicas máis usuais, e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabamento de forma correcta, mantendo os criterios de seguridade axeitados.

* Montar circuítos sinxelos, a partir dun esquema predeterminado, con compoñentes electrónicos como resistencias, condensadores, bobinas, díodos e transistores.

* Identifica-los elementos máis usuais que compoñen a rede eléctrica dunha vivenda tipo sinxela, tanto no seu esquema eléctrico como na propia instalación, e describir brevemente a súa función.

* Identifica-los elementos que constitúen a arquitectura física dun ordenador tipo e os procesos lóxicos que explican o seu funcionamento básico.

* Recompilar e procesar información nun xestor de bases de datos, actualizando e modificando rexistros e táboas e creando algunha base de datos sinxela.

* Utiliza-los servicios da internet para buscar información, enviar e recibir correo electrónico, contactar coa mensaxería instantánea e comunicarse por chat e conferencias en audio-vídeo.

* Describir esquematicamente os sistemas de telefonía con fíos, radio e televisión e os principios básicos do seu funcionamento elemental.

* Identificar automatismos nalgún sistema técnico sinxelo e describir elementalmente a función que desenvolven.

* Montar, utilizando sistemas mecánicos-eléctricos e seguindo instruccións, un robot sinxelo capaz de realizar algún movemento elemental dirixido e controlado.

* Enumerar algunha achega da tecnoloxía ó desenvolvemento da humanidade e á mellora das condicións de vida e da saúde, identificar algún impacto singular sobre o medio ambiente producido por esa actividade tecnolóxica e formular algunha proposta para reduci-los custos medio ambientais implicados, como por exemplo o aforro enerxético e o tratamento de residuos.

Cuarto curso.

Contidos.

-Introducción ó debuxo asistido por ordenador: debuxo en dúas dimensións.

-Realización de debuxos elementais con algún sistema sinxelo de debuxo asistido por ordenador.

-Descrición e análise de sistemas electrónicos por bloques: entrada, saída e proceso.

-Elementos básicos de circuítos electrónicos simples: a resistencia, o condensador, o diodo, o transistor e o circuíto integrado.

-Dispositivos de entrada: interruptores, resistencias que varían coa luz e coa temperatura. Dispositivos de saída: zoador, relé e led. Dispositivos de proceso: os integrados.

-Aplicacións en montaxes sinxelas.

-O ordenador como dispositivo de control: sinal analóxica e dixital.

-Adquisición de datos. Programas de control. Tratamento da información numérica a través de follas de cálculo.

-Comunicación entre ordenadores: redes informáticas.

-Comunicación sen fíos.

-Comunicación vía satélite, telefonía móbil. Descrición e principios técnicos.

-Grandes redes de comunicación de datos. Control e protección de datos.

-A internet e comunidades virtuais.

-A internet. Descrición. Principios técnicos do seu funcionamento. Tipos de conexións. Comunidades e aulas virtuais.

-Percepción do contorno: o sensor.

-Control do robot: programación. Realimentación do sistema.

-Tecnoloxía e seu desenvolvemento histórico. Fitos fundamentais: revolución neolítica, revolución industrial e aceleración tecnolóxica do século XX. Interrelación entre tecnoloxía e cambios sociais e laborais. Evolución dos obxectos técnicos co desenvolvemento dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, as estructuras socioeconómicas e a dispoñibilidade de distintas enerxías.

VII.

Actitudes, valores e normas.

-Disposición e iniciativa persoal para organizar e xestionar corresponsablemente un proxecto tecnolóxico en equipo.

-Valoración das aplicacións informáticas e dos servicios da internet para a formulación e a comunicación dun proxecto tecnolóxico.

-Toma de conciencia da importancia das redes de comunicación na difusión mundial da información, considerando especialmente aspectos como a celeridade, o alcance global e a protección dos datos.

-Valoración das aplicacións do control e da robótica na sociedade actual e das súas repercusións na dispoñibilidade de productos e servicios.

-Interese por coñece-los fitos fundamentais das revolucións tecnolóxicas ó longo da historia e valoración crítica das interrelacións entre a tecnoloxía e os cambios sociais e laborais.

Criterios de avaliación.

* Representar graficamente un obxecto ou mecanismo tecnolóxico sinxelo, utilizando algún programa elemental de deseño asistido por ordenador.

* Identifica-los bloques de entrada, proceso e saída dun sinxelo sistema electrónico real e describir brevemente as súas funcións elementais.

* Montar algún sistema electrónico sinxelo, a partir do seu esquema, empregando bloques de entrada, proceso e saída.

* Utilizar unha folla de cálculo para o tratamento primario dunha pequena cantidade de información numérica e realizar algunha análise sinxela de pautas de comportamento.

* Describir superficialmente os elementos básicos dunha rede sinxela de ordenadores de área local e da rede internet, e instalar, coa axuda de asistentes respectivos, unha conexión de acceso á rede.

* Formular unha descrición básica dos elementos e do funcionamento dun sistema de comunicacións por telefonía, fixa e móbil, e vía satélite.

* Montar un sinxelo robot que incorpore algún sensor primario de adquisición de información do contorno e desenvolver un pequeno programa que permita controlalo e posibilite o seu funcionamento autónomo, en función da realimentación dunha variable.

* Adquirir e interpretar datos dalgunha variable elemental dun proceso sinxelo do contorno utilizando o ordenador e deseñar algunha realimentación elemental cos datos obtidos.

* Enumerar algún fito fundamental do desenvolvemento tecnolóxico e da evolución dos obxectos e dos sistemas técnicos, sinalando algunha das súas repercusións nos ámbitos sociais e laborais.

* Seleccionar e analizar elementalmente algunha sinxela medida, das posibles, para favorece-lo desenvolvemento sustentable nun ámbito tecnolóxico concreto.

Ética

Introducción.

A educación ten como un dos seus fins esenciais o pleno desenvolvemento da personalidade humana do alumnado, incluída a súa formación moral, de modo que o proceso e a acción educativa lles permita

ir asumindo, de xeito crítico, reflexivo e progresivo o exercicio auténtico da liberdade, dos seus dereitos e dos seus deberes individuais e sociais nun clima de respecto e de tolerancia positiva cara a outras posturas morais, políticas e relixiosas diferentes ás da súa cultura orixinal.

Nesa mesma liña dise no dictame sobre o ensino das humanidades no ensino secundario que a educación moral é inherente a tódalas áreas de coñecemento e é unha tarefa encomendada a toda a comunidade educativa. Sen prexuízo de valorar positivamente que a acción de toda a comunidade educativa é tamén de carácter moral, é necesario advertir que a reflexión ética, de carácter estrictamente filosófico, é indispensable na educación moral transmitida ó longo de todo o ensino secundario.

A filosofía moral achega especificamente unha reflexión profunda e crítica sobre os fundamentos da vida moral, da acción política e da Lei xurídica e todo iso permite axudar de modo importante ó alumnado para a construcción dunha conciencia moral e cívica acorde coas sociedades democráticas, plurais, complexas e cambiantes nas que vivimos.

A ética constitúe unha materia propia, autónoma, de carácter filosófico, situada netamente fóra do ámbito da área das ciencias sociais, aínda que en permanente contacto e diálogo coas súas contribucións conceptuais. A filosofía moral axuda de modo específico a situa-los problemas ético-políticos e ético-xurídicos nun nivel de universalidade e de abstracción racional moito maior có das ciencias sociais que, normalmente, se limitan á mera descrición e explicación de feitos e de conflictos.

En ningún caso e baixo ningún concepto se pode considerar que o ensino da ética é unha alternativa á relixión ou relixións confesionais. A ética debe ser patrimonio común de tódolos alumnos e debe contribuír a formar cidadáns racionais, críticos, abertos e tolerantes; é dicir, que saiban fundamentar racionalmente as súas conviccións morais e aprendan a tolerar a outros de modo positivo; a valorar e respecta-las diferentes posicións relixiosas, morais e políticas, polo que significan de enriquecemento da cultura humana e de aceptación das limitacións da razón humana. Esta dimensión cívica do ensino da ética é moi importante no contexto do actual sistema educativo e da sociedade na que vivimos.

Polo tanto, a materia de ética para os alumnos de cuarto da ESO reforza o papel da educación moral en todo o ensino secundario e culmina, cun novo nivel de afondamento e crítica racional, a estructura conceptual e actitudinal que foron construíndo os alumnos ó longo de toda a educación obrigatoria.

A reflexión filosófica propia da ética céntrase na dialéctica conceptual de nocións contrapostas como liberdade-determinismo, dereito-deber, ben-mal, valores-disvalores, normatividade-anomia, autonomía-heteronomía, responsabilidade-irresponsabilidade, legalidade-ilegalidade, etc.

A ética, ó presentar en forma de dilemas os problemas morais xerados no mundo actual, trata de

desenvolver no alumnado a capacidade crítica e argumentativa, evitando, sempre, calquera forma de adoutrinamento moral, político ou relixioso.

A dimensión filosófica da ética non debe ser entendida como un tratamento historiográfico ou sistemático de tódalas teorías éticas xurdidas ó longo da historia da cultura occidental, senón como formación en valores, fundamental nesta etapa educativa, que culmina así cunha reflexión formal de carácter filosófico que a afianza e xustifica.

A práctica docente para o nivel da ética de cuarto da ESO demanda unha fundamentación filosófica da especificidade moral dos seres humanos e dalgúns conceptos claves da moralidade humana -liberdade, autonomía, valor, norma, dereito, deber, etc. - xunto cunha breve introducción ás principais teorías éticas do mundo occidental. Polo tanto, a ética debe servir para conectar con algúns temas da filosofía de primeiro de bacharelato -a persoa, a acción, a sociedade- iniciando ó alumnado no vocabulario filosófico, nos procedementos argumentativos e nas teorías filosóficas dalgúns autores da filosofía occidental que serán estudiados en niveis posteriores.

Así mesmo, a ética contribúe a configura-la identidade moral dos adolescentes na medida na que permite e estimula a reflexión sobre criterios morais, estilos de vida e toma de decisións en cuestións e opcións fundamentais nesta estapa da súa vida.

Obxectivos.

* Coñecer e comprende-los trazos específicos que fundamentan a moralidade humana na súa práctica individual e social.

* Comprende-la xénese dos valores e das normas morais e a súa fundamentación obxectiva e común a tódolos seres humanos presente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

* Valorar criticamente o pluralismo cultural e moral das sociedades modernas.

* Identificar e analiza-las principais posicións morais xeradoras de conflictos no mundo actual tales como: materialismo-espiritualismo, liberalismo-socialismo, individualismo-comunitarismo, universalismo-contextualismo.

* Identificar e analiza-los principais proxectos éticos contemporáneos, sobre todo os relacionados cos dereitos humanos.

* Identificar e analiza-las diferentes formas de organización política das sociedades actuais, sobre todo o sistema democrático e o estado social de dereito, valorando criticamente os seus logros, as súas deficiencias e o seu horizonte ético de busca incesante da xustiza.

* Coñecer e valora-las principais achegas teóricas da historia da ética.

* Utiliza-lo diálogo e o debate como medio idóneo para estimula-la capacidade argumentativa.

* Fomenta-lo clima de diálogo e de tolerancia positiva nas actividades da aula.

* Potencia-la adquisición de independencia de criterio e capacidade crítica.

* Potencia-la autoestima do alumnado fundamentada nas súas capacidades e actitudes de comprensión e solidaridade.

Cuarto curso.

Contidos.

O contido da materia, distribuído en catro bloques temáticos, abrangue, ante todo, temas de filosofía moral e, en menor medida, de filosofía política e xurídica.

-Comezámo-la materia por este bloque temático dada a súa actualidade e interese motivador para o alumnado. Neste bloque enumeraranse, sen pretender un tratamento exhaustivo, algúns dos problemas morais máis significativos do mundo actual nos que aparecen involucrados factores sociais, políticos, económicos, científico-tecnolóxicos e ecolóxicos.

I.1.

Unidade 1.

-Problemas derivados de factores sociais, políticos e económicos. (A marxinación social. As discriminacións por razón de sexo, raza, lingua, relixión, etc.).

I.2.

Unidade 2.

-Problemas derivados de factores científico-tecnolóxicos. (Degradación do ambiente, carreira armamentística, manipulación xenética dos seres humanos, etc.).

I.3.

Unidade 3.

-Problemas derivados do mundo persoal. (Plans e ideais de vida, responsabilidade, hábitos, valores e virtudes morais, sentido do deber, realización persoal, inserción no mundo do traballo, relacións persoais: amor, amizade, sexualidade, etc.).

-Neste bloque temático analizarase o significado ético, xurídico e político da democracia como espacio que posibilite ós cidadáns a realización pública de proxectos éticos que contemplen e fagan efectivos os dereitos humanos.

II.1.

Unidade 4.

-Os dereitos humanos.

II.2.

Unidade 5.

-Democracia e cidadanía.

II.3.

Unidade 6.

-Algúns proxectos éticos: defensa da paz, Protección do ambiente, solidariedade, voluntariado, etc.

-Neste bloque abordaranse teoricamente os conceptos fundamentais para a análise da vida moral.

III.1.

Unidade 7.

-Valores e normas morais.

III.2.

Unidade 8.

-Heteronomía e autonomía.

III.3.

Unidade 9.

-A autoridade e a súa lexitimación.

-Expoñeranse as grandes liñas teóricas de reflexión ética na historia e na actualidade.

IV.1.

Unidade 10.

-Fundamentación da vida moral.

IV.2.

Unidade 11.

-Éticas dos fins.

IV.3.

Unidade 12.

-Éticas do deber.

-Recoñecemento das sociedades actuais como sociedades plurais, complexas e, en moitos casos, conflictivas, que requiren do diálogo racional e do acordo como instrumento da convivencia.

-Actitude dialogante e disposición aberta ante os valores e normas tanto propios como alleos.

-Valora-lo significado histórico dos dereitos humanos e o seu papel nas sociedades actuais.

-Disposición cara a cooperación e participación nas institucións democráticas e cívicas.

-Valoración da autonomía persoal e dos seus supostos e implicacións.

-Recoñecemento do sentido e do valor das diferentes teorías éticas.

Criterios de avaliación.

* Coñecer e expresar con claridade os conceptos básicos da estructura moral dos seres humanos: dig

nidade persoal, valor, norma, deber e responsabilidade moral.

* Coñecer e expresar con claridade os rasgos propios da moralidade humana.

* Comprender, expresar correctamente e valora-lo significado histórico e plural das normas e valores morais dos individuos e sociedades humanas.

* Coñecer e aprecia-las diferentes pautas culturais e morais que se dan nas sociedades modernas.

* Identificar e analizar de modo fundamentado os principais conflictos morais do mundo actual como expresión de posicións éticas enfrentadas.

* Coñecer e expoñer con claridade as principais achegas teóricas dos proxectos éticos actuais.

* Coñecer e expresar correctamente a noción de democracia e de estado social de dereito.

* Coñecer e expresar adecuadamente os núcleos conceptuais dalgúns sistemas éticos occidentais que contribuíron ó recoñecemento das liberdades e dos dereitos das persoas en todo o mundo.

* Utiliza-lo diálogo e a argumentación como medio adecuado para xustifica-las propias posicións éticas e para rexeita-las contrarias.

* Respecta-las posicións diverxentes dos interlocutores, tanto na aula como no ámbito familiar e social.

* Participar, democrática e cooperativamente, nas actividades programadas tanto na aula como fóra dela.

* Inicia-la construcción dun código de conducta moral, persoal e autónoma, que permita supera-los niveis convencionais do desenvolvemento moral e inicia-lo nivel de universalidade e imparcialidade esixibles na ética.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA