Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (6/02 (OCU DIR)).

Pola Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 28 de xuño de 2002, adoptouse o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o texto refundido da ocupación directa do sistema xeral viario VG.01 e VG.S1.01 e da parte do sistema xeral de espacios libres EG-S3.01 e da zona de espacios libres locais do sector 1, coas modificacións introducidas nel, consecuencia das alegacións presentadas no período de información pública.

O que se publica para coñecemento dos titulares de dereitos recoñecidos no expediente indicando que, contra este acordo, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación. Non obstante, pode interpor recurso potestativo de reposición perante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e, contra a súa desestimación, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no prazo de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de interpoñelo.

Así mesmo, cítanse ós interesados para os efectos do levantamento da acta de ocupación, que terá lugar na sede do Servicio de Urbanismo, sita na rúa do Parque, s/n, no día e na hora que en cada caso se sinala na notificación persoal, conforme co disposto no artigo 154.2º da Lei do solo de Galicia.

Neste acto deberá comparecer provisto dos títulos xustificativos da titularidade, acompañados de certificación acreditativa da situación rexistral do predio, advertindo que os dereitos que se deriven da tramitación do expediente se adxudicarán a quen resulte se-lo titular rexistral.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 29 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado