Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002 pola que se convoca a contratación do servicio de limpeza na Casa de Galicia en Madrid.

Obxecto: contratación da prestación do servicio de limpeza na Casa de Galicia en Madrid.

Prazo de execución: un ano.

Orzamento: 87.022 euros.

-Anualidade 2002: 36.259 euros.

-Anualidades 2003: 50.763 euros.

Garantía provisional: 1.740,44 euros.

Clasificación: non se esixe.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará á disposición dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1453.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte

ó termo do prazo de presentación de proposicións. Se fora sábado ou inhábil, a apertura será o seguinte día hábil.

O importe dos anuncios relativos a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA