Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/44-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e reforma c. seccionamento Príncipe Felipe-deriv. Marcón.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 247 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio existente da L.M.T. M.U.R. 804-Marín II ata o centro de seccionamento existente de Príncipe Felipe, que se vai reformar, no concello de Pontevedra. Reforma centro de seccionamento con 5 celas modulares de liña e outra de empate.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 30 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra