Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.736

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de xullo de 2002 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Presentada renuncia por Isabel García Vila, presidenta titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, nomeada pola Orde do 23 de abril de 2002 (DOG nº 88, do 8 de maio), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la renuncia de Isabel García Vila, delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña, como presidenta titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Segundo.-Deixar sen efecto o nomeamento de Antonio Rodríguez Alvárez, subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario

da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Terceiro.- Así mesmo, esta consellería dispón os nomeamentos de:

-Antonio Rodríguez Alvárez, subdirector xeral de coordinación administrativa e control orzamentario da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, como presidente titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

-Mercedes Cardelle Espasandín, funcionaria da Xunta de Galicia como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública