Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. aérea-subterránea subestación APontenova.
Situación: A Pontenova.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,111 km de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en L.M.T. existente A Pontenova -Maraido-Santo Adriano e final en L.M.T. subterránea a C.T. centro escolar. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,279 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en C.T. río Eo e final en C.T.C. A Pontenova. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,029 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe na arqueta nº 6 da L.M.T. subterránea C.T. río Eo C.T.C. A Pontenova e final na arqueta nº 11. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,056 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en C.T.C A Pontenova e final en L.M.T. aéreas existentes a Meira e Riotorto (paso aéreo-subterráneo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 11 de xuño de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo