Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.889

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (153/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 153/2002, que se segue neste xulgado por unha falta contra a orde pública, se acordou citar a Carlos Vega Veiga para que compareza en calidade de denunciado ante a Sala de Audiencias deste xulgado, sita na praza do Concello s/n, primeira planta, o vindeiro día 4 de setembro, ás 10 horas, para a realización do xuízo, baixo apercibimento de que se non comparece, sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos Vega Veiga, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o doce de xuño de dous mil dous.

O secretario

Rubricado