Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite ordinario, para a dotación da aula de reparador de maquinaria e ferramentas con C.N.C., no centro de formación ocupacional Santa María de Europa en Ourense. Plurianual (anualidades 2002 fase I-2003 fase II).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 22/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación da aula de reparador de maquinaria e ferramentas con C.N.C. no centro de formación ocupacional Santa María de Europa en Ourense. Plurianual (anualidades 2002 fase I-2003 fase II).

b) Número de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense.

e) Plazo de entrega:

3 meses (anualidade 2002-fase I).

6 meses (anualidade 2003-fase II).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria-plurianual.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 335.933,00 A (ano 2002, fase 1 36.474,00 A) (ano 2003, fase 2, 299.459,00 A).

5. Garantía provisional:

Si. 6.718,60 A (2% orzamento licitación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

Información índole administrativa (Sr. Pedrosa) 981 54 46 80.

Información índole técnica (Sr. González) 988 22 54 00.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: algún dos establecidos nos artigos 16 a 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

8) Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: día 5 de agosto deste ano.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares; debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre nº 1 o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(ou na forma establecida no punto 5.2 do prego de claúsulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día 27 de agosto deste ano.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacions.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 11 de xuño deste ano.

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacions relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1379.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude