Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación urxente para a contratación dunha subministración por lotes.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia: 2002-04-01047.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: obxecto deste contrato é a adquisición pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de infraestructuras de investigación para diversos centros de investigación da Xunta de Galicia, por procedemento de urxencia, aberto mediante concurso público e coa posibilidade de licitar á totalidade, a un, ou a varios lotes.

As características dos equipos obxecto deste contrato detállanse no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: os bens obxecto de licitación serán entregados antes do 15 de setembro de 2002 nos centros que se detallan nos puntos I e N da folla de especificacións e no prego de pres

cricións técnicas, tendo que estar instalados e en funcionamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: orzamento máximo ascende a 107.600 A que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A 628.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

5. Garantía provisional.

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitacitación (2.152 A), caso de licitar ós catro lotes. No caso de licitar a un ou varios lotes, o importe da garantía provisional sera do 2% do orzamento de licitación do lote ou da suma dos lotes ós que se concorra.

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, ou nas páxinas web: www.sxid.org/web ou www.xunta.es/contratacion.

6. Variantes: non se admiten variantes.

7. O prazo que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta é de tres meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade ó esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento