Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do pasado 17 de abril.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta cor

poración, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 74, do 17-4-2002, resolve-lo devandito concurso e por proposta das respectivas comisións de valoración nomeadas ó efecto, designar ós funcionarios que figuran de seguido para cubri-los postos que, así mesmo, se indican:

-Posto de traballo: adxunto xefe de sección.

Adscrición: Servicio Provincial de Recadación.

Apelidos, nome e DNI: López López, José Antonio. 32423250-N.

-Posto de traballo: xefe negociado.

Adscrición: Servicio Provincial de Recadación.

Apelidos, nome e DNI: Marcos García, María José. 32429255-Z.

-Posto de traballo: xefe negociado.

Adscrición: Servicio Provincial de Recadación.

Apelidos, nome e DNI: Pérez Quinteiro, José Luis. 32448054-E.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme ó disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción; sen prexuízo de que se poida exercitar, se

é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente por parte dos interesados.

A Coruña, 12 de xuño de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación provincial da Coruña