Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ANUNCIO do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de epizootias 141/2002OT, devolto polo servicio de correos por esta-lo destinatario ausente no momento da repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a seguir, a incoación de expediente sancionador acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.

Noméase instructora do procedemento a Mª Paz Maseda Ferreiro e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarias desta delegación provincial, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do procedemento, de concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, en virtude da competencia atribuída polo Decreto 24/1984, do 23 de febreiro (DOG do 8 de marzo) e demais normativa aplicable. O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación, sita na Ronda da Muralla, 70, baixo 1º, achegar por escrito cantas alegacións e documentos estime convenientes e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de incoación poderá ser considerado pro

posta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 12 de xuño de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 141/2002OT.

Denunciado: Juan Carlos Mosquera Samper.

DNI: 09176776.

Último enderezo coñecido: Dr. Casares, 119, Monforte de Lemos.

Feitos imputados: carecer de autorización para exerce-la actividade de operador comercial de gando así como do libro de rexistro de movementos e compravenda de gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 195 e 196 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955 e artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 pola que se regulan e fixan as condicións, marcas e documentos sanitarios para o traslado e circulación de animais (DOG do 4-9-1995).

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción posible: 601,01 euros.