Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/233-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.R. e C.T. (Sárdoma-Universidade), Baruxáns-Camiño Xesteiras.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 835 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. Beade alimentando o C.T. que se proxecta en Baruxáns, no Camiño da Xesteira, rematando na L.M.T. Beade, no concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V, situado no Camiño da Xesteira, frente a Maderas Noroeste.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra