Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 10/02 IN e seis máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 11 de xuño de 2002.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

OU 10/02 INJaime Reboredo Fernández

DNI: 34607265

Bonhome, nº 42-6º B, 32005 OurenseAbandono vehículo OR-5986-AArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

OU 37/02 INOrlando Sarabia Romero

DNI: 34922-783-C

San Joaquín, nº 16, 28004 MadridAbandono vehículo B-5939-ASArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 50/02 INJosé García Beltrán

DNI: 34234153-X

Adormideras, Ed. Balea, 6-1º D, 15002 A CoruñaAbandono vehículo LU-6041-GArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 77/02 INTeófilo González González

DNI: 34547615

Alcalde Portanet, nº 25-3 C, VigoAbandono vehículo PO-7891-YArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 78/02 INJosé Gómez Alonso

DNI: 37609916

Travesía Villavalencia, nº 6, 32002 OurenseAbandono vehículoArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 103/02 INFrancisco Vilar Estévez

DNI: 34929164-F

Real, nº 53, 32350 A RúaAbandono vehículo LE-4288-MArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

OU 136/02 INPeña Roya Minería y Metalúrgica, S.A.

CIF: A-28209708

Avda. Burgos, nº 12, 28036 MadridAbandono vehículo M-9952-BKArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000