Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.136

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, pola que se anulan dúas preguntas e se corrixe o modelo de respostas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril

de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, adoptou os seguintes acordos:

Anula-las preguntas número 9 e número 68 do primeiro exercicio tipo test da fase de oposición, por non ser correcta a súa formulación.

Corrixi-lo modelo de respostas publicado, admitindo como correcta a resposta c) da pregunta número 20, por se producir un erro de imprenta.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal