Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático (C.P. 2/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 2/2002.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: asistencia técnica para impartición dun máximo de 46 seminarios de difusión da utilización empresarial de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

Lote 2: servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático necesario para a impartición dos seminarios obxecto do lote 1.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 62, do 1 de abril de 2002.

5. Orzamento máximo total de licitación: 81.236 A (oitenta e un mil douscentos treinta e seis euros), IVE incluído, coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: 31.280 A (trinta e un mil douscentos oitenta euros), IVE incluído, presupuestándose nun máximo de 680 A (seiscentos oitenta euros), IVE incluído, o custo de cada seminario.

Lote 2: 49.956 A (corenta e nove mil novecentos cincuenta e seis euros), IVE incluído, orzamentándose nun máximo de 1.086 A, (mil oitenta e seis euros), IVE incluído, os servicios necesarios para cada un dos seminarios.

6. Adxudicación:

a) Data: 22 de maio de 2002.

b) Contratista e importe de adxudicación:

Nortideas Comunicación, S.L. por un importe máximo total de 66.552 A (sesenta e seis mil quiñentos

cincuenta e dous euros), IVE incluído, desagregado como segue:

Lote 1: 26. 588 A (vinteseis mil quiñentos oitenta e oito euros), IVE incluído.

Lote 2: 39.964 A (trinta e nove mil novecentos sesenta e catro euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica