Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.081

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2º e 5º da Resolución do 9 de abril de 2002, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de técnico en contabilidade e control orzamentario do CIXTEC. Anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 9 de xullo de 2002, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas, data de realización do primeiro exercicio e se nomea o tribunal cualificador das probas.

As devanditas listas e a composición do tribunal cualificador das probas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consul

tadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http://www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase de que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 22 de xullo de 2002 ás 16.30 horas na sede do CIXTEC, r/ Ramón Piñeiro, 27, de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL