Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a declaración de deserto de varios concursos.

O secretario xeral, acutando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde de 13 de decembro de 1993, con data 4-3-2002, resulveu declarar deserto, por falta de licitadores, os seguintes concursos:

-Concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Foz (Lugo).

-Concruso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Mondoñedo (Lugo).

-Concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Celanova (Ourense).

-Concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Guarda (Pontevedra).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño 2002.

P.D. ( Orde 25-10-1983)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Turismo