Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, do tribunal III-B designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 63 (oficial 1ª conductor/a// conductores/as 1ª// conductores/as altos cargos// conductor/a mecánico/a), correspondente ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de xullo de 2001, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición (proba práctica).

En sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2002, o tribunal III-B designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 63 (oficial 1ª conductor/a// conductores/as 1ª// conductores/as altos cargos// conductor /a mecánico/a), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou que o terceiro exercicio da fase de oposición (proba práctica), dará comezo o día 19 de xullo de 2002 no Parque Móbil da Xunta de Galicia (Pazo de San Caetano), en Santiago de Compostela.

O devandito día 19 de xullo realizarán a proba práctica os aspirantes de promoción interna que superaron o segundo exercicio.

O día 22 de xuño de 2002 realizarán a proba os aspirantes de acceso libre comprendidos entre Arias Lombao, Ángel e Cortizo Blanco, Manuel, ámbolos dous inclusive, que superaron o segundo exercicio.

Ó remate da proba do día 22 de xullo de 2002 publicaranse no Parque Móbil da Xunta de Galicia os aspirantes que deben presentarse na seguinte sesión, así como a súa hora de comezo.

As probas dos días 19 e 22 de xullo darán comezo ás 9.30 horas, momento no que deberán estar presentes, provistos de DNI, tódolos aspirantes citados.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal III-B