Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO.

Por decreto desta alcaldía, do 6 de xuño de 2002, aprobouse inicialmente o estudio de detalle para o desenvolvemento da parcela sita na rúa Emilia Pardo Bazán, na zona coñecida como A Arqueta, de Allariz, redactado polos arquitectos José Antonio Rodríguez Basalo e Julia Vilas Cruz, por instancia de Bernardo Gallego González.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do Parlamento de Galicia 1/1987, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o referido estudio de detalle exponse ó público na secretaría do concello durante o prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Allariz, 6 de xuño de 2002.

Francisco García Suárez

Alcalde