Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.889

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTESEIS DE MADRID

EDICTO (35/2002).

Francisco Ángel Carrasco García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia, número vinteseis dos de Madrid, fago saber que no devandito xulgado, no procedemento ordinario nº 35/2002, mediante auto dictado con data do 6 de febreiro de 2002, admitiuse a trámite a demanda interposta por Unión de Consumidores y Usuarios de Pontevedra contra Canal Satélite Digital, S.L., e Vía Digital en exercicio da acción colectiva de cesación, así como a acción de devolución das cantidades indebidamente cobradas. Polo que en cumprimento do artigo 15.1º da LAC se realiza este chamamento para que as persoas que poidan verse prexudicadas por este feito poidan intervir neste procedemento para facer vale-los seus dereitos individuais.

E como consecuencia do ignorado paradoiro, esténdese este edicto para que sirva de notificación, ós posibles prexudicados por ter sido consumidores do producto ou usuarios do servicio que deu lugar ó proceso.

Madrid, vinteoito de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

E para que sexa publicado no Diario Oficial de Galicia, conforme ordena a parte dispositiva do citado auto do 6 de febreiro de 2002, dictado no dito xulgado.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO