Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento da actas previas á ocupación de bens afectados polas obras AC/01/57.1 de acondicionamento da estrada AC-412, treito: Carballo-A Silva, termos municipais de Carballo e Cerceda.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 6 de xullo de 2001 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 238/2001, do 20 de setembro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Carballo e Cerceda, respectivamente, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan a continuación, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuizos determinantes da rápida ocupación, sen prexuizo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Termo municipal: Carballo.

Local: Escola do Tarambollo.

Día 29 de xullo de 2002: desde o predio nº 1 ó predio nº 75 de 9.30 a 13.30 horas.

Día 30 de xullo de 2002: desde o predio nº 76 ó predio nº 148 de 9.30 a 13.30 horas.

Día 31 de xullo de 2002: desde o predio nº 149 ó predio nº 232 de 9.30 a 13.30 horas.

-Termo municipal: Cerceda.

Local: Biblioteca Municipal da Silva.

Día 1 de agosto de 2002: desde o predio nº 1 ó predio nº 76 de 9.30 a 13.30 horas.

Día 2 de agosto de 2002: desde o predio nº 77 ó predio nº 164 de 9.30 a 13.30 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 26 de xuño de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro Xefe