Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002 pola que se convocan dous cursos de formación en materia estatística e informática-estatística.

En cumprimento da Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e para

a execución da meta instrumental recollida no anexo 2 da lei como «Área 2. Formación especializada e perfeccionamento profesional», subscribiuse un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, que ten por obxecto o desenvolvemento de dous cursos, en cumprimento da xestión da citada meta instrumental. A tal fin convócanse os cursos referidos no anexo I desta resolución, que se desenvolverán conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. Á solicitude deberáselle acompaña-la certificación, que, como modelo, aparece no anexo III, na que conste o tipo de traballo que se realiza en execución das actividades estatísticas contidas no Programa Estatístico do ano 2002 ou a utilización de rexistros administrativos, realización de enquisas, censos ou padrón, que teña por obxecto a elaboración de estatísticas de interese para a Administración pública galega.

3. As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e presentaranse no rexistro dela, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. O prazo de presentación de solicitudes rematará 20 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Segunda.-Acceso as actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos esixidos para cada curso no referido anexo I.

Terceira.-Certificados de asistencia.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación de asitencia e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes resérvanse a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes ou outras causas sobrevidas imposibilitasen a súa realización. As ditas circunstancias comunicaranse, de se-lo caso, ós solicitantes.

ANEXO I

I) Curso teórico-práctico de estatística oficial.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación especializada e perfeccionamento profesional, para o coñecemento da estatística pública, a correcta utilización dos instrumentos adecuados para a recollida de datos, o seu tratamento e posterior utilización na elaboración de informes.

2. Destinatarios.

Persoal de calquera administración da Comunidade Autónoma de Galicia que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística, nos termos indicados na base 2ª da convocatoria.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios:

1. Relación das tarefas desempeñadas en execución das actividades estatísticas contidas no Programa Estatístico do ano 2002.

2. Relación das tarefas desempeñadas na xestión de rexistros administrativos, realización de enquisas, censos ou padróns.

3. Acreditación do nivel de coñecementos en materia estatística.

Excluiranse os solicitantes que xa fixesen un curso de similar contido.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

A relación de seleccionados para participar nos cursos expoñeranse nos taboleiros do IGE e da EGAP.

4. Desenvolvemento.

Duración: 30 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística, complexo administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17, 21 e 22 de outubro.

Horario: de 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Organización estatística. Fontes e documentación estatísticas. Ferramentas informáticas. Estatística descritiva. Fases dunha operación estatística por mostraxe.

II) Tratamento estatístico coa folla de cálculo Excel.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación e coñecementos no tratamento e análise de datos mediante o uso do programa Excel de MS-Office.

2. Destinatarios.

Persoal de calquera administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística, nos termos indicados na base 2ª da convocatoria.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios:

1. Relación das tarefas desempeñadas en execución das actividades estatísticas contidas no Programa Estatístico do ano 2002.

2. Relación das tarefas desempeñadas na xestión de rexistros administrativos, realización de enquisas, censos ou padrón.

3. Acreditación do nivel de coñecementos en materia estatística.

Excluiranse os solicitantes que xa fixesen un curso de similar contido.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

A relación de seleccionados para participar nos cursos expoñerase nos taboleiros do IGE e da EGAP.

4. Desenvolvemento.

Duración: 30 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística, complexo administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: 28, 29 e 30 de outubro e 4, 5, 6, 7, 11, 12 e 13 de novembro.

Horario: de 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Organización e fontes estatísticas. Introducción. A folla de cálculco como instrumento de procesamento de datos. Estatísticas cunha única variable: distribución de frecuencias, medidas de posición, dispersión e forma. Estatísticas bivariantes: asociación, correlación e regresión. Distribucións de probabilidade. Outros procedementos estatísticos. Táboa dinámicas. Programas estatísticos da folla.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública

ANEXO III

D....... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/ Delegación Provincial de

Certifico:

Que Don/a ........., no desempeño do seu posto de traballo de realiza as seguintes tarefas:

,

que tal como se recolle na base segunda da convocatoria están directamente relacionadas coa elaboración da estatística

, o de de 2002.

Asdo.:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA