Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Real II-r/Castelao.
Situación: Concello de Moaña.
Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 KV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.A. existente entre os CC.TT. o Con e Con peirao, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Castelao, denominado O Real II, no Concello de Moaña, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, R/T 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 23 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. O Real II. R.B.T. subterránea, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. O Real II.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra