Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o asesoramento informático na planificación, xestión e elaboración de estudios estatísticos do sistema educativo.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: SX 6/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asesoramento na planificación, xestión e explotación de tódolos procesos informáticos que se realizan como soporte do sistema educativo, así como a realización de estudios estatísticos derivados da explotación dos sistemas de información correspondentes.

b) Lugar de execución: nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2002 .

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 147.236 A.

5. Garantías.

a) Provisoria: 2.944,72 A.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 91.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Enderezo Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1433.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, dentro do prazo de admisión, nos termos esta

blecidos no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas, planta 1ª).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate da presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria