Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2002. (Expediente 5/2002 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 5/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha campaña publicitaria en dúas fases, unha na época estival e outra no Nadal, co obxecto de facilita-lo recoñecemento, difusión e potenciación das vantaxes na marca Artesanía de Galicia como símbolo de calidade de producto e a diversidade de creacións, tanto a través da publicidade estática como en medios televisivos.

Prazo de execución: comezará o día seguinte á sinatura do contrato e rematará o 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 313.000 euros, IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito para contratar que o empresario teña acadada a clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría D. Nembargantes, de conformidade coa disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, tamén serán admitidas, ata que caduquen por razón do seu prazo, as certificacións de clasificación expedidas de acordo coa normativa anterior no grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Os empresarios estranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira e técnica polos medios especificados nos artigos 16 a) e c) e 19 a) e b) respectivamente do TRLCAP.

6. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (6.260 euros).

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Horar: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e

Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS