Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.564

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Dependencia de Recadación de Biscaia, pola que se notifica providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 31 de decembro, non sendo posible realiza-las notificacións nos procedementos que a continuación se indican por causas non imputables á Administración, téndose intentado por dúas veces, dispoño:

Cítanse os suxeitos pasivos obrigados tributarios ou representantes segundo os casos, que se indican no anexo, para que comparezan no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial da comunidade, na Dependencia de Recadación da AEAT desa comu

nidade, para o efecto de practicarse as notificacións pendentes nos procedementos tramitados polos órganos que seguidamente se relacionan advertindo que, transcorrido o dito prazo sen que comparecese, entenderase practicada a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Bilbao, 22 de maio de 2002.

Mercedes Fernández Zatón

Xefa da Unidade de Recadación Executiva

Datos do contribuínte: B48402739 Trans Galicia Bilbao, S.L.

Clave liquidación: C1100001270066105.

Procedemento: constrinximento.

Órgano responsable da tramitación: Unidade Recadación Débedas Menor Contía de Vizcaya.