Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.
Denominación: L.M.T. e C.T. O Pousiño.
Situación: Concello de Pazos de Borbén.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 147 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Sequeiros ata o C.T. que se proxecta no Pousiño, no Concello de Pazos de Borbén, de 160 kVA, R/T 20 kV-400 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 7 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra