1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Número de expediente: OH.088.179/AT.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a delimitación, deslinde e amolloamento do dominio público hidráulico en 23,55 km do río Umia (t.m. Caldas de Reis e outros-Pontevedra).
b) División por lotes e número: non hai división.
c) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos corenta e catro mil oitocentos setenta e seis euros con noventa e tres céntimos (344.876,93).
5. Garantía provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Teléfono: 981 54 49 95.
e) Telefax: 981 54 19 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: 26 de agosto de 2002.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, punto a, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño). A solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, puntos b, c e e, da mesma lei.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 de agosto de 2002, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Augas de Galicia.
b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: 9 de setembro de 2002.
e) Hora: 10 horas.
10. Outras informacións.
Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.
Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 2 de setembro de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 1 de xullo de 2002.
13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.
Francisco José Pan-Montojo González
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia