Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 16 de maio de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de dúas rúas de nova apertura no Ponto, redactado polo arquitecto José Luis Eimil Trasancos e promovido por Construcciones Cerna, S.L.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 27 de maio de 2002.

Xoán Gato Díaz

Alcalde