Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Publicado anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia número 117, do día 19 de xuño de 2002, das obras de intervencion na mellora do medio urbano nas rúas Curros Enríquez e A Milagrosa, a Comisión de Goberno do 26 de xuño de 2002 modificou a cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas, en relación coa categoría esixida para o grupo E, que pasa a se-la d), e non a f), como figuraba.

Como consecuencia, ábrese un novo prazo de licitación de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Lugo, 28 de xuño de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área