En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicante.
Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.
Número de expediente: 143/2002.
2. Obxecto do contrato:
Tipo de contrato: contrato de subministracións.
Descrición do obxecto: subministración de determinacións de velocidade de sedimentación.
Anuncio de licitación publicado no DOG nº 68, do 9 de abril de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 63.286,57 A.
5. Adxudicación.
Datas: 21 de maio de 2002.
Contratistas:
Lote: 1.
Orzamento: 63.286,57.
Adxudicatario: Kerbak, S.L.
Importe adxudicado: 60.210.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 10 de xuño de 2002.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña