Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.737

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2º e 5 da Resolución do 21 de marzo de 2002, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico -Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do CIXTEC. Anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 1 de xullo de 2002, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas, data de realización do primeiro exercicio e se nomea o tribunal cualificador das probas.

As devanditas listas e a composición do tribunal cualificador das probas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http://www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase de que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 15 de xullo de 2002 ás 16,30 horas no Instituto de Formación Profesional Superior das Fontiñas, (fronte do edificio da Policía Autonómica) r/ Estocolmo, 5 de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable