Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.A.T 132 kV subestación parque eólico Leste e L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Mareiro, concellos do Valadouro e Ourol. (Expediente 001/2002 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

-Finalidade: interconexión dos parques eólicos Álabe-Leste e Álabe-Mareiro e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande) para evacuación da enerxía xerada nos citados parques eólicos.

Características técnicas principais:

a) Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Álabe-Leste e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), de 1.324 metros de lonxitude composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

b) Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Álabe-Mareiro e a liña eléctrica aérea de alta tensión existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), de 350 metros de lonxitude composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Mareiro

PREDIOSPROPIETARIOSAPOIO VOO

Nº parcelaSitioCultivoPropietario (*)EnderezoNºmmlm

1Pena da Augam.b.Descoñecido1391142.313

3Pena da Augam.b.Descoñecido23935688

(*) Titular proposto no acordo de concentración parcelaria

L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Leste

DATOS DO PROXECTODATOS

CATASTRAIS

ConcelloParcelaApoioSup.

apoio

(m)Voo

(m.l)Serv.

perman.

(m)Plgn.ParcelaPropietarioDomicilioPoboaciónNatureza

O Valadouro11, 28450910.1880C.M.V.M.C. Frexulfe-repr.

Celso Pernas Vivero

Leirado-FrexulfeO Valadourom.b

O Valadouro23, 4, 5, 615281716.3400C.M.V.M.C. Frexulfe-repr.

Celso Pernas Vivero

Leirado-FrexulfeO ValadouroPrado