Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no polígono de San Paio de Navia en Vigo.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan, propiedade do IGVS, para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas de protección autonómica.

Polígono de San Paio de Navia:

ParcelaValoración (euros)IVE (16%) (euros)Total (euros)

P III4.422.880707.6615.130.541

P IV4.269.680683.1494.952.829

ParcelaValoración (euros)IVE (16%) (euros)Total (euros)

P XVIII4.422.880707.6615.130.541

P XVI4.329.546692.7275.022.273

P XV2.754.743440.7593.195.502

P XIII2.754.743440.7593.195.502

P XII3.414.063546.2503.960.313

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo sito no Polígono das Fontiñas Área Central s/n, na Delegación Provincial do IGVS en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia nº 7 e no Concello de Vigo sito na Praza do Rei s/n durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías: para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e tiveran desenvolvido a súa actividade nese campo como mínimo 1 ano.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constitúan e inscriban para o efecto e estean facultadas para ser promotoras de vivendas.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre os seus propios obxectivos o de promover e proporcionar ós seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección oficial, sempre que se constituíran ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rexan.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en días e horas hábiles, agás os sábados, no Rexistro da Xefatura Provincial do IGVS en Pontevedra ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando as solicitudes de participación sexan efectuadas por algúns destes últimos medios deberase avisar da presentación da oferta mediante telegrama ou fax dirixido á Xefatura Provincial do IGVS de Pontevedra. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora do remate do prazo.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 14 horas do día 30 de agosto de 2002.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación que se reunirá na Delegación Provincial

do IGVS en Pontevedra ás 11 horas do día 10 de setembro de 2002.

O tribunal técnico constituirase ás 11 horas do día 17 de setembro de 2002, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de dous meses a contados desde a data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo