Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2002 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, para a contratación de subministración sucesiva de material para comedores, salas de reunións e deportivo para centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 12/02SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 12/02SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material para comedores, salas de reunións e deportivo para centros docentes dependentes desta consellería.

b) División por lotes e número:

Lote 1: mobiliario de despachos.

Lote 2: armarios, estanterías e bibliotecas.

Lote 3: cadeiras.

Lote 4: parques exteriores.

Lote 5: peladoras, secadoras, fritidoras, lavavaixelas e lavadoras.

Lote 6: encerados.

Lote 7: bancos e perchas.

Lote 8: mesas.

Lote 9: mesas, armarios e estantes.

Lote 10: cadeiras de brazos e taboleiros de cortiza.

Lote 11: equipos de educación física, porterías e colchonetas.

Lote 12: mesas auxiliares, armarios, carros de curas, tallos, tocadores, gradas, padiolas, butacas e lámpadas.

c) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no Polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se van adquirir.

d) Prazo de execución: 30 días ou o prazo que oferte a empresa se fose inferior ó sinalado anteriormente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 225.566,90 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1501.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vintecinco días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11.30 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria