Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de dúas máquinas fotocopiadoras para os servicios desta consellería.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de dúas máquinas fotocopiadoras para os servicios desta consellería.

Obxecto: adquisición de dúas máquinas fotocopiadoras para os servicios desta consellería.

Orzamento e tipo: vintesete mil seiscentos corenta e seis euros (27.646 euros) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, así mesmo, poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: htt://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1.126

Garantías: deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 552,92 euros, e unha garantía definitiva do 4% do presuposto de adxudicación segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións deberán presentarse en sobres cerrados, identificados no seu exterior, e asinados polo licitador ou persoa que o represente con indicación do nome e apelidos ou razón social da empresa no rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. Tamén se poderá

presentar por correo, debendo xustificar, neste caso, a data de imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas desta consellería en Santiago de Compostela, ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS