Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.772

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA AE-2 DE VIEIRO

ANUNCIO.

Aprobado na sesión da Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela celebrada o 24 de xuño de 2002 a apertura do trámite de información pública do proxecto de compensación da AE-2 de Vieiro, que fora aprobado inicialmente pola Asemblea Xeral da Xunta de Compensación en sesión do 17 de xuño de 2002, e de conformidade co disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que remite o artigo 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun periódico dos de maior circulación na provincia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

Manuel Ginarte Cabada

Presidente da Xunta de Compensación

da AE-2 de Vieiro