Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a seguir e do permiso de actividade que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 20-3-2002, José García López solicitou autorización para a transmisión do permiso de actividade dunha cetaria, da que é titular, situada en r/ Suafonte, 1, baixo, Burela (Lugo).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información oficial.

-Informe técnico favorable da Delegación Territorial de Lugo.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico Xurídico.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 21 de xullo de 2000, pola que se aproba o procedemento para a transmisión do permiso de actividade nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de David Díaz Rivas (33844144-N) e María Jesús Sei

vane Balseiro (33858256-W) do permiso de actividade do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: cetaria.

Nome: José García López.

Situación: r/ Suafonte, 1, baixo, Burela (Lugo).

Especies autorizadas:

Crustáceos.

Título habilitante:

Orde outorgamento: 28-3-1990 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Remate vixencia: 10-5-2010.

Actual titular: José García López (76545998-C).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceiro.-O novo titular do permiso de actividade queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencio

so-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Celeiro-Viveiro, 15 de maio de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,

do 24 de xuño)

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS