Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se fai pública a adxudicación da subministración, por concurso público e procedemento aberto con trámite de urxencia, de ordenadores persoais, o seu software de base e impresoras.

De acordo co disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 20021610779.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra de cen ordenadores persoais, vinte impresoras e cincuenta licencias de MS Office XP acompañadas de 5 xogos de CD e manuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 171.862,89 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 24-5-2002.

b) Contratista: Coremain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 158.990 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais