Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.610

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002 pola que se declara concluído o procedemento e a non provisión da praza de profesor titular de universidade da área de enxeñería dos procesos de fabricación (praza 14/2001).

Convocado concurso por resolución rectoral da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 2001 (BOE do 24 de abril) dunha praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de enxeñería dos procesos de fabricación.

Tendo en conta a proposta elevada pola comisión prevista no artigo 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro).

Este rectorado resolveu declarar a non provisión da praza referenciada do corpo de profesores titulares de universidade e concluído o procedemento selectivo.

Vigo, 13 de xuño de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo