Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria.

Por medio deste anuncio e para xeral coñecemento, faise público que a Alcaldía-Presidencia deste Concello, con data do trinta de maio de dous mil dous, dictou a resolución na que se acordou:

«Primeiro.-Resolve-lo concurso-oposición tramitado para selección, polo sistema de promoción interna, a praza de administrativo de Administración xeral, identificado no encabezamento e, en consecuencia, nomear a María Teresa Castro Arturo, con DNI nº 32809728-K, titular da praza de administrativo de Administración xeral do Concello de Vimianzo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2001, adscrita á área de Secretaría, incluída no seu cadro de persoal e coas seguintes características do catálogo «SEF-03, Administrativo de Servicios Xerais, grupo C, nivel complemento de destino 22» e pertencente á escala de Administración xeral, subescala de administrativo.

Segundo.-Notifíquese esta resolución á funcionaria nomeada para que tome posesión, como máximo, no prazo de vinte días naturais, contados desde a notificación desta resolución.

Terceiro.-Publíquese nos boletíns que proceda a resolución deste concurso-oposición e o nomeamento desta funcionaria de carreira do Concello de Vimianzo (A Coruña).

Recursos:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, ou ben recurso contencioso-administrativo. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición será dun mes contado desde a notificación individual, se é o caso, ou notificación colectiva por medio de publicación. O recurso contencioso-administrativo contra esta resolución, ben directamente ou ben esgotado o potestativo recurso de reposición, interpoñerase diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na cidade da Coruña, no prazo de dous meses desde a publicación ou notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se fora expreso. Se non o fora, o prazo será de 6 meses e contarase desde o día seguinte a aquel no que, de acordo coa súa normativa

específica, se produza o acto presunto.

En Vimianzo o cinco de xuño de dous mil dous».

Vimianzo, 5 de xuño de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde