1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material informático con destino ós servicios centrais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 41.600 euros (corenta e un mil seiscentos euros).
5. Garantías.
Provisional: 832 euros.
Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: secretaría xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 38.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós quince días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados, desde a data de apertura das proposicións.
8. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o sétimo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.
P.D. (Orde 19-12-2001)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO