Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Añobre (Vila de Cruces, Pontevedra).

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a proposta de modificación que o afecta en relación co recurso de alzada interposto por Carlos Fernández Morao contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Añobre (Vila de Cruces, Pontevedra).

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Alejandro Martinez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Rodolfo Montaña Iglesias.

Domicilio: Añobre, Vila de Cruces (Pontevedra).

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por Carlos Fernández Morao contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Añobre (Vila de Cruces, Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno á súa dispsición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 47 20.

O que lle notifico a vostede.

O enxeñeiro técnico agrícola.

Manuel Rodríguez Vázquez.

Modifica-lo predio número 482 das súas atribucións, quedando trala modificación co mesmo valor e superficie.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO