Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/208-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidrofreixa, S.L.

Domicilio social: r/ Uruguai 8-6ª ofic. 1, 2 e 3, 36201 Vigo.

Denominación: ampliación central hidroeléctrica Feixa II, río Verdugo.

Situación: Concello de Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: ampliación potencia na central hidroeléctrica Feixa II, no río Verdugo, cunha turbina Francis, para un caudal de 3,51 M3/SG, salto neto de 148,50 m e unha potencia de 4.690 kW, un alternador de 4.570 kVA e 6 kV de saída, un transformador de 6.000 kVA de potencia, R.T. 6/20 kV. Sistemas de control, protección e medida, xunto co aparellaxe eléctrico e interconexión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra