Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 13 de maio de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle na confluencia das avenidas de Vilagarcía,

Ferrol e Romero Donallo, promovido polos servicios técnicos municipais.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno acordou inicia-lo procedemento para a normalización ou regularización de lindeiros, nas parcelas propiedade de Santiago Sur, S.A. e Ruafer, S.A., así como a formulación de oficio do correspondente proxecto de normalización.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgmaento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo