Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 16/2002.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición do obxecto: equipamento de medios informáticos e audiovisuais para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

b) Número de unidades para entregar: as especificadas no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: lote 1 (medios informáticos) e lote 2 (medios audiovisuais).

d) Lugar de entrega: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

e) Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 120.262,76 euros, IVE incluído; lote 2: 204.271,04 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

-Provisionais: lote 1 (2.405,26), lote 2 (4.085,42).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o 13 de agosto de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditarase a solvencia económico-financeira e solvencia técnica segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o 19 de agosto de 2002 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: Rectorado, edificio anexo, r/ Oporto, nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a data fixada para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: c/ Areal, nº 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o 21 de agosto de 2002.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27-6-2002.

Vigo, 27 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo