Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra. Acceso a parque empresarial de Bueu. POL 2002. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 104.316,88 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías: provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10, 36930, Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se esixe clasificación do contratista.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 26 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns nos que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP). Das 8 ás 14 horas, de luns a venres, de 9.30 a 13 horas os sábados, no Rexistro Xeral do Concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de documentación xeral, e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Máis información nos pregos, a consultar en horario de oficinas na propia Casa do Concello.

Bueu, 27 de maio de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde