Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 006/02C e OU 010/02C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 10 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU 006/02C.-Denunciado: Manuel García Fernández.-DNI: 34926453.-Último enderezo coñecido: Avda. Balaídos, nº 44-3º C. Vigo. 36210 (Pontevedra).-Feito probado: cazar acompañado de tres cans de caza sen acreditar estar en posesión das correspondentes cartillas sanitarias.-Precepto infrinxido: artigo 40 da Lei de caza de Galicia.

-Precepto sancionador: artículo 57.35º da Ley de caza de Galicia.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 60,10 A.-Instructora: Míriam Areal López.

ANEXO II

-Expediente: OU 010/02C.-Denunciado: Juan Blanco Gómez.-DNI: 76699095-Y.-Último enderezo coñecido: estrada Tras Canal, nº 199-2º A. Ourense.-Feito probado: cazar en zona de caza de réxime cinexético común portando seis cartuchos de bala.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.23º da Lei de caza de Galicia.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 60,10 A.-Instructora: Míriam Areal López.