Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/83-2, 5834 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Xoán de Piñeira.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 655 m de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en L.M.T. existente a C.T. matadoiro e final en P-6 da proxectada. L.M.T. aérea a 20 kV con 99 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en P-6 da L.M.T. a C.T. calzada e final en C.T. calzada. L.M.T. aérea a 20 kV con 254 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. Piñeira e final C.T. Piñeira. L.M.T. aéra a 20 kV con 257 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en P-O da L.M.T. a C.T. Piñeira e final C.T. pombal. 2 C.T.I de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20000/380-220 V. C.T.I. de 75 kVA de potencia e relación de transformación 20000/380-220 V. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20000/380-220 V. R.B.T. aérea de 4780 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo